29.12.10

Rianxo: este xoves 30, volta a maxia con Alán Golias. O domingo, 2 de xaneiro, concerto de Aninovo

Rianxo, 29 de decembro de 2010. O mago rianxeiro Alán Golias volve actuar no Auditorio de Rianxo, esta vez cun espectáculo destinado ao público infantil, e acompañado polo magos Eloy Mateos e o Mago Oscar. A actuación comezará as 11:30 horas.

Para acudir ao espectaculo será necesario retirar entradas (dúas maximo por persoa), as cales se comezarán a repartir unha hora antes por orde de chegada.

Concerto de Aninovo, o domingo 2 de xaneiro

A Escola de Música de Rianxo ofrecerá este vindeiro domingo 2 de xaneiro, ás 19:30 h., o seu xa tradicional Concerto de Aninovo, no Auditorio de Rianxo. O das entradas funciona igual que co da maxia.


Download now or preview on posterous
carteldia30bis.pdf (216 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: os Reis Magos traen unha tarde divertida para os máis pequenos o vindeiro mércores 5


Haberá un obradoiro de globoflexia para os pequenos

O luns 3 de xaneiro:


Download now or preview on posterous
cabalgata 2011.pdf (625 KB)

Download now or preview on posterous
CARTEL LABORES.pdf (432 KB)

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o colexio "Cernadas de Castro", premiado con 8.000 euros por dous traballos sobre innovación no ensino


O colexio "Cernadas de Castro" está no lugar de A Silva e leva o nome do famoso Cura de Fruíme

Lousame, 29 de decembro de 2010. O profesorado do colexio "Cernadas de Castro" está de noraboa. Os seus esforzos foron recompensados con dous premios de 4.000 euros cada un por sendos traballos presentados aos Premios á Innovación educativa para profesorado de centros educativos de ensino non universitario sostidos con fondos públicos de Galicia.

Na modalidade A, de Fomento do plurilingüismo, o traballo premiado foi "O encerado dixital na aula. CLIL: Imperialism and the World War I. Foi presentado por Clara Cristela Rodríguez, que exerceu de coordinadora.
Na modalidade B, de Introdución das competencias básicas na aula dixital, o título do traballo premiado foi "Os avós e as avoas molan", cuxa coordinadora foi Ana María Fernández Chacón.

Houbo moitos premios desertos, ignoramos se por que non se presentaron traballos para eles ou pola baixa calidade dos que se avaliaron, como se pode comprobar na páxina do Diario Oficial de Galicia adxunta coa totalidade dos galardóns.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical