2.12.11

Ribeira: o IES Leliadoura estreou blog para informar á comunidade educativa


Imaxe da charla con Teresa Moure contra a violencia de xénero

Ribeira, 2 de decembro de 2011. No IES Leliadoura estrearon blog nestes días, un sitio web dende onde pretenden informar á comunidade educativa e á sociedade en xeral e onde se poderá seguir toda a actualidade relacionada co instituto. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o colexio "Brea Segade" acada o terceiro Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares

Rianxo, 2 de decembro de 2011. O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á dirección do colexio "Xosé María Brea Segade" de Taragoña que a Biblioteca Escolar do mesmo centro acadou o terceiro premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas na xestión e dinamización de bibliotecas escolares.

Este premio é un recoñecemento ao traballo feito no CEP Brea Segade  nestes últimos anos para converter a biblioteca nun espazo de lectura, de acceso á información e de aprendizaxe.  Polo tanto, supón tamén un recoñecemento ao compromiso cun ensino público de calidade nas escolas rurais.

Nesta convocatoria do Concurso Nacional de Boas Prácticas resultaron premiadas a un total de seis bibliotecas escolares galegas poñendo de manifesto o excelente traballo que desde as bibliotecas de Galicia se está a realizar.

Weblog da Biblioteca Escolar Brea Segade: www.blogoteca.com/bbs

Relacionada:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: adxudican asistencia técnica a Idom para o proxecto de fondos europeos "Riveira Atlántica 2015"

Media_httpfarm7static_usjjm

Entre as accións en "Riveira Atlántica 2015" está a recuperación da aldea da illa de Sálvora

Ribeira, 2 de decembro de 2011. O Concello informa que adxudicou no día de hoxe os servizos de asistencia técnica para o impulso, apoio e xestión das accións incluídas no proxecto "Riveira Atlántica 2015", que está cofinanciado nun 75% por fondos Feder, dentro do eixo 5 de desenvolvemento sostible local e urbano. 

A adxudicación recaeu na empresa Enxeñeiros e Arquitectos Consultores Idom S.A. por un prezo total de 203.904 euros. O contrato estenderase ata o 31 de decembro de 2013. 

Cabe recordar que este ambicioso plan está presupostado en 7.208.597,03 euros e ten como principal obxectivo a dinamización turística do municipio baseándose na posta en valor dos seus recursos naturais, patrimoniais e industriais, contribuíndo deste xeito ao crecemento do emprego e a diversificación da actividade económica. O proxecto abrangue un total de once actuacións en distintos espazos da cidade e das parroquias. 

As once actuacións contempladas no marco do proxecto Riveira Atlántica son: 

  1. Creación dun centro social e de ocio saúdable de Oleiros
  2. Construción dun paseo marítimo-terrestre polo borde litoral de Riveira
  3. Creación dun parque biosaúdable e itinerarios verdes en Oleiros-Artes.
  4. Recuperación ambiental e patrimonial do río Artés ou Arlés
  5. Plan de mobilidade e accesibilidade da área portuaria
  6. Recuperación da antiga aldea mariñeira na illa de Sálvora e promoción de visitas á illa
  7. Construción dun novo mercado municipal
  8. Creación dunha web turístico-patrimonial
  9. Creación dunha rede de miradoiros e vías paisaxísticas de Riveira
  10. Plan de recuperación de núcleos tradicionais
  11. Recuperación e interpretación do complexo mar-industrial de Área Secada.

Antes, en Certo:


Fondos Europeos: cinco millóns para 11 actuaciones

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a casa de cultura acollerá o sábado 17 de decembro o fallo do XI Premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal

  • Un clásico xa neste tipo de premios, fállase á unha da tarde e logo hai un ágape para os asistentes
  • Agora patrocínano só os concellos, logo da desaparición das Fundacións Comarcais
  • Os Concellos de Carnota, Lousame, Muros, Outes e Porto do San manteñen a súa dotación
  • A data escollida coincide co axustizamento en Mondoñedo do mariscal Pero Pardo de Cela, en 1483
  • O ano pasado foi concedido en Carnota a Marcos Fernández Ferreiro, cunha obra sobre servos e escravos na Idade Media

Media_httpfarm3static_wrypu

Monolito na praza da Catedral en Mondoñedo que lembra a decapitación de Pardo de Cela por opoñerse aos Reis Católicos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentado "Sempre Riveira", un libro con 200 imaxes que percorre o municipio

Ribeira, 2 de decembro de 2011. O Salón de Sesións acubillou na noite de onte un agarimoso acto de presentación do libro “Sempre Riveira”, nova publicación da editorial Teófilo Comunicación que o próximo mércores, día 7 de decembro, chegará ás librerías de toda Galicia.  

O alcalde Manuel Ruiz Rivas e o editor José Luis Teófilo Piñeiro foron os encargados de describir este volume no que se recollen preto de 200 fotografías da xeografía de Ribeira tomadas por Alberto Peiteavel. Pero antes houbo tempo para a música a través da actuación de Rosa Leiro acompañada ao piano por Juan Carlos Cambas, interpretando primeiramente os temas “Honra-la vida” e “Alma viaxeira. 

A continuación tomou a palabra José Luis Teófilo manifestou que “Sempre Riveira” é un libro que fai un percorrido fotográfico e panorámico do municipio polas distintas horas do día, dende as oito da mañá ata as dez da noite, e “no que se poden contemplar ademais os distintos cores que ten esta fermosa vila mariñeira”. Teófilo Piñeiro referiuse tamén ás súas orixes ligadas á ría de Arousa (a súa nai era de Vilaxoán) e o seu contacto con Ribeira. 

Despois de que Rosa Leiro agasallara ao público cun novo tema (“Sostesme ti”) Manuel Ruiz manifestou que este libro “fai honor á beleza natural que ten o noso concello” e destacou o colorido que ten a cidade nas imaxes tomadas por Alberto Peiteavel. “Creo que vivimos un lugar privilexiado e temos que agradecer a aqueles que queiran que o coñeza toda Galicia a xentileza de publicar un libro tan fermoso”, manifestou. 

O acto finalizou cunha nova intervención musical: “Negra sombra”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Amicos celebrou este venres 2 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade


Vídeo cortesía de Antonio Lijó en Youtube

Ribeira, 2 de decembro de 2011. A asociación Amicos celebrou hoxe o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, lendo un manifesto titulado "SOÑAMOS CON", e elaborado polos rapazes de AMICOS, no que expresan as súas inquedanzas e os seus soños. Leuno Javier Freijo, autoxestor de AMICOS, que fixo de portavoz desta entidade.


 

 


Dia_discapacidade_amicos

SOÑAMOS CON MANIFESTO AMICOS.doc Download this file

MANIFESTO INSTITUCIONAL.doc Download this file

CARTA ABERTA.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: a Agrupación Socialista renóvase ao correr as actas de concelleiros ata cinco postos

  • Serán concelleiros na oposición Paula Blanco e Jacobo Tanoira, este último secretario de organización actual do Psoe dodrense

Media_httpfarm4static_ntdvy

Dodro, 2 de decembro de 2011. O pasado mércores, 30 de novembro de 2011, no concello de Dodro celebrouse un pleno extraordinario cun único punto da orde do día: a aceptación das renuncias ás súas actas como concelleiros de dous dos candidatos seguintes presentes na lista da Agrupación Municipal Socialista. 

A agrupación socialista de Dodro manifesta "a intención de levar a cabo unha renovación do partido e, polo tanto, das persoas que os representan dentro do concello. As dúas persoas encargadas de tomar posesión das súas actas, agardamos que antes do vindeiro pleno ordinario do concello, serán dona Paula Blanco Giráldez e don Jacobo Tanoira Janeiro, ámbolos dous mozos residentes en Dodro, cunha grande implicación na política do concello, no funcionamento da propia Agrupación Socialista e completamente preparados para afrontar esta nova etapa política que chega".

Foi a propia Agrupación a que, unanimemente, decidiu os novos concelleiros, "aos que brindamos o noso apoio incondicional e colaboración, tanto por parte dos concelleiros saíntes, que no seu día tomaron posesión na constitución do novo goberno, coma dos que agora mesmo renuncian ás súas actas. Tamén temos que aclarar que o Secretario Xeral, don Xabier Castro Tourís, colabora estreitamente cos que serán os novos concelleiros do Concello de Dodro", explicou en nota de prensa Jacobo Tanoira Janeiro, actual secretario de organización da Agrupación Municipal Socialista de Dodro.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical