Outes, 3 de agosto de 2012. A Asociación de Afectados polo Parque Eólico Outes-Mazaricos manifesta a súa "rotunda oposición á construción do parque eólico Outes – Mazaricos e do parque Outes-Negreira posto que o emprazamento dos aeroxeneradores no medio e medio das aldeas vai supoñer para toda a zona unha perda económica, sociocultural e medioambiental e un grave risco para a
saúde de tódolos seus habitantes. Numerosos organismos e publicacións científicas acreditan o enorme impacto que teñen estas instalación nas zonas onde se implantan, polo que esiximos da
Administración unha revisión exhaustiva e rigorosa destes proxectos", explica este colectivo en nota de prensa.
"Non entendemos que as institucións que nos representan dean prioridade aos proxectos de dúas empresas privadas sobre a saúde e o futuro de toda unha comarca que depende en gran medida do seu entorno natural. Queremos denunciar a falta de transparencia e a pasividade que mantiveron os nosos representantes políticos en todo este proceso, negándonos incluso a poñer á disposición dos veciños técnicos municipais para informar do proxecto. Nós mesmos tivemos que suplir estas deficiencias informando aos veciños e contratando un avogado para presentar alegacións. O feito de que a asociación conseguira mobilizar aos veciños motivou nunha das corporacións unha declaración de apoio á nosa causa. Celebramos esta declaración de intencións, e deixamos a porta abertas aos que faltan por sumarse. En todo caso, ante a enorme afectación que estes proxectos terán sobre toda a zona, e despois da inhibición inicial que mostraron as nosas corporacións locais, demandamos feitos rotundos e inequívocos que nos permitan confiar na súa palabra", argumentan.
As antigas caixas galegas, implicadas na desfeitaAsegura esta asociación de afectados por estes parques eólicos que Novagaliciabanco promove o parque Outes-Mazaricos a través da súa filial Eólica Galenova. "A nova dirección do banco está a pedir perdón a toda sociedade galega e desmarcándose das actuacións da anterior executiva. Este parque é un exemplo claro da súa anterior política polo que esperamos a suspensión do proxecto constatando así que a campaña de imaxe da nova dirección se traduza en feitos", rematan.
Onte, en Certo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario