- Foi recibida hoxe polo alcalde, inda que xa leva tres anos vindo
Ribeira, 23 de agosto de 2012.- Maria Sheveleva Viktorovna ten só dez anos pero xa coñece as consecuencias do desastre sufrido en Chernobil. Afortunadamente agrupacións como a Asociación Ledicia Cativa fan que a saúde de rapaces, que se encontran na mesma situación que Maria, mellore considerablemente a través da acollida por parte de familias galegas durante o verán.
Este xa é o terceiro ano que a pequena vén a Ribeira, grazas á asociación, e pasa os meses de xullo e agosto coa familia de José Urbano Mariño Lago, quen asegurou que a nena “no verán pasado creceu ata tres centímetros e engordou catro kilos”.
Manuel Ruiz Rivas recibiu hoxe, xunto co edil de Servizos Sociais, Vicente Mariño, tanto ao pai como á rapaza na Casa Consistorial de Riveira para ofrecerlle un agasallo e animalos a seguir repetindo a iniciativa. Durante o encontro Maria respondeu a tódalas preguntas que lle fixo o alcalde nun perfecto castelán, asegurándolle que o que máis lle gustaba era ir á praia do Castro e ás cafeterías.
Efectos beneficiosos
O clima e o aire limpo da zona ten efectos moi beneficiosos nos nenos afectados pola radiación. A esperanza de vida aumenta en dou anos e reducen as consecuencias da radioactividade no seu desenvolvemento entre un 30 e un 40% por cada verán que pasan aquí.
As persoas afectadas pola contaminación nuclear teñen unha esperanza de vida de 59 anos, ademais de contar con máis posibilidades de ter cáncer, danos graves no sistema nervioso e as defensas máis baixas.
Relacionada:
Ribeira: o San Cristovo recupérase este domingo 26 logo de corenta anos sen celebrarse post.ly/8yowe
— Certo (@Certo) August 23, 2012
Ribeira: este sábado 25 de agosto preséntase a novela de fantasía "La alianza de los tres soles", de Roberto Alhambra post.ly/8nXNz
— Certo (@Certo) August 23, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario