7.6.12

Rianxo: xogar ás torturas, ou as pegadas mentais que deixou a crueldade franquista

  • Conclúe o III Seminario sobre a Memoria celebrado entre Melide e Rianxo do 1 ao 3 de xuño
  • A represión franquista foi tan desapiadada nalgúns momentos, que incluso unha das asistentes ao Seminario, nena da posguerra, confesou ter xogado ás torturas en moitas ocasións


Media_httpfarm8static_ekgsa

Parte dos asistentes no cemiterio de Iria, onde foron enterrados algúns presos republicanos do campo de concentración de Padrón

-       O Seminario estivo organizado polos DEPARTAMENTOS DE CIENCIAS SOCIAIS DO IES “FÉLIX MURIEL”, de Rianxo, e do IES MELIDE, e polo Movemento de Renovación Pedagóxica NOVA ESCOLA GALEGA.

-       A actividade central do Seminario consistiu no percorrido por algúns dos espazos ocupados polos campos de concentración franquistas, que foron numerosos nas Terras do Sar, de Muros-Noia e na Península do Barbanza.

-       Francisco Martínez, Quico, guerrilleiro que formou parte da partida do mítico Girón, acompañou outros coñecidos especialistas na Memoria nun percorrido que durou dous días e medio.

Media_httpfarm9static_bkyqf

Detalle da estadía dos integrantes do Seminario nas minas de San Finx, en Lousame. 

Melide-Rianxo, 7 de xuño de 2012. O máis de medio cento de persoas asistentes ao Seminario, despois de realizado o traballo de campo programado, de visionar dous documentais sobre o tema e de participar en dúas conferencias cos campos de concentración como motivo central, elaboraron o documento de conclusións que se reflicte a continuación. Máis información na páxina oficial de Nova Escola Galega (http://www.nova-escola-galega.org).

1.     Valórase a actividade como un interesante exercicio de análise e comprensión dun feito histórico moitas veces descoñecido e, outras, declaradamente ignorado. Non se trata xa só de que fose analizado o fenómeno dos campos de concentración, senón que foi realizado un interesante exercicio humano de comprensión dunha realidade na que, en efecto, o verdadeiro protagonismo recae nas persoas.

2.     Constátase a necesidade de que as institucións públicas recoñezan plenamente os feitos relacionados coa represión franquista, pois só desde o recoñecemento oficial é posible lograr a plena igualdade de todos os cidadáns. É evidente que, na actualidade tal recoñecemento non está, nin moito menos, conseguido.

Media_httpfarm8static_aunjb

Os participantes en Muros, onde visitaron os lugares onde estiveron instalados dous campos de concentración

3.     A pesar de estar o Seminario principalmente centrado na guerrilla e nos campos de concentración na área xeográfica visitada, enténdese que o fenómeno da resistencia antifranquista debería contemplar tamén a resistencia pasiva ao réxime, que foi enormemente vigorosa e demorada no tempo. Particularmente, améntase o caso da loita contra os encoros (o de Castrelo de Miño, especialmente) ou contra a política forestal franquista.

4.     Constátase que a memoria escondida só sae á luz a base de estímulos que a desaletarguen. Estes estímulos só poden chegar, especialmente, a través da creación de espazos de reflexión e análise desa realidade que está agachada. No transcurso do Seminario, por exemplo, unha persoa cuxa familia ten sufrido unha inhumana represión durante anos, confesou que un dos seus xogos de nena consistía en xogar ás torturas, nin máis nin menos. Como se sabe, o xogo adoita reflectir en cada época a realidade do momento.

5.     Unha vez contrastadas as virtualidades didácticas que o fenómeno da resistencia ao franquismo e, particularmente, os campos de concentración ofrecen para o traballo de aula, constátase o escaso protagonismo que os deseños curriculares actuais lle reservan a esta cuestión. Enténdese que os programas deberían ser revisados neste sentido.

6.     Semella evidente que o franquismo acabou con 150 anos de formación de cadros dirixentes (políticos, sindicais, económicos, educativos…). Este feito resulta aínda na actualidade unha eiva para o desenvolvemento da nosa sociedade e cómpre telo en conta de cara á toma de decisións especialmente no ámbito educativo.

7.     Singularmente, constátase que a política franquista, especialmente a educativa, fixo desaparecer a riqueza da linguaxe necesaria para desenvolver o espírito crítico, e esta realidade faise evidente se se observa a escasa consciencia amosada polas novas xeracións sobre o momento económico e social que se vive na actualidade. Durante a transición, e ata os nosos días, deuse tamén un certo proceso de autocensura que levou a agochar contidos desta complexidade, que esixen tamén un coñecemento do que o profesorado en moitas ocasións non dispón. Este coñecemento só nos últimos tempos, e derivado dos resultados de certas investigacións e publicacións, empeza a saír á luz. Intentar superar esta situación é, sen dúbida, un dos retos máis importantes que debe considerar o sistema educativo.

Media_httpfarm8static_krebo

En Rianxo, parte dos asistentes a carón do monumento que recorda os presos do campo de concentración da vila.

8.     Desde a óptica estritamente educativa, igualmente, debúxase como unha liña de traballo interesante aquela que tratase de analizar a represión no ámbito educativo. Igualmente, semella atinado afondar na posibilidade de  dar a coñecer experiencias didácticas levadas a cabo nas aulas para a recuperación da memoria histórica local. Desde esta perspectiva, incorporar a información directa recollida das familias do propio alumnado (testemuñas directas, fotografías, textos…) antóllase como unha estratexia didáctica con moitas posibilidades.

9.     As asociacións e colectivos que se interesan pola recuperación da memoria histórica teñen centrada a súa atención especialmente en retos de ámbito xurídico (recoñecemento das vítimas, levantamentos de fosas comúns…). Derivar as súas liñas de acción tamén cara ao ámbito educativo sería fundamental, precisamente porque acabaría creándose un fío para que as novas xeracións tivesen acceso ao coñecemento duns feitos moitas veces agachados pola historiografía oficial.

10. Ponse en evidencia tamén, o interese que a recuperación da memoria histórica esperta fóra do Estado. No Seminario estiveron presentes, por exemplo, unha investigadora francesa e outra californiana.

11. O deseño do Seminario, combinando o traballo de campo coa análise de documentos audiovisuais e, finalmente, co saber teórico de especialistas nesta época histórica, valórase como moi intelixente, porque xustamente pretendeu integrar diferentes fontes de información e investigación sobre o tema.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: piden no Parlamento Galego prazos para que a vila recupere o seu porto histórico

  • O deputado do BNG Bieito Lobeira critica os “compromisos indefinidos” do presidente de Portos de Galicia e agarda que o cambio de cor política no Estado non estea sendo unha coartada para xustificar a paralización deste proxecto de rexeneración


Noia, peirao do Puxilgo, 1900

 

Noia, 7 de xuño de 2012.- A vila de Noia protagonizou hoxe no Parlamento de Galicia un anaco do debate entre os deputados, cando o do BNG, Bieito Lobeira, advertiu a Portos de Galicia que ten que abandonar as “ambigüidades” e os “compromisos indefinidos” e presentar o cronograma  cos prazos nos que se vai executar o proxecto de recuperación do porto histórico de Noia.

 

Lobeira, durante o debate na Comisión de Pesca do Parlamento dunha pregunta sobre este asunto, lembrou que "é obriga de Portos de Galicia dar cumprimento a un acordo unánime adoptado na Cámara, en setembro de 2010, co obxecto de devolver a Noia o seu dereito a posuír unhas instalacións portuarias dignas".



Noia, peirao do Marqués, 1900

 

Para o deputado nacionalista, anunciar un anteproxecto de revitalización que vai ser remitido ao goberno do Estado, como fixo o presidente de Portos na súa intervención, non significa cumprir o acordo parlamentario e non dá resposta á demanda dos veciños e veciñas de Noia, “que saben ben das potencialidades do ponto de vista produtivo e portuario do seu litoral”.

 

O presidente de Portos de Galicia negouse a dar prazos concretos, ante o que Lobeira afirmou que agarda "que non sexa o cambio de cor política no Estado o que se estea utilizando como coartada para xustificar a paralización das actuacións necesarias en Noia".

 

Lobeira lembrou que o fondo da ría "padece serios problemas de acumulación de lama, que cómpre posibilitar o atraque das embarcacións utilizando como referencia o dique actual e hai que rexenerar o esteiro, algo que os nacionalistas levamos reclamando, sen mudar a nosa posición, ao longo do tempo e nas distintas cámaras”.

 

Lobeira preguntou se a postura do PP segue sendo a mesma ou se mudou, pois o pasado mes de decembro votaba en contra dunha emenda do BNG aos orzamentos da Xunta para 2012 que reclamaba unha partida de 2 millóns de euros para recuperar este porto.


Pode que tamén lle interese en Noia:


Venres 8: os campións Gómez Noya, Iván Raña, Castro e Ruanova no Liceo


Sábado 9: andaina pola ruta das Fontes. Sae ás 10 do Concello


Sábado 9: "Retornos", coloquio co director e actores desta longametraxe


Exposición: sobre o balandro Joaquín Vieta, no claustro do Concello


Fusión de Concellos: Noia e Lousame, en proceso de diálogo


Agrup. nacionalista: celebran que se aparcase a retirada da escolleira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: constituído o Consello Escolar municipal nunha reunión

  •  Nomeados por unanimidade os integrantes da Comisión Permanente

 

Ribeira, 7 de xuño de 2012.- O centro de interpretación do parque periurbano de San Roque foi o escenario elixido para desenvolver esta tarde a reunión constitutiva do Consello Escolar Municipal: un órgano consultivo e asesoramento en materia educativa que está formado por todos os estamentos relacionados con este ámbito no concello.

 

Á reunión de hoxe acudiron unha trintena de membros baixo a presidencia do alcalde. O rexedor local deu a benvida a todos os participantes e expresou a satisfacción do Concello por ter constituída por fin esta entidade. “Creo que este órgano nos vai servir para que no noso Concello poidamos ir dando pasos cara adiante, escoitando precisamente a quen desto sabe” , afirmou.

 

Ruiz Rivas tamén salientou que no ano de lexislatura transcorrida aprobáronse por unanimidade da Corporación tres importantes normas de participación: o Regulamento Orgánico Municipal, a normativa que regula este Consello Escolar e a do Consello Local de Pesca, ente que moi pronto será tamén constituído

 

No punto da orde do día de hoxe figurou o nomeamento dos membros da Comisión Permanente, que foi aprobado por unanimidade e que quedou do seguinte tenor: son membros desta comisión en representación dos profesores Xabier Santos González, Mª Manuela Abella Cruz e María Ángeles Lijó Figueiras (suplente: María Soledad Guevara Urquiola); entre os nais e pais, Lucía González Tubío e Irene Maneiro Paz (suplente: José Manuel Martín Morales); entre os designados polo Concello, Luis Teira Parada, José Antonio Rendo Rodeiro e Daniel Vázquez Dieste (suplente: Álvaro López González); e ademais dous alumnos. Tamén foron nomeadas por unanimidade catro comisións de traballo.

 

Cabe recordar que, de conformidade co seu regulamento, aprobado de xeito definitiva na sesión plenaria da Corporación de 7 de febreiro de, 2012, o Consello está formado polos seguintes membros:

 

      O alcalde ou membro da Corporación en quen delegue, como presidente do órgano.

 

      Seis representantes do ensino público: Daniel Gómez Ramil (proposto por CIG Ensino, do CEIP o Grupo), José Antonio Pérez Fernández (proposto por STEG, do IES Leliadoura), Mª Cristina Andrade González (proposta por CIG Ensino, do IES Nº 1), María Soledad Guevara Urquiola (proposta por CCOO Ensino, do CEIP Palmeira), Xabier Santos González (proposto por STEG, do CEIP de Olveira), e Mª Manuela Abella Cruz (proposta por CIG Ensino, do CEIP de Aguiño).

 

      Catro representantes do ensino privado: Juan José Fernández Ageitos (proposto por FSIE Galicia, do colexio Sagrado Corazón de Xesús de Castiñeiras), Manuel Álvarez Figueira (proposto por UXT Ensino, do colexio La Milagrosa de Oleiros), María Ángeles Lijó Figueiras (proposta por CCOO Ensino Privado, do colexio Galaxia) e María José Mariño Graíño (proposta por UXT Ensino, do colexio Bayón).

 

      Seis nais ou pais de alumnos e alumnas propostos polas federacións ou ANPAs: Lucía González Tubío, José Manuel Martín Morales, Francisca Vidal Ogando, Irene Maneiro Paz, Alberto Romero Bermo e María Jesús Paz Vázquez.

 

      Catro alumnos ou alumnas elixidos polos representantes do alumnado dos consellos escolares do municipio.

 

      Dez membros elixidos polo Concello: José Antonio Rendo Rodeiro (CIFP Coroso), Luis Teira Parada (CEIP Frións), Rubén Ruzo Noya (CEIP Aguiño), Francisco José Alonso Paz (CEP Carreira), Daniel Vázquez Dieste (CEIP Artes), José Marcote Suárez (Escola Náutico Pesqueira), Álvaro López González (Conservatorio Municipal de Música), Gonzalo Constenla Bergueiro (Escola Oficial de Idiomas), José Paz Cadaval (Asociación de Empresarios de Riveira) e José Antonio Pérez Sieira (Confraría de Pescadores de Riveira).

 

      Unha representante da Administración educativa proposta pola Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: Isabel Serna Masía.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a XV Mostra de Teatro Infantil vai do luns 11 ao venres 15 de xuño

  • Nove actuacións con 145 pequenas actrices e actores
 

Ribeira, 6 de xuño 2012.- Un total de 145 pequenos actores e actrices van a participar no transcurso da vindeira semana na 15ª Mostra de Teatro Infantil de Ribeira: unha iniciativa adscrita ao Xuño da Cultura e as Artes que terá lugar entre os días 11 e 15 de xuño e na que se darán cita nove representacións.

A concelleira Elvira Pisos, acompañada do director do Grupo de Grupo Municipal Infantil de Teatro, Segundo Chiki Durán, e do técnico municipal Unai González, foron os encargados de ofrecer os detalles desta nova acción organizada dende o Departamento de Cultura, en colaboración con distintos colexios e ANPAs do municipio e coa Asociación Alfaia.

Unha das novidades desta edición é a participación dun conxunto dramático foráneo –o grupo infantil de teatro da Sociedad Liceo Pueblense- como resposta á deferencia mantida previamente pola entidade do concello veciño ao convidar ao grupo de teatro riveirense na súa mostra infantil.

Como xa é tradicional, o programa finalizará co desenvolvemento o último día dunha única función, a do Grupo Municipal de Teatro Infantil de Riveira, e a continuación celebrarase un acto de clausura.

O calendario estará composto do seguinte xeiro:

Luns 11

-         Grupo do ANPA do CEIP de Palmeira: “A consulta da doutora cataplasma (12 actores e actrices)

-         Grupo do Colexio A Milagrosa de Oleiros: “408” (13 actores e actrices)

Martes 12

-         Grupo do Colexio Bayón: “O dinosaurio Belisario” (25 actores e actrices)

-         Grupo do Colexio Galaxia: “O heroe tolo” (17 actores e actrices)

Mércores 13

-         Grupo ANPA do Colexio Bayón: “O Samhaín” (27 actores e actrices)

-         Grupo infantil de teatro do Liceo Pueblense: “Contos revoltos” (17 actores e actrices)

Xoves 14

-         Grupo do ANPA do Colexio Galaxia: “A raíña lambona” (8 actores e actrices)

-         Obradoiro de teatro do CEIP O Grupo: “II Feira das ideas e dos inventos” (16 actores e actrices)

Venres 15

-         Grupo Municipal Infantil de Teatro de Riveira: “Vaia maraña” (10 actrices).

Chiki Durán resaltou a colaboración de dúas compoñentes do Grupo Municipal de Teatro: Carmen Peña Otero e Celia García Pillado, pola axuda brindada na confección desta iniciativa.

Todos os días a mostra comezará ás 20 horas no Auditorio Municipal. A entrada é libre e gratuíta ata encher aforo.




Pode que tamén lle interese:


Charlas en Ribeira: os mércores de xuño, bebés felices


Curso o 14 de xuño: no Liceo, sobre preñez e adolescencia


Cultura: "Patrimonio etnográfico e arqueolóxico de Barbanza e Porto do Son" Nova edición ampliada e a cor


Programa Mostra Teatro Infantil Riveira.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: concerto de Balandraka este venres 8 de xuño e logo, final do Curota Sound

Balakandra

  • Ás 23 horas, na Pousada das Ánimas
  • 5 euros de entrada
  • Logo, final do Curota Sound





Venres 8 en Ribeira: concerto de Spinal Wins e Inllorfeis

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: veciñas e veciños de Carreira achegáronse a Pontevedra, Porriño e Mondariz-Balneario

Excursion_mondariz

Ribeira, 7 de xuño de 2012. A Asociación de Veciños de Carreira vén de organizar unha nova viaxe na que misturaron aspectos lúdicos e culturais. Así, coñeceron tanto o Castelo de Soutomaior como os seus extensos xardíns nos que disfrutaron coa variedade de especies de camelias que a Deputación de Pontevedra cultiva neles.


Despois de comer en Porriño, -vila na que contemplaron obras do arquitecto local Antonio Palacios, salientando entre os visitantes o espectacular diseño da Casa do Concello-, desprazáronse a Vilasobroso para visitar o seu monumento máis coñecido, o Castelo de Sobroso. Posteriormente, a comitiva desplazouse a Mondariz-Balneario, onde se relaxaron no Palacio del Agua, despois de pasear pola vila e polas beiras do río Tea.


Próxima viaxe, a Vigo


Os máis de 50 excursionistas quedaron de novo encantados coa actividade programada pola asociación que preside Marivén Sampedro, que xa está deseñando a vindeira excursión que posiblemente achegue, a mediados do mes de xuño, ós viaxeiros carreirenses a terras próximas á “cidade olívica”, onde teñen previsto visitar o Templo Votivo do Mar, a exposición Dinousarios Park así como o Vigo Zoo.


Venres 8: concerto de Spinal Wins e Inllorfeis


Sábado 9: "Conecta", para a mocidade emprendedora


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Aturuxo e Concello achegan posturas para que non se peche o local cultural

  • Convocan a soci@s e simpatizantes a unha reunión no local este sábado 9 ás oito da tarde

Séchu Sende presentando un libro en Aturuxo

Boiro, 7 de xuño de 2012. A Asociación Cultural Aturuxo amosa nunha nota de prensa o seu "moderado optimismo" tralo ocorrido esta mañá na reunión entre o alcalde de Boiro e catro soci@s deste colectivo cultural.

A reunión deste xoves foi no Concello de Boiro, entre o alcalde, Juan José Dieste, o Concelleiro de Urbanismo, Fernando García Diéguez e catro soci@s de Aturuxo. A reunión, que durou máis dunha hora, na que se intercambiaron pareceres sobre o problema que nos ocupa, "entendemos que resultou productiva", sinalan dende Aturuxo. "Despois de achegar
posturas, chegouse a un principio de acordo para posibilitar a continuidade do local social
na dirección que hoxe ocupa: Rúa Principal nº118 Boiro. Polo que desde a Asociación Cultural Aturuxo queremos transmitir unha mensaxe de moderado optimismo, agardando que os acordos aos que hoxe chegamos se poidan facer efectivos o antes posible: niso confiamos plenamente", argumentan os activistas culturais.


Local de Aturuxo na rúa Principal de Boiro

"Como vimos decindo desde o inicio deste expediente, entendemos que nen Boiro, nen a
comarca da Barbanza se poden permitir perder un sitio de encontro e cultura, onde se realizan multitude de actividades nas que participan centos de veciños e veciñas. Reiteramos o noso agradecemento ás case 700 persoas que asinaron para que ATURUXO
non pechara, ás bandas, actrices, actores, e a veciñanza en xeral o inmenso apoio que
recibimos nestas semanas. Por último, só queremos transladar que as portas de ATURUXO seguen abertas a tod@s @s que queiran facer traballo pola cultura popular, pola lingua e cultura galegas, que queiran xuntarse e aprender xuntas. Aturuxo continuará traballando con máis forza ca nunca, ofrecendo unha alternativa a esta sociedade de consumo que nos pretenden impor. Convocamos a tod@s @s interesad@s á asemblea xeral que se celebrará no local este sábado 9 de Xuño ás 20.00, porque:
ATURUXO SOMOS TOD@S!
ATURUXO NON SE PECHA!", rematan.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este sábado 9 compiten arredor de trinta cans para o campionato de Agility de España

Agility_-_vertical

  • A partir das 17 horas no campo de herba artificial da Fieiteira comeza esta proba oficial de cánidos
  • Varios dos exemplares que se verán xa foron premiados no último certame estatal celebrado no Ifema de Madrid

Ribeira, 7 de xuño 2012.- Uns 30 cans cos seus guías van disputar este sábado unha proba oficial puntuable para o Campionato de España de Agility: deporte que consiste en que os cánidos participantes, conducidos polos seus guías, teñen que superar diversos obstáculos co fin de poñer en evidencia a súa intelixencia, obediencia, concentración, sociabilidade e axilidade.

Así o explicou hoxe o concelleiro de Deportes e Atención Cidadá, Juan Luis Martínez, quen recordou que con esta acción se pon fin ao novo programa Encanínate (organizado polo Concello xunto coas Asociacións As Miñoteiras, Sálvora e Agacett) ademais de formar parte do extenso calendario do Xuño da Cultura e as Artes.

A cita, de acceso libre e gratuíto, terá lugar entre as 17 e as 19 horas no campo de herba sintética de A Fieiteira.  Entre as razas que se poderán observar durante a proba figuran a border collie, o pastor belga malinois ou o american staffordshire terrier. Cabe destacar tamén a presenza de varios exemplares pertencentes ao Club Tercans de Moaña que son campións nacionais, caso dos que obtiveron o Trofeo Interclubs de Cans Pequenos da Real Sociedad Canina de España que se celebrou o pasado maio no recinto IFEMA de Madrid, ou os galardoados en 2010 en Talavera de la Reina.

Juan Luis Martínez explicou tamén que se van repartir, por cortesía de Royal Canin e Tandem Alborés, ata 3.000 invitacións entre os nenos e nenas dos colexios do municipio, se ben todos os veciños están convidados a estra fermosa cita.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a escola infantil terá as 74 prazas máis a finais deste ano, asegura a Xunta

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical