19.1.12

Música: volven arrexuntarse Heredeiros da Crus, a banda nada en Castiñeiras, Ribeira, hai 20 anos

Herdeiros

  • O sábado 3 de marzo, primeiro concerto en Ordes
Ribeira, 19 de xaneiro de 2012. O grupo de rock Heredeiros da Crus anunciou o seu regreso á escena musical, despois da súa retirada dos escenarios en 2005. Será o día 3 de marzo na discoteca LP45, en Ordes, e conmemorará os 20 anos de nacemento da banda en Castiñeiras (Ribeira). Os Heredeiros foron un importante grupo de rock dos anos 90 famoso pola súa participación no Xabarín Club e polo seu estilo: temas provocadores cantados na variante dialectal das Rías Baixas -o barbanzón, que chamamos en Certo-. O concerto será o principio dunha xira, durará máis de dúas horas e "con sección de metais, coros e piano incluído".

Traxetoria

Heredeiros da Crus nacen en Castiñeiras, en Ribeira (A Coruña) en 1992. Logo duns primeiros ensaios nun galiñeiro de Poi, ese mesmo ano ofrecen o seu primeiro concerto na mítica Festa da Dorna. En 1994 publican o seu primeiro disco, 'A Cuadrilla de Pepa a Loba', un álbume que marcou un antes e despois na historia do rock en galego e no que se inclúen himnos como 'Quero josar' ou 'O fillo de José'. Beni, alias 'o fillo de Ampartio' era o batería nesta formación inicial, un posto que logo ocuparon Pepe Santamaría (entre 1995 e 1999), Marcos Otero (no directo All right Chicago), Pedro Rodríguez alias 'Trelles' (no disco Chicarrón) e Manu para a xira de 2012.

Media_httpfarm3static_gnvif

Tonhito de Poi tamén fixo a súa carreira particular, agora en Rasa Loba

As letras descaradas e divertidas, as guitarras poderosas, o falar natural, con gheada e seseo, e a actitude provocadora e irreverente, fixeron dos Heredeiros todo un símbolo para milleiros de galegos e galegas dos anos 90 famentos de música e cultura coa que identificarse, un movemento que moitos bautizaron como rock bravú e do que son herdeiros moitos dos grupos galegos contemporáneos.

Logo de converterse nun dos grupos insgina do Xabarín Club --o mítico programa infantil da TVG para o que gravaron temas e videoclips hoxe históricos como Que jallo é ou Íscalle Lura --, e de ofrecer ducias de concertos sempre memorables (e normalmente polémicos) por toda Galicia e parte do estranxeiro (chegaron a actuar en Londres e Nova York), en 1996 edítase o segundo disco de Heredeiros da Crus: Está que te cajas!!,  con temas emblemáticos como 'O teu fillo fuma porros', a melancólica 'A chaqueta de lana' ou 'Frenaso no calsonsillo', unha peza na que colabora o mesmísimo Rosendo Mercado.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo acubilla esta fin de semana un congreso de taekwondo

Noia: o Concello gaña un contencioso sobre a recuperación de oficio dun camiño en Orro

Media_httpfarm4static_eeifd

Noia, 19 de xaneiro de 2012. No ano 2009 presentouse recurso contencioso contra a resolución de alcaldía dictada o 27 de Maio na  que se declara non haber lugar á recuperación de oficio dun camiño no lugar de Orro, e  na que se anulaba a resolución do concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda e Solo Xosé Bernaldo Castro núm 1118/2008, de 22 de Abril, e na que se procede ao arquivo de recuperación de camiño.

A resolución de alcaldía que anulaba a resolución do concelleiro delegado de urbanismo foi recurrida por veciños do lugar en contencioso administrativo. Agora, case tres anos despois, o Xulgado do contencioso administrativo número 3 vén de dictar sentenza no que desestima o recurso contencioso-administrativo presentado contra a resolución da alcaldía.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ajedrez: Distribunosa Rianxo comienza la liga con buen pie

Izda_manuel_angel_abuin_boullo

Rianxo, 19 de enero de 2012. El Distribunosa Xadrez Rianxo presenta cuatro equipos para esta temporada y proclama su "gran satisfacción ante el comienzo de la Liga gallega de ajedrez 2012 y el buen rendimiento que han tenido nuestros jugadores".

Resultados

(Primera División Gallega grupo B)
El Distribunosa Xadrez Rianxo se desplazó para enfrentarse al CCD Sanxenxo. Victoria para los rianxeiros.
“Ajedrez CCD Sanxenxo” (1.5 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2.5 ptos)
David torres Domínguez 0.5-0.5 Manuel Ángel Abuín Boullón
David Dezagoire limeres 0-1 Sergio Arevalillo Romero
Alberto Devesa Limeres 1-0 Miguel Ferrol Muniz
Leonardo Leiro Vidal 0-1 Daniel Martínez Dourado
Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” se enfrenta al “Xadrez Gallaecia” en Rianxo.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
(Tercera División Gallega grupo C)
Enfrentamiento entre el “Distribunosa Xadrez Rianxo B” y el “Distribunosa Xadrez Rianxo C” con victoria 4 a
0 para el B.
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (0 ptos)
Alberto Hevia 1-0 Daniel Fernández
Néstor Martínez 1-0 Vicente Cores
Jorge Méndez 1-0 Nuria Domínguez
Rubén Martinez1-0 Clara Rey
“Cabo Touriñán “B” “(2.5 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (1.5 ptos)
Eleuterio Ramón Vilela 1-0 Cristopher Ferreiro
Jesús Alberto Freire 0-1 Carlos Penas
Jesús María Freire 1-0 Marco Bravo
Eloy Vilela 0.5-0.5 Manuel Castaño
Próxima jornada el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” se enfrenta al “Escola xadrez Rianxo” y el “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” viaja a Compostela para enfrentarse al Gallaecia Stellae.
Lugar y fecha: Encuentros Celebrados 1 jornada Liga Gallega de Ajedrez 2012, 14/01/2012.

Resumen:
“Ajedrez CCD Sanxenxo” (1.5 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo” (2.5 ptos)
“DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo B” (4 ptos) VS “DISTRIBUNOSA Xadrez Rianxo C” (0 ptos)
“Cabo Touriñán “B” “(2.5 ptos) VS “Escola Xadrez Rianxo” (1.5 ptos)
Próxima jornada: 21/01/2012

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: están a repoñer árbores danadas nos xardíns de Valle Inclán

Sociedade: o Día Escolar pola Paz celébrase o luns 30 de xaneiro con diversos actos

  • O Seminario Galego de Educación para a Paz fai un chamamento ao profesorado para que se una a esta efeméride nas aulas e centros escolares
  • Hai materiais e recursos na web para engadirse á celebración, que colleu esta data polo asasinato de Gandhi
  • En Padrón haberá un acto na Horta da Paz da casa de Rosalía de Castro
  • En Santiago, na CdC, entrégaselle o Premio PortaPaz a Paul Ríos, voceiro de Lokarri, polo seu traballo a prol do cesamento da violencia en Euskadi

Media_httpfarm6static_eslqp

Barbanza-Noia, 19 de xaneiro de 2012. Como vén sendo habitual desde hai xa 26 anos (1985), o Seminario Galego de Educación para a Paz promove, nas aulas e na vida, a celebración do DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ, cada 30 de Xaneiro, data na que se lembra o cabodano do asasinato de Mahatma Gandhi. Unha efeméride que contemplan a maioría dos colexios e institutos de Galicia no seu Plan de Centro e arredor do que organizan actividades diversas adaptadas ás distintas idades do alumnado, así como actos colectivos de diverso tipo.
 
    Nesta ocasión, no 64 Aniversario da morte de Gandhi (1948-2012), o Seminario Galego de Educación para a Paz, por medio da súa web: www.sgep.org, ofrece a todo o profesorado, moi diversos materiais e recursos didácticos que poden baixarse de balde da rede e cos que preparar a citada celebración. Entre outros, por exemplo, un documento de José Tuvilla, en galego, titulado: A construción social e educativa da cidadanía: dereitos humanos e cultura de paz con distintas propostas didácticas; unha moi vistosa campaña denominada Paraugas pola Paz coa que o alumnado pinta e decora paraugas que logo expón ou colga por pasillos e corredores, realiza unha marcha, etc, con lemas e cores pacifistas; varias Unidades Didácticas sobre distintos contidos da educación para a paz como "Educar nos afectos, frear a violencia"; diferentes recursos e materiais sobre "Conflictividade e Convivencia Escolar"; ou unha reflexión teórica titulada "La educación, la cultura de la paz y los derechos humanos: El currículum de la noviolencia" elaborada polo Presidente do SGEP, Manuel Dios Diz.
 
    Ademais dos recursos citados, na web do Seminario, pódese acceder, tamén, a varios audiovisuais como "En son de Paz"; "Cultura de Paz" ou á curta de ficción "Por nada" sobre o ciberacoso.
 
    Por último, o Seminario Galego de Educación para a Paz, o propio día 30 de Xaneiro, luns, organiza dous actos relevantes, un pola mañán, ás 12:00 horas do mediodía, con alumnado da comarca padroesa, na Horta da Paz da Casa de Rosalía de Castro, e outro pola tarde, ás 19:00 horas, no Auditorio da Cidade da Cultura de Galicia, a Cerimonia de entrega do PREMIO PORTAPAZ 2011 a D. Paul Ríos, voceiro de Lokarri, Rede Cidadá polo Acordo, a Consulta e a Reconciliación de Euskadi, polo seu papel (e o da súa entidade) na organización da Conferencia de Paz de Aiete que dou paso ó final definitivo das accións armadas de ETA. Logo do Acto haberá unha CEA DE HOMENAXE co galardoado.
 
    O Programa do citado Acto é o que segue:
 
    19:00: Apertura Musical. Actuación de Loli Nogueira.
    19:15: Intervencións Institucionais.
19:30: Presentación dos Paraugas pola Paz por alumnado de distintos colexios e institutos.
    20:00: Entrega do Premio Portapaz 2011.
    20:15: Conferencia coloquio a cargo de D. Paul Ríos.
    21:00: Clausura Musical.
 
    A entrada será libre e gratuíta.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentado avance do plan xeral de ordenación municipal aos grupos políticos do pleno

Media_httpfarm4static_legkd

Ribeira, 19 de xaneiro de 2011.- O Concello reuniu antonte a todos os grupos políticos da Corporación para presentar o Documento de Inicio e Avance do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

O equipo redactor presentou ante os representantes dos grupos do Concello o “documento de inicio medioambiental e avance”, primeiro documento do plan xeral que se remitirá nestes días á Xunta de Galicia para a súa tramitación. O documento ten un alto contido informativo e de análise do territorio, e derivado do mesmo, unha primeira aproximación á clasificación urbanística do solo. 

Na reunión amosáronse os obxectivos e criterios propostos para o novo planeamento de Riveira, con especial incidencia nos aspectos potenciadores dos valores naturais do Concello e do seu medio físico, cara a actividades turísticas, económicas e de explotación dos recursos naturais do Concello. 

Os obxectivos prioritarios para o Concello, e compartidos por todos os grupos que conforman a corporación municipal, son a protección e posta en valor da “Ribeira Natural” na vertente atlántica do Concello, e a ordenación urbana do franxa litoral da ría de Arousa.  

Nesta franxa litoral da “Ribeira Urbana”, a máis poboada, preténdese a súa mellora con operacións de reforma interior para a obtención de solos para usos públicos que poñan en valor o xa construído e que completen e melloren o existente. 

A resolución dos problemas de mobilidade, infraestruturais e novas áreas axeitadas ao uso industrial, as cales non interfiran paisaxística no territorio nin funcionalmente co núcleo urbano, son outros dos obxectivos marcados pola corporación municipal e contidos neste documento urbanístico. 

O novo Plan Xeral pretende dar seguridade xurídica a todos os cidadáns e operadores que queiran facer usos do solo en Ribeira, ao adaptarse a toda as novas normativas urbanísticas e medioambientais dos últimos anos.  

Así mesmo, o Plan Xeral será un elemento dinamizador da actividade económica do Concello.

Pode que tamén lle interese:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: este venres 20, concerto de "Os tres tenedores" na casa da cultura ás oito da tarde

3garfos

Ensalada de Instrumentos

Espectáculo innovador de teatro, música e humor onde se mestura o coñecemento sobre as distintas familias de instrumentos, estilos musicáis máis relevantes, instrumentos de refugallo...ofrecéndoo dun xeito divertido, didáctico e orixinal, dirixido a un público infantil e familiar.

Máis información (con vídeo) aquí

Pode que tamén lle interese:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical