5.12.11

Ribeira: mes de Nadal musical na Taberna do Riaso

Ribeira: este venres 9, Día Universal da Infancia con charla, proxeccións e música

  • Organiza o Concello xunto a ONGs do municipio, no auditorio municipal dende as nove da noite


Rematarán o acto Mini e Mero, uns clásicos da música galega
 

Ribeira, 5 de decembro de 2011.- A concelleira de Cultura de Ribeira, Elvira Pisos Arnoso, xunto coas delegadas de Unicef Riveira (Cruz Rivadulla), Cruz Vermella Ribeira (Ángeles Cores) e Mans Unidas Ribeira (Ramona Pérez) deron a coñecer o acto co que se pretende conmemorar no noso municipio o Día Internacional da Infancia: unha data que se ben tivo lugar o pasado 20 de novembro, decidiuse retrasala por coincidir coas eleccións xerais. 

O devandito acto está  organizado por varias ONG’s do municipio como Unicef, Mans Unidas, Cruz Vermella, Intermón-Oxfam, Cáritas Parroquial e Médicos sen Fronteiras, xunto coas concellerías de Cultura e Xuventude. 

O acontecemento terá  lugar o venres 9 de decembro ás 21 horas no Auditorio Municipal cun programa que inclúe a actuación musical de Os Chiquilicuatres, varias testemuñas sobre a situación da infancia nos países do sur e en Galicia (a cargo de Médicos sen Fronteiras, Axunica, Fundación Meniños e Fundación Faibén); proxección de imaxes e vídeos e a actuación final de Mini e Mero, compoñentes do grupo A Quenlla e fundadores de Fuxan os Ventos, que interpretarán varios temas para pechar o acto co canto conxunto co público asistente de A Sementeira, como símbolo do compromiso de todas e todos coa infancia. 

A entrada é de balde ata encher aforo. As entradas entregaranse dende ½ h antes do acto.


Antes, en Certo:

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Psoe ta de prensa: ¿Atenderá el Alcalde las demandas de los vecinos de Ro mero Ortiz?

romero-ortiz.pdf Download this file

Media_httpfarm7static_xgham

Ribeira, 5 de decembro de 2011. Segundo explica o grupo municipal do Psoe ribeirense en nota de prensa, "o pasado día 20 de abril cento vintesete veciños presentaron un escrito no rexistro do Concello, denunciando o lamentable estado da Rúa Romero Ortiz e solicitando unha serie de accións para a mellora do espacio urbán, tales como: iluminación, asfaltado da rùa, pasos peonís, papeleiras e o arranxo das beirarrúas. A data de hoxe, non consta resposta por parte do Concello, pero estanse a realizar obras na rúa, referidas a instalación das tubarías da compañía de gas. Hoxe a preocupación dos veciños, visto as obras e a falla de
información por parte do Concello, é se a nova capa de rodadura que con cargo aos orzamentos da Diputación está prevista para a Rúa Romero Ortiz, farase do xeito máis axeitado.

Elevación do nivel da rúa por estratificación de capas asfálticas

Ao longo dos últimos 40 anos, o acondicionamento da Rúa Romero Ortiz fíxose polo sistema de, poderiamos chamar, acumulación asfáltica, de tal maneira que unha capa tras outra, ata un total de tres capas, foron sistematicamente subindo a altura respeto da beirarrúa, provocando en moitos casos a entrada da auga da choiva dentro das vivendas. Hoxe os veciños, ademáis de reclamar a resposta, en dereito, ao escrito, instan o Concelleiro de obras e o Alcalde, como máxima  autoridade, a que prohíba o arranxo da capa asfáltica da Rúa Romero Ortiz sen a previa eliminación das capas anteriores e polo tanto a recuperación do anterior nivel
da rúa. Á vista do exposto, ¿Está o Alcalde o tanto do plan de obra da empresa adxudicataria para o arranxo da Rúa Romero Ortiz, obra financiada e adxudicada pola Diputación, e está disposto o Alcalde a supervisar a obra para evitar as inundacións das vivendas e atender as reclamacións dos veciños, presentadas en rexistro con data 20 de abril do ano en curso?".

Antes, en Certo:
As obras en Romero Ortiz comezaron o 22 de setembro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: celebrado un cursiño para mariñeiros na confraría

2011-12-05_12

Porto do Son, 5 de decembro de 2011. Segundo explicou hoxe o máximo responsable de AVS e tenente de alcalde do Son, Javier Quiñoy, "debido ao momento de crise que estamos sufrindo foron moitas as demandas para a organización deste curso para mariñeiros. Por parte do concello e en concreto da área que eu represento puxémonos en contacto coa Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro (Directora Xeral Susana Rodríguez Carballo) pertencente á Consellería do Mar (que é a competente na concesión destes cursos),á que lle quero agradecer a súa colaboración, xa que dende o primeiro momento estiveron á nosa disposición para que este curso fóra unha realidade. Espero que sexa de proveito para todas as persoas que puideron acceder a el". Quiñoy tamén é responsable das áreas de Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude de Porto do Son.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: presentan unha web do voluntariado local

2011-12-05_11

Porto do Son, 5 de decembro de 2011. Alternativa Veciñal de Porto do Son (AVS) agradeceu esta mañá a todas as asociacións e persoas particulares o traballo realizado ata hoxe ao presentar a nova web sobre o voluntariado local: http://voluntariadoportodoson.org

Segundo explicaron, con esta páxina queren darlle pulo, dentro da súa independencia na programación do concello, ao voluntariado. "Son tempos nos que os valores como a solidariedade deben ser máis fortes", aseguraron na presentación.


Como facerse voluntario en Porto do Son?

Na web explícano deste xeito:
Calquera de nós ten moito que ofrecer, é tempo de comprometernos por una sociedade máis xusta e solidaria.

1. PENSA nos teus motivos ou razóns para facerte voluntario/a.
2. MIRA ó teu redor. ¿Que necesidades, que problemas, que iniciativas de acción solidaria existen no teu entorno?
3. VALORA a túa disponibilidade, capacidades, intereses. ¿Que podes facer?
4. TOMA CONTACTO coa Entidade. Infórmate, fórmate, concreta o teu compromiso.
5. PARTICIPA!, actúa, traballa… no teu proxecto de acción solidaria e na túa organización.

Só tes que achegarte pola Oficina Municipal de Voluntariado e recibirás toda a información necesaria para formalizar o compromiso.

Onde está a Oficina Municipal de Voluntariado?

Rúa Atalaia, s/nº C.P. 15970 – Porto do Son

Teléfono: 981 767589 • Fax: 981 767358

Correo electrónico: omixportodoson@yahoo.es


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: este sábado 10, "Farsa Plautina" no auditorio con Ditea Teatro

Farsa_plautina

Rianxo, 5 de decembro de 2011. Este sábado, 10 de decembro, o auditorio de Rianxo acubilla a obra de teatro "Farsa Plautina", que porá en escea Ditea Teatro de Cámara. O espectáculo comeza ás 20:30. A representación é de balde pero poden retirarse as entradas 1 hora antes do comezo (máximo 2 por persoa)


Para  máis información poden consultar a web do concello www.rianxo.com ou o blogue da compañía http://ditea.blogspot.com/2010/08/farsa-plautina-2011.html

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: colocan na praza do Concello unha árbore de Nadal de 12,5 metros

Rbore_nadal

  • Mañá inaugúrase o belén fronte á igrexa de Santa Uxía, e tamén se acende o tradicional alumeado de Nadal
  • Haberá un segundo belén itinerante, que irá polas parroquias

Ribeira, 5 de decembro de 2011.- Durante o día de hoxe operarios están a proceder á colocación da árbore de Nadal que adornará nestas festivas datas a praza do Concello da cidade de Ribeira. 

A árbore ten unhas dimensións de 12,5 metros de alto por 4,90 de ancho e está patrocinado por unha empresa local que non para de recibir homenaxes polo seu medio século de vida.

Outro dos elementos tradicionais desta época é o Belén que, un ano máis, está situado na praza de Otero Goyanes, fronte á Igrexa de Santa Uxía, e que mañá será descuberto para disfrute dos veciños e visitantes.  

Como novidade, o concello vai contar cun segundo Belén municipal coa idea de que de forma itinerante percorra as distintas parroquias alleas á de Santa Uxía. Esta peregrinaxe terá carácter anual e, no Nadal de 2011, o Belén estará emprazado na parroquia de Aguiño. 

En canto á iluminación navideña, operarios da empresa da empresa adxudicataria desta actuación, Iluminacións Santiaguesas S.L., estiveron a colocar nos últimos quince días máis de 250 arcos distribuídos polas nove parroquias, ademais de báculos e outros moitos adornos festivos.  

Así e logo, todo está disposto para que mañá martes 6 de decembro, ás 19.15, se prenda como é tradición o alumeado de Nadal: un acto que contará coa presenza do alcalde Manuel Ruiz e da edil municipal de Cultura, Elvira Pisos, e terá lugar diante do Concello, ante a árbore de Nadal.

Pode que tamén lle interese:

O xogo é un dos dereitos do neno
Día da Infancia: acto o 9 de decembro no auditorio


  Exposición "Tremenda Fauna": dende o sábado 3 en O Faiado


Charla: o 10 de decembro, sobre Cunqueiro e Novoneyra no Ateneo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a Escola de Música organiza un concerto este martes 6 de decembro

  • Con motivo da clausura do II Curso de Trompa

Rianxo, 5 de decembro de 2011. Dentro das actividades do seu X Aniversario, a Escola de Música de Rianxo está a organizar durante os días 3, 4 e 6 de decembro o seu II Curso de Trompa, impartido nesta ocasión polo mestre Benjamín Iglesias Martínez (máis información no cartaz).


Asemade dende a Escola de Música de Rianxo convidan a todo o que se queira achegar ao Concerto Clausura do II Curso de Trompa:
  • CONCERTO CLAUSURA DO II CURSO DE TROMPA
  • MESTRE: Benjamín Iglesias Martínez
  • DÍA: martes 6 de decembro
  • HORA: 20.30 h
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical