Barbanza-Noia, 5 de febreiro de 2011. O certame de cartas de amor de Fene cumpre doce anos neste ano 2011. Radio Fene Radiofusión convoca unha cita que xira entre o dia da Candelaria -2 de febreiro, cando casan os paxariños- e o San Valentín, 14 de febreiro, dia dos namorados.
A persoa que resulte gañadora do certame recibirá como premio unha cea para dúas persoas e a estancia dunha noite no Parador de Turismo de Ferrol. Poderá gozar do galardón nun cuarto doble ou en dous individuais. Faise esa precisión porque en varios dos certames preséntaronse cartas de desamor, algunha moi desgarrada pero cunha indudable calidade literaria.
As persoas que desexen participar poden enviar unha carta de amor en lingua galega antes do 11 de febreiro, e baixo plica, ao enderezo: Radio Fene. Casa do Concello. 15500 Fene (A Coruña). Tamén se poden enviar por correo electrónico a direccion@radiofusion.eu
O próximo 14 de febreiro, Dia de San Valentín, patrono dos namorados, saberáse o gañador desta cita que conta entre os premiados con autores como Emma Pedreira, Adela del Río, Xosé Montero, Dolores Couceiro, Emilio Ontañón, Francisco Maceira, Alicia Fernández Rodriguez, Pablo Jablonski e Jorge Melero. Polo xurado pasaron entroutos escritores como Bieito Iglesias, Xosé Manuel Sarille, Manuel Forcadela, Estíbaliz Espinosa, Cesáreo Sánchez Iglesias, Mario Regueira, Iria López Teijeiro, Xosé Leira, Rosa Aneiros e Dulce López Rivera.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia