Rianxo, 8 de xuño de 2011. Dende hoxe e ata o 24 de xuño poderase visitar no Centro Sociocultural - Auditorio de Rianxo a Exposición de Fotografía Submarina do V Circuíto Galego Dixital da Federación Galega de Actividades Submarinas. O horario de apertura será de 09:00 a 14:00 horas.
Porto do Son, 8 de xuño de 2011. Os concelleiros do PP declaráronse hoxe coa verba máis de moda nestes intres: "indignados". O motivo foi que non tiveron a documentación do derradeiro pleno desta lexislatura, "o que volta amosar as maneiras de actuar do defenestrado goberno bipartito do Psoe e Bng", declararon dende o partido conservador, que vai volver tomar as rendas deste concello en colaboración cun antigo socialista, o agora independente Javier Quiñoy, do AVS.
O Grupo Municipal do Partido Popular de Porto do Son manifestou de novo o seu rexeitamento "ás actuacións que o goberno bipartito do PSOE e BNG fixeron durante os derradeiros dezaoito meses desta lexislatura que chega ao seu fin. Na mañá de hoxe celebrouse o derradeiro Pleno Municipal sonense presidido polo goberno do PSOE e BNG na que se trataron a aprobación dos dous últimos Borradores de Actas correspondentes ós Plenos Extraordinarios do 19 de Maio de 2011 e do pasado Luns 6 de Xuño de 2011. A polémica xurdiu a raíz de que os Grupos Políticos Municipais con representación no Pleno da Corporación (PP,AVS e IPS) non recibiron a documentación correspondente do Borrador da Acta do Pleno do pasado Luns 6 de Xuño do presente que foi tratado. Parece incrible que se utilicen este tipo de artimañas ás alturas de final da lexislatura co gallo de que a oposición non poida ter coñecemento e facer as súas respectivas observacións respecto do que se aprobou".
O Grupo Municipal Popular, encabezado polo seu portavoz, Manuel Tomé Piñeiro, pediu as explicacións oportunas ó bigoberno de Xoán Pastor e Ánxela Franco "sen estes dar ningún tipo de resposta clara e concisa".
Liortas internas xa no PP?
O anecdótico da votación foi que a concelleira Asunción Torres Parada e actual Presidenta da Xestora Local do PP rompeu a disciplina do sentido do voto desta formación e votou en contra argumentando, "con bo criterio", din nembargantes os populares, non aprobala ao non coñecer o seu contido ningún dos membros do equipo conservador. A este derradeiro pleno extraordinario soamente asistiron os concelleiros populares Manuel Tomé, María Jesús Paz,, José Martínez Calvo e Asunción Torres Parada: os restantes "nin deron coñecemento da súa ausencia" (sic).
Preguntado pola ruptura da disciplina do sentido do voto por parte da actual Presidenta da Xestora Local Asunción Torres, o actual Portavoz Municipal do PP sonense soamente indicou que os concelleiros populares asistentes a dito pleno van solicitar a intervención do órgano provincial popular para que trate dito tema.
A toda fanequeira, que os santos axudan nas costas embaixo!
Ribeira, 8 de xuño de 2011. Como cada ano, a Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna está a piques de pasar as súas cuotas de socios, feito que ocurrirá entre o 20 e 24 de Xuño. "Dende a cofradía queremos que ningún socio se quede sen colaborar así que fixemos este documento para que podades actualizar os vosos datos, xa que as cuotas pásanse tódolos anos e precisamos actualizar os arquivos. Ademáis pensamos que esta asociación debe ter a maior cantidade de socios posibles polo cal levamos dende que o euro é euro sen subir as cuotas (10€ ao ano) porque preferimos ser máis e máis dorneiros que facelo algo exclusivo", explica a asociación na súa bitácora. "Así que se desfrutas da FESTA DA DORNA (festa de interese turístico galego), se fostes á mágnifica ANDAINA a ONS do sábado e domingo pasados, se che gusta a CARREIRA DO CORGO teñas ou non peito para correla, se les tódolos anos LA VOS DE JALISIA e o CADERNO DE BITÁCORA (POJRAMA DORNEIRO) esperando saír ou non, se fostes aos CICLOS DE ANDAINAS DE OUTONO e INVERNO ainda que chova, se fostes á ESCOLA DE VELA, ou á ESCOLA DE MÚSICA ou á ESCOLA DE REMO ou se che gustaría participar nalgo así, se eres Peñeiro e queres SER DORNEIRO non o dubides máis: ENROLATE NA COFRADÍA DA DORNA!!!", sentencian.Envía a seguinte información a: apartado de correos 16 de Ribeira, A Coruña.CP: 15960. ou por email a Real-e-Ilustre@cofradiadadorna.com tamén podes copiar o seguinte texto e entregalo impreso na seguinte asamblea de peñas dorneiras (sabado 18 de Xuño de 2011 ás 20:03 no Conservatorio Municipal) ou deixalo antes de sabado 18 de xuño na A Taberna do Riaso. ========================================================
Datos Peroais/Datos Personales:
·Nome/Nombre:………………………………………………………………….
·Apelidos/Apellidos:…………………………………………………………….
·DNI:………………………………………….………………………………………….
·Peña:……………………………………….………………………………………….
·Son socio: (SI/NON)…………………………………………………………….
· Nº Socio:……….……………………………………………………………………
·Enderezo/Dirección:……………….………………………………………….
·CP:……………………………………………………………………………………….
·Telefonos de contacto:…………….………………………………………….
·Correo-e:…………………………………………………………………………….
Autorización Bancaria:
Sr. Director ou Directora da Caixa ou Banco:……………………..…………………………………………….
Enderezo da oficina:…………………………………………………………..…………………………………………….
Prégolle que acepten os recibos correspondentes á cuota como socio/a da Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ ao ano con cargo á miña conta,
Nº de conta (20 dígitos): ____-____-__-__________
Sr. Director o Directora de la Caja o Banco:……………………..…….………………………………………….
Dirección de la oficina:……………………………………………………………………………………………………….
Ruego que acepten los recibos correspondientes a la cuota como socio/a de la Real e Ilustre Cofradía da Dorna de Ribeira por valor de 10€ al año con cargo á mi cuenta,
Nº de cuenta (20 dígitos): ____-____-__-__________