Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta xornalismo. Mostrar todas las entradas

17.5.08

Un medio menos. Sentímolo...

Aclaracións sobre o peche de InfoRosal.com
Novidades
Venres, 16 de Maio do 2008

Dende a Administración da web InfoRosal.com, e diante de diferentes opinións que se están dando a respeito dos motivos do peche deste portal informativo, queremos facer as seguintes aclaracións:



1. O peche de InfoRosal.com obedece única e exclusivamente a unha decisión do Administrador desta web, e debido a falla de disponibilidade para poder continuar coa labor que agora mesmo desenvolvia, deixando a porta aberta a unha reformulación deste proxecto informativo.
2. Non houbo ningún tipo de "presión exterior" para tomar esta decisión.
3. Os contidos do web, foro e galería de imaxes, permanecerá a disposición dos usuarios deste portal até que caduque o rexistro do dominio inforosal.com, que será en abril de 2009.
4. Asi mesmo, o foro permanecerá activo até esa data -abril de 2009- coa posibilidade de que os usuarios se rexistren e participen nos debates, etc.


O Administrador de InfoRosal.com tamén quere dar as grazas a todas as persoas e usuarios deste portal que lle teñen mostrado o seu apoio a este proxecto informativo.



Estamos seguros que o futuro depararanos agradables sorpresas.



Unha vez máis, grazas.

Até aqui chegou InfoRosal.com
Novidades
Xoves, 15 de Maio do 2008

O mes pasado celebramos o terceiro aniversario deste medio virtual de información da comarca do Baixo Miño. Miles de noticias colgadas, reportaxes, dossiers, colaboracións....



Pero todo ten un principio e un fin, e hoxe InfoRosal.com pon fin a súa andaina, nun momento doce en canto a número de visitas, mais por diversas razóns que non ven a conto enumerar aqui, fechamos.



Grazas a todos e todas que día tras día estiveches aí.

21.4.08

Vomita ideas

Como definirías a Basilio Álvarez como xornalista?

Foi un xornalista do seu tempo, que usou o xornal como ferramenta para cumprir a súa misión política e social. Moi consciente do poder do xornalismo dos anos 20 e 30: dicía que un xornal é como un volcán que vomita ideas, máis valioso que mil escolas ou que tres mil estradas, porque actúa a fondo sobre as conciencias. Por iso titulei o meu traballo "Basilio Álvarez: o xornalista que acendía volcáns", porque Basilio era moi consciente do poder subversivo e transformador da prensa escrita.
Marcos Valcárcel: "Basilio... | Galicia Hoxe
Blogged with the Flock Browser


Pero se queredes ler a Marcos Valcárcel en estado puro: http://asuvasnasolaina.blogspot.com

20.4.08

Non hai respostas

Algún exemplo dos problemas cotiáns do xornalismo galego?Laboralmente, a precariedade. Profesionalmente, tendencias xerais como derivar a información cara ao espectáculo e vicios concretos que se van instalando como iso das chamadas 'declaracións institucionais', esas convocatorias de roldas de prensa nas que non se admite pregunta ningunha. Para iso que manden as gravacións e punto. Como respondeu un compañeiro cando non lle deixaron preguntar coa sabida escusa de 'non hai preguntas', preguntas hai, o que non haberá será respostas.
A nosa Terra - Pereiro: 'O galego nos medios non avanzou co bipartito'
Blogged with the Flock Browser

Xosé Manuel Pereiro: benvido e parabéns, decano

Fai unha curta radiografía do xornalismo galego...

Quitando no aspecto económico, que é de auténtica vergoña, no demais, dentro do malo, non está peor ca outros. Aínda conservamos o sentido común, non adoitamos participar como soldados nesas guerras mediáticas que como dicía Paul Valery das guerras en xeral, mátase xente que non se coñece en beneficio de xente que se coñece pero non se mata. E mesmo penso que escribimos mellor que por aí fóra, pero non o digas porque todo sae en Google.
Xosé Manuel Pereiro: "Os... | Galicia Hoxe
Blogged with the Flock Browser

11.4.08

¡Apocalipsis! El peor de los mundos posibles para el periodismo

¡Apocalipsis! El peor de los mundos posibles para el periodismo | soitu.es

Non somos ninguén. Os xornalistas, menos que ninguén. Pero daremos a batalla, aínda que a guerra estea perdida e as lapas o coman todo.
Blogged with the Flock Browser

6.4.08

Errados, estamos errados

"Never, ever, ever consider something that any literate human being with Internet access can create in under 5 minutes to be a product or service that can in any way differentiate your business."
Iso é o que di o Blog Maverick. Pero nós, como idealistas, aínda cremos na xente. Aquí xa temos feito miragres.

11.3.08

Novo xornalismo: hipóteses de traballo

Por Guillermo Culell

Según expertos norteamericanos en tecnología y en medios, las empresas de información son quienes más sufren, más padecen, el crecimiento de Internet.
Los periodistas, como parte de esas organizaciones, asumen el mismo destino. Sin embargo, hay otro destino posible: reinventarse.
Lo que sigue es una enumeración de hipótesis que describen algunas de esas mutaciones posibles.

En este nuevo escenario imaginado se ha dejado de lado cualquier análisis relativo al rol social del periodista en la sociedad democrática, un rol que, por su trascendencia y complejidad, excede el marco de esta aventura. Lo que sigue es, también, un juego de imaginación divertido.

1.-La jerarquía es construida por un algoritmo.
2.- No existe una jerarquía sino múltiples.
3.- El periodista es un DJ.
4.- El periodista es un atleta de elite.
5.- El periodista es 50% ingeniero y 50% artista.
6.- La redacción no tiene lugar.
7.- La corporación es la marca. La organización es amorfa.
8.- La organización comercial es una cuenta bancaria.
9.- La red es el único territorio donde suceden los hechos.
10.- Volumen + Velocidad = Calidad
hijodelmedio: 10 Hipótesis 10

Certo cumpre sobradamente a metade do 7: a organización é amorfa. Os demais, depende.

Blogged with Flock

20.2.08

De que nos sona isto?

Yoosk, red de entrevistadores ciudadanos

Publicado por Jacinto Lajas

El propósito que anuncian los fundadores de Yoosk es convertir ese medio en la mayor red global de reporteros ciudadanos, pero con un enfoque particular. En Yoosk los usuarios pueden realizar preguntas que se transmitirán a toda clase de personajes de relevancia social o política para que éstos las contesten y sean de nuevo los usuarios quienes comenten y debatan sobre esas respuestas.Las preguntas, sometidas a la votación de los usuarios, han de conseguir un mínimo de 100 votos para que desde el sitio intenten ponerse en contacto con los personajes requeridos para conseguir su contestación a las cuestiones planteadas. Un equipo de periodistas profesionales y estudiantes de periodismo son los encargados de dar forma de entrevista a esas inquietudes ciudadanas.Un innovador tratamiento del periodismo ciudadano, focalizado en ese género periodístico de la entrevista.
Periodismo Ciudadano


Imaxinen a movida: se os políticos e a cidadanía en xeral xa están cansos dos xornalistas por ser nós quen somos, só lles falta a eses mesmos políticos quedar expostos ás preguntas do primeiro que pase por alí. Toma demo-cracia!

Blogged with Flock

15.2.08

Noraboa ao mestre

(Anaco dunha entrevista en Galicia Hoxe)

Non está o xornalismo a contribuír a inutilizar á sociedade, como cómplice do sistema neoliberal? Ou, como di Pascual Serrano, a fundación do mítico diario en liña Rebelion.org: Existe un xornalismo pendente que o mercado non permite.

Ben , o que hai é unhas fórmulas dominantes dentro deste escenario do mercado que, efectivamente, son os que definen os modelos dominantes na sociedade actual. Pero creo que non podemos xeralizar porque hai iniciativas, que poden ter máis ou menos incidencia, pero que son moi meritorias e nos demostran que hai fórmulas, posibilidades e opcións de facer un xornalismo diferente. É dicir, que un outro xornalismo é posíbel, e que hai quen o fai.


Quen o fai?

Non me gustaría sinalar, pero creo que hai persoas e medios de referencia no ámbito internacional. Por exemplo, unha experiencia que ten o New Yorker de verificación de fontes, que é moi interesante; a experiencia en política internacional de Le Monde Diplomatique, moi sólida. Cara aí podemos mirar. E o resto é unha loita constante por conseguir produtos de maior calidade.


Pois xa que cita "Le Monde Diplomatique", hai un símil moi visual ideado polo seu director, Ramonet, que compara os xornalistas de hoxe cos obreiros da cadea de construción do filme "Tempos Modernos", de Chaplin. É dicir, equipáraos con simples montadores de pezas.

Efectivamente hai xornalistas que son simples montadores de pezas, pero tamén hai xornalistas que queren pensar e contar.

Se cadra son as empresas as que non llelo permiten?

Seguramente en moitos casos é así, pero temos aí o desafío de crear marcos aceptábeis para levar a cabo ese periodismo que moitos desexamos. Os medios públicos deben ser bandeira e modelo disto.Vostede e o seu equipo do Grupo Novos Medios, están a investigar a prol desta evoluciónNós temos un grupo de investigación na universidade con varias liñas de traballo, desde xornalismo de crise até comunicación corporativa ou o ciberxornalismo e a radio dixital. No que máis participamos no ámbito internacional é no ciberxornalismo, o xornalismo que se fai na rede. Buscamos fórmulas dun xornalismo de maior profundidade que aplique as características dos cibermedios.
Novas



Xosé López acaba de acadar a primeira cátedra de Xornalismo da Universiade de Santiago. Noraboa a este mestre de xornalistas (algún nesta redacción foi alumno e traballou con el)

Blogged with Flock

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical