23.8.12

Ribeira: unha nena de Chernobil recupérase durante o verán na cidade

  •  Foi recibida hoxe polo alcalde, inda que xa leva tres anos vindo

 

Ribeira, 23 de agosto de 2012.- Maria Sheveleva Viktorovna ten só dez anos pero xa coñece as consecuencias do desastre sufrido en Chernobil. Afortunadamente agrupacións como a Asociación Ledicia Cativa fan que a saúde de rapaces, que se encontran na mesma situación que Maria, mellore considerablemente a través da acollida por parte de familias galegas durante o verán.

 

Este xa é o terceiro ano que a pequena vén a Ribeira, grazas á asociación, e pasa os meses de xullo e agosto coa familia de José Urbano Mariño Lago, quen asegurou que a nena “no verán pasado creceu ata tres centímetros e engordou catro kilos”.

 

Manuel Ruiz Rivas recibiu hoxe, xunto co edil de Servizos Sociais, Vicente Mariño, tanto ao pai como á rapaza na Casa Consistorial de Riveira para ofrecerlle un agasallo e animalos a seguir repetindo a iniciativa. Durante o encontro Maria respondeu a tódalas preguntas que lle fixo o alcalde nun perfecto castelán, asegurándolle que o que máis lle gustaba era ir á praia do Castro e ás cafeterías.  

 

Efectos beneficiosos

O clima e o aire limpo da zona ten efectos moi beneficiosos nos nenos afectados pola radiación. A esperanza de vida aumenta en dou anos e reducen as consecuencias da radioactividade no seu desenvolvemento entre un 30 e un 40% por cada verán que pasan aquí.

 

As persoas afectadas pola contaminación nuclear teñen unha esperanza de vida de 59 anos, ademais de contar con máis posibilidades de ter cáncer, danos graves no sistema nervioso e as defensas máis baixas.


Relacionada:





 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: roteiro de museos e ximcana de neurociencia para escolares

Ribeira, 23 de agosto de 2012.- Hoxe a edil de Cultura Elvira Pisos e o concelleiro de Turismo Anxo Orellán entregaron uns agasallos a preto de 50 rapaces que participaron nunha ruta polos museos de Ribeira integrada na VII Xornada de Sensibilización á Poboación Infantil e organizada dentro do programa Verán Cultural.

Os presentes estaban compostos por dous póster, diversos folletos informativos sobre o noso entorno, unha guía básica das árbores, un bolígrafo e un paquetiño con sementes para plantar. O mes pasado organizouse unha ruta por muíños e agora os rapaces tiveron a oportunidade de coñecer os diferentes museos do Concello, visitando o Centro de Interpretación e Parque de San Roque, o Museo do Gravado de Artes e o Museo Etnográfico de Artes.

Ademais fixeron diversos xogos, unha pequena ruta de sendeirismo, actividades predeportivas e animación, xa que segundo salientou Elvira Pisos, “a mellor forma de aprender é xogando”.

Ximcana de neurociencia e sensibilización sobre doazón de órganos e sangue

Por outra banda, a mesma Concellería de Cultura e Festexos, organiza, dentro da programación do VERÁN CULTURAL 2012 e nos obradoiros Verán Rechinán de Aguiño e Xoga con Nós de Riveira (CEIP Frións), coordinados polo Técnico de Cultura, Unai González Suárez, unha xincana sobre a neurociencia e a sensibilización sobre a doazón de órganos e sangue.

A iniciativa  persegue sensibilizar aos participantes (nenos e nenas de 2 a 7 anos) da importancia da saúde, da sanidade e da solidariedade na doación de órganos e sangue que salvan millerios de vidas diariamente en todo o mundo, estando Galicia e España á cabeza internacional deste tipo de doazóns.

A actividade levarase a cabo coma sempre, de xeito lúdico con animación e divertimento adaptado aos distintos grupos de idade participantes nos obradoiros (25 nenos/as en Aguiño e 130 nenos/as en Frións).

Levaranse a cabo 5 estacións nas que se traballaran os 5 sentidos: olfacto, oído, tacto, gusto e vista.

Na primeira deberán identificar olores cos ollos tapados, na vista deberan facer carreiras para coller as siluetas que se lle sinalen dunha caixa. No gusto, deberán probar diferentes sabores, igual que  no olfacto, nun saboreando e noutro arrecendo. No oído, farán un bingo de sons animais cotiáns.

A xincana comezará  as 1:00 h no CEIP Frións para os obradoiros Xoga con Nós. En Aguiño, comezará ás 10:00; pararán ás 11:00 h e retomarán as 11:30 h ata rematar.

Ao final da ximcana tanto en Frions como en Aguiño, farán un pin (insignia para colgar no peito, tipo chapiña), coa mascota da doazón de sangue do Centro de Transfusión de Galicia, que se chama “Pinga” é é unha gota de sangue animada. Ao mesmo tempo que realizan esta manualidade explicaráselles a importancia da doazón de sangue e órganos, indicando que España é pais punteiro (incluso agora mesmo, o número un) como doador. En caso de que chova, a actividade trasladarase a un día da vindeira semana.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o San Cristovo recupérase este domingo 26 logo de corenta anos sen celebrarse

  •  É o patrón dos automobilistas -daí a beizón de vehículos- e de varios oficios
  • Hai diversas historias deste santo, a maior parte delas copiadas de lendas pagás antiquísimas, da zona de Exipto (de África, non de Boiro)


 

Ribeira, 22 de agosto de 2012.- Este domingo, 26 de agosto, o San Cristovo volverá a percorrer as rúas do municipio tras pasar 40 anos dende a última celebración do seu día.

 

A edil de Cultura, Elvira Pisos, o edil de Seguridade e mobilidade cidadá, Víctor Reiriz, presentou hoxe o acto, que está coorganizado polo Concello e a Asociación Alfaia, xunto con as representantes da organización Puri Cores e Mª José Carreira.

 

A iniciativa xurdiu pola demanda dos veciños, polo que Puri Cores animounos aque colaboren coa celebración pendurando bandeiras de España nos balcóns e ventás das casas por onde vaia a pasar a procesión”.

 

Pola súa parte, Mª José Carreira pediu que se unisen ao acto tódolos transportistas de Ribeira, xa que San Cristovo é o seu patrón. Ademais, salientou o feito de que “nesta edición os actos litúrxicos estarán dedicados ós falecidos por accidente de tráfico durante estes últimos 40 anos”.

 

Programa

O horario dos actos que se levarán a cabo no día de San Cristovo é:

10 horas – Ruada co grupo de gaitas “A Gandaina de Palmeira”

12 horas – Concentración de vehículos no Malecón, para súa Bendición.

12.30 horas – Misa Solemne na Honra de  San Cristovo, na igrexa de Santa Uxía, cantada pola “Coral Polifónica do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira”, dirixida por Antonio Fernández. Posterior procesión acompañada polo grupo de gaitas “A Gandaina de Palmeira”, con saída do Adro da Igrexa, Rúa de Galicia, Paseo do Malecón, Avda. García Bayón, Cruce de Padín, Rúa da Barreira, Avda. Miguel Rodríguez Bautista, Rúa Rosalía de Castro e Praza de Otero Goyanes (igrexa).


Lenda do San Cristovo


Teñen unha entrada moi completa na Wikipedia, aquí





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical