25.8.11

Ribeira: este sábado 27 explican como se fixo "Tiburón" no Ateneo Valle-Inclán

Jaws_ateneo_2011

En Certo entrevistamos ao poñente, Toño Maño, aquí

Media_httpfarm2static_jzfoa

Abstéñanse "mariñeiros" doadamente impresionables...

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o conselleiro de Educación pasou revista a dous colexios que amañou o seu departamento

Xess_vzquez_e_isaac_maceiras

  • Xesús Vázquez Abad visitou hoxe a Escola Infantil Fernández Varela e o CEP Pilar Maestu Sierra
  • A Consellería leva invertido preto de 380.000 euros na mellora dos centros educativos do concello no que vai de lexislatura
A Pobra do Caramiñal, 25 de agosto de 2011.- O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, visitou esta mañá a Escola de Educación Infantil Fernández Varela e máis o CEP Pilar Maestu Sierra para comprobar o estado dos traballos de mellora realizados en ambos os dous centros de ensino do concello da Pobra do Caramiñal.

Acompañado pola xefa territorial de Educación, María Teresa Villaverde Pais, e pola directora do centro, Mª Josefina Pacheco Etchevers, Vázquez Abad percorreu as instalacións da EEI Fernández Varela. Alí o conselleiro puido comprobar o estado das obras realizadas no centro por valor de 50.000, coa fin de repor a cuberta do mesmo e acondicionar as instalacións para o vindeiro curso educativo, beneficiando aos seus 104 alumnos. Ademais, o centro continuará a beneficiarse do Plan de Mellora de Bibliotecas escolares coa fin de fomentar a lectura entre o alumnado, ao que a Consellería destinou xa 13.700 euros

Vázquez Abad tamén se achegou ao CEP Pilar Maestu Sierra, onde mantivo un encontro co seu director, Xosé Vicente Vázquez Arias. Durante o seu percorrido polo colexio, que presta servizo a 84 alumnos, o conselleiro deu conta das obras de mellora das instalacións de fontanería do centro, que supuxeron un investimento de máis de 28.000 euros.

Grazas a estas accións, o vindeiro curso académico un total de 188 alumnos, pertencentes a ambos centros poderán gozar de instalacións en óptimas condicións.

Compromiso co concello

Con esta visita -sempre segundo nota da Xunta- a Consellería reafirma o seu compromiso coa Pobra do Caramiñal. Dende os comezos da lexislatura, o departamento de Xesús Vázquez Abad leva invertidos preto de 380.000 euros na mellora e acondicionamento dos centros de ensino públicos deste concello barbanzano.

Aproveitou a ocasión para agradecer o esforzo do profesorado galego, sen o cal sería imposible acadar bos resultados no ámbito educacional, aspirar a excelencia e permanente mellora do sistema educativo para dar a mellor formación posible ao conxunto do alumnado de Galicia e garantir o futuro de todos.

Cinco centros de Barbanza no Proxecto Abalar

Doutra banda, o conselleiro lembrou a participación dos centros da comarca do Barbanza nos proxectos máis novidosos da Consellería. De feito, outro dos centros de ensino do concello, o IES da Pobra do Caramiñal, forma parte do Proxecto Abalar. En total son 5 os centros de ensino da comarca integrados nesta iniciativa posta en marcha coa finalidade de lograr a plena integración do sistema educativo galego na nova realidade tecnolóxica. O vindeiro curso, e por levaren integrados no proxecto desde o 2010/2011, estes centros duplicarán as súas aulas Abalar para continuar co desenvolvemento do proxecto nos cursos implicados.

Cómpre ademais lembrar a incorporación o vindeiro curso académico á Rede de Centros Plurilingües de 3 centros de ensino da comarca do Barbanza. Estes centros uniranse ao CEIP O Grupo, de Ribeira, que se integrou nesta iniciativa o pasado curso, e que este ano estenderá as súas accións a 1º e 2º de primaria.

Nin unha palabra sobre o conflito no IES Coroso de Ribeira.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: orde do día do pleno ordinario de hoxe no Concello

DATA SESION: 25 DE AGOSTO DE 2011.
HORA: 20,00.
En virtude das competencias que me confire o artigo 41.4 do RD 2568/86 ROF, e asistido pola Secretaria do concello, de conformidade co acordo plenario adoptado en sesión do dia
30/06/2011, polo que se determina a periodicidade da celebración das sesións ordinarias deste órgano, que terán lugar o ultimo xoves de cada mes ás 20:00horas, esta Alcaldia-Presidencia

ACORDA:
Primeiro: Convocar aos sres/as concelleiros/as para o dia e hora sinalada arriba (unha hora despois en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira) no Salón de Plenos a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte
ORDE DO DIA

1o.- APROBACIÓN DA ACTA DA SESIÓN ANTERIOR: 14 de xullo de 2011.-

2o.- DACION DE CONTA DAS RESOLUCIÓNS DE ALCALDIA E ACTAS DA XUNTA DE GOBERNO.

3o.-DAR CONTA DO ESCRITO SOBRE A NOVA COMPOSICIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO
PSdeG-PSOE.-

4o.- DAR CONTA da VARIACIÓN DE MEMBROS NAS COMISIÓNS INFORMATIVAS POR BANDA DO GRUPO MUNICIPAL DO PSdeG-PSOE

5o.- DAR CONTA DA RESOLUCIÓN No 1056/2011, DE NOVA CONCELLEIRA DELEGADA.

6o.- DAR CONTA DA MODIFICACIÓN DA DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS NA XGL
(R.A no 1052/2011)

7o.- DACION DE CONTA DO INFORME DE TESOURERIA E INTERVENCION SOBRE MOROSIDADE NAS OPERACIÓNS COMERCIAIS( 26/07/2011).

8o.- NOMEAMENTO DO REPRESENTANTE DA CORPORACIÓN EN CONSELLO ESCOLAR.-

9o.- NOMEAMENTO VOGAL E, REPRESENTANTE DE SE-LO CASO, NO CONSELLO TERRITORIAL DA PROPIEDADE INMOBILIARIA.-

10o.- PROPOSTA DE FESTIVOS LOCAIS ANO 2012.

11o.- MOCIÓNS DE URXENCIA.

12o.- ROGOS E PREGUNTAS


(vía Alcalde de Rianxo)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical