2.12.11

Rianxo: o colexio "Brea Segade" acada o terceiro Premio Nacional de Boas Prácticas en Bibliotecas Escolares

Rianxo, 2 de decembro de 2011. O Ministerio de Educación vén de comunicarlle á dirección do colexio "Xosé María Brea Segade" de Taragoña que a Biblioteca Escolar do mesmo centro acadou o terceiro premio no Concurso Nacional de Boas Prácticas na xestión e dinamización de bibliotecas escolares.

Este premio é un recoñecemento ao traballo feito no CEP Brea Segade  nestes últimos anos para converter a biblioteca nun espazo de lectura, de acceso á información e de aprendizaxe.  Polo tanto, supón tamén un recoñecemento ao compromiso cun ensino público de calidade nas escolas rurais.

Nesta convocatoria do Concurso Nacional de Boas Prácticas resultaron premiadas a un total de seis bibliotecas escolares galegas poñendo de manifesto o excelente traballo que desde as bibliotecas de Galicia se está a realizar.

Weblog da Biblioteca Escolar Brea Segade: www.blogoteca.com/bbs

Relacionada:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical