10.5.10

Música: O son do Son, o tema que máis van pedir o 16 de maio

E veñan bises! Os Mordecans son de Porto do Son, evidentemente. E tocan, como xa anunciamos, o 16 de maio, para quentar para a manifestación do 17. Non somos de Porto do Son, pero como se pega o demo de canción esta!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: o 16 de maio, "O son en galego", con Os Mordecans e Som do Galpom

Na véspera do Día das Letras Galegas e da grande manifestación que volverá a encher a Praza do Obradoiro en Compostela, a Concellaría de Deportes e Mocidade de Porto do Son organiza un concerto para celebrar e perserverar por un Son en galego. O acto contará cun mestre de cerimonias de luxo, o músico, xornalista e escritor -sempre animador da música e a cultura do país- Xurxo Souto, que será o encargado de presentar as bandas Os Mordecáns, autores do célebre himno “O son do Son”, e Som do Galpóm, un dos grupos revelación da música galega actual.

Non o esquezas, vémonos o domingo ás 23:00 no Xardín Portuario do Son… en Galego!


Os Mordecans: http://www.myspace.com/mordecans
Som do Galpom: http://www.somdogalpom.com
E a Xurxo Souto, por se non o coñecen: http://es.wikipedia.org/wiki/Xurxo_Souto

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Muros: o Bng comarcal deu unha charla sobre a crise económica o domingo 9 de maio

Muros, 10 de maio de 2010. O pasado domingo, 9 de maio, tivo lugar en Muros un acto do BNG sobre a “crise económica”. Neste acto tomaron a palabra entre outros o Alcalde de Muros, Domingos Dosil, que se referiu á situación de precariedade económica e de emprego pola que está a pasar neste momento a bisbarra de Muros e Noia, sobre todo  o concello de Muros, O político culpou desta crise ás políticas neoliberais do actual sistema económico, que foron impulsadas desde hai algúns anos -sempre segundo Domingos Dosil- polo Partido Popular co beneplácito do PSOE. Fixo referencia tamén á promesa do PP pouco antes de chegar ao goberno da Xunta de Galicia, que dicía que acabaría co paro nos primeiros cen días de goberno, "mais a realidade é que desde que o Partido Popular accedeu ao goberno da Xunta o paro na nosa comarca subiu o 7%", aclarou.

O voceiro do BNG no Parlamento, Carlos Aymerich, durante a sua intervención debullou as propostas do BNG para a saída da actual crise. Afirmou que a saída á crise debe pasar por políticas transformadoras e "non voltar ás políticas neoliberais e da dereita".

Entre as receitas do Bng para fuxir da crise, Aymerich citou:

  1. Política de gasto público ao servizo do estímulo económico e a criación de emprego.
  2. Reforma fiscal progresiva baseada no principio de que paguen máis aqueles que máis teñen.
  3. Reforma do sistema financeiro para restaurar o fluxo do crédito a particulares e empresas. A Lei de Caixas.
  4. Impulso á produtividade e investimento en I+D.
  5. Protección da estabilidade e a garantía de emprego.
  6. Garantia do sistema público de pensións.
  7. Apoio aos sectores económicos estratéxicos para crear emprego.
  8. Garantía dos servizos públicos básicos.
   Finalmente fixo un chamamento á maioría social afectada por esta crise para que tome conciencia da mesma e participe activamente apoiando a aqueles partidos, sindicatos e grupos sociais que están a levar a cabo políticas serias e encamiñadas á superación desta crise de modelo social e económico. No acto tamén interviu a ex concelleira de Cultura de Noia, a tamén nacionalista Lola Caramés.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Novoneyra interpretado por Serafín Marcos no IES Espiñeira este martes 11

Boiro, 10 de maio de 2010. O artista inclasificable Serafín Marcos estará este martes 11 de maio no instituto boirense da Espiñeira para ofrecerlles aos estudantes a súa representación de "Chove para que eu soñe", baseada na obra poética de Uxío Novoneyra, o autor ao que este ano se adican os numerosos actos das Letras Galegas. Segundo explica el mesmo, "involúcrase activamente aos alumnos".

Xa nos tarda velo. Nós quedamos prendados de Marcos cando o vimos actuar por primeira vez (a nosa, non a del) nunha entrega dos premios Historia Medieval de Galiza, en Porto do Son:
</object>

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Banda deseñada: o boirense Martín Romero presentou no Saló do Cómic "Peregrino negro"

Ribeira: a carreira popular 'Virxe da Guía' ten lugar o Día das Letras Galegas, 17 de maio

Na presentación da proba anunciouse que estará dedicada ao ribeirense José Antonio Nespereira, cunha excelente traxectoria deportiva no atletismo


O ano pasado foi unha proba mollada. A ver que depara o tempo nesta sexta edición

Dan como principal favorito ao corredor marroquí Hassan Lekhhili

Ribeira, 10 de maio de 2010.- A sétima edición da Carreira Popular Virxe da Guía  estará dedicada ao ribeirense José Antonio Nespereira. Así o anunciou esta mañá Abraham Benítez, organizador do evento xunto co Concello de Ribeira, durante a presentación desta proba valedoira para Terceiro Circuíto de Carreiras Populares Concello de Riveira. Abraham Benítez (quen estivo acompañado na presentación do edil municipal de Deportes Miguel Ángel Vidal e da colaboradora Belén Callón), resaltou a excelente traxectoria deportiva do homenaxeado, que inclúe o campionato galego de cross e o subcampionato por equipos.

 

Como xa é tradicional, o certame disputarase o Día das Letras Galegas (luns 17 de maio). Dará comezo sobre ás 10.45 horas e constará dun percorrido sobre asfalto de 5.200 metros que o propio Benítez cualificou de “bastante duro e no que predominan as subidas”. Como é lóxico, os participantes máis pequenos deberán correr distancias máis curtas: 75 metros no caso dos pitufos; 600 metros, os de 6 a 8 anos, e 1.500 metros, os de 9 a 12.

 

100 euros por rebaixar o récord

Unha das grandes novidades, informou Miguel Ángel Vidal, é un premio especial de 100 euros que se concederá a quen logre rebaixar o record da carreira, tanto en categoría masculina (15’42’’) como feminina (18’17’’).

 

Abraham Benítez declarou que o marroquí Hassan Lekhili (vixente gañador da medio maratón Vig-Bay de Vigo) é o gran favorito para levarse o título en categoría absoluta masculina e, de feito, acode ao evento co obxectivo de rebaixar o record. Outros corredores con grandes posibilidades de entrar no podio son Rubén Caamaño e o atleta local Ramón Folgar. En canto a categoría feminina, Benítez Sobrido destacou a Yolanda Gutiérrez.

 

Os menores de 12 anos non clasificarán nin recibirán trofeo, pero si que optarán ao sorteo dunha bicicleta. O prazo para inscribirse remata este xoves ás 20 horas.


Máis información e inscricións:


www.carreira.info.

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Servizos Sociais: aberto o prazo para solicitar prestación familiar por fillo menor a cargo

Esta información é válida para todos os concellos de Galicia. Só teñen que poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do seu municipio.


Boiro, 10 de maio de 2010. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria (DOG 10 de maio de 2010) da prestación familiar por fillo menor a cargo. 

Persoas beneficiarias: 

Persoas que teñan ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2010 ( nacidos entre o 02.01.07 ao 01.01.10 incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2008 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.  

Quedan excluídas:

As unidades familiares nas cales os seus ingresos considerados de forma individual ou conxunta , superasen no exercicio 2008 os 22.000 €. 

A axuda consistirá  no pagamento único de 360 € por cada fillo menor de 3 anos. 

O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro 19 de xuño. 

Para máis información dirxirse ao departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro (de martes a venres de 8:00 a 13:00)

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: Festa da Língua con poesía, música e xogos o domingo 16 de maio en Taragoña

Rianxo, 10 de maio de 2010. O domingo 16 de maio, véspera do Día das Letras Galegas, celébrase na praza de Campos de Pazos, en Taragoña, a Festa da Língua. Os actos comezan ás sete da tarde. O prato forte será un recital poético con poetas como Xabier Xil Xardón, un dos últimos premiados co "Eusebio Lorenzo Baleirón" (Cando menos, a derrota); o recentemente nomeado membro do Patronato da Fundación "Rosalía de Castro", o dodrense Anxo Angueira e Xoán Montero.

Tamén haberá xogos tradicionais para todos os públicos e unha especie de serán no que se convida a participar aos músicos dos arredores con instrumentos tradicionais. Tamén está prevista a actuación de Recambios Tucho, chegados directamente de Santa Eugenia de Juisconsin (http://www.myspace.com/recambiostucho) e Banda da Balbina, gañadores de A polo ghit co tema que lles deixamos a continuación:

</object>

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: actos da Semana das Letras no colexio Santa María do Castro de Cabo de Cruz

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical