20.3.10

Curiosidades: acabouse o refrán "cando as ras críen pelo"

Si, amiguiñ@s, aquí a tedes. É africana, e ten máis pelo que Don Limpio.
Se queredes buscar un gremlin destes, na Wikipedia divos onde viven: http://es.wikipedia.org/wiki/Trichobatrachus_robustus
Atopámola vía http://www.microsiervos.com

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: dúas tripulacións de "Vela para todos" de Ribeira participaron na primeira proba "Access" que se organiza en Galicia

    Ribeira, 20 de marzo de 2010. A pasada fin de semana, 13 e 14 de marzo, disputouse en aguas de A Coruña o I Campeonato Galego de Vela Adaptada organizado polo Real Club Náutico da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Deportes de Minusválidos Físicos (FGDMF) e a Delegación Territorial da ONCE en Galicia.

   No evento reuníronse participantes de varias clases diferentes de embarcacións  adaptadas (2.4mr, Access 303, Yatland 460 e Raquero Adaptado). O número de participantes foi de 30 personas pertencentes a 6 clubes galegos.

   Na modalidade Raquero a tripulación vencedora foi do RCN de la Coruña; Carmen Gómez, Marifé Álvarez e Curro Jiménez; en 2.4mr a victoria foi para o navegante do Club de Vela Escota de Vigo, Antonio Figueroa, en Access gañaron os regatistas do RCN da Coruña, Javier Mouriño e  David Rivera, e por último en Yatland 460 o vencedor foi Jesús Pombo, da Fundación María José Jove.

   A xornada do sábado presentouse chuviosa e desagradable, pero disputáronse varias mangas de clasificación. Para o domingo, o tempo deu un respiro e pudieron saír tódalas clases a competir, e aínda que en ocasións o vento subíu con intensidade, non houbo que reseñar incidentes importantes.

Dende o programa Vela para Todos de Ribeira, participaron na xornada do domingo dúas tripulacións,  Lisardo Calo e Domingo Ruíz,  e Carlos Fernández e Sergio Pouso, en sendos barcos Access 3.03. Destacaron os deportistas de Ribeira pola boa organización e o papel deportivo que conseguiron.

Esta é a primeira ocasión na que se organiza en Galicia unha proba deportiva en clase Access, unha embarcación de recoñecido prestixio internacional pola que o Programa Vela para Todos apostou dende o inicio, e que cada ano está a sumar novas incorporacións que van conformando unha pequena frota de barcos e deportistas en Galicia, unha das máis importantes de España nestes momentos.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: o PP denuncia que o Plan do Litoral afectaría gravemente a Bexo, Imo, Tallós e A Igrexa e que o goberno local non informa


Bexo e outros núcleos quedarían sen desenrolo urbanístico de aplicarse o Plan do Litoral, di o PP
    
Dodro, 20 de marzo de 2010
(Nota íntegra do PP). O Partido Popular de Dodro quere comunicar que despois de transcurrir máis de mes e medio dende a presentación do Plan do Litoral, o equipo de goberno aínda non tomou ningunha iniciativa ó respecto, o que na nosa opinión supón unha grave irresponsabilidade. Segundo puido comprobar o Partido Popular despois de varias consultas e reunións informales con representantes da Consellería de Medio Ambiente, nin o PSOE nin o BNG aportaron ningunha indicación sobre os prexuizos que podería causar  ós veciños de Dodro a aplicación do Plan do Litoral dacordo co documento exposto a través da web da Consellería. A aplicación sen modificacións do Plan do Litoral afectaría gravemente ós núcleos de Bexo, Imo, Tallós e A Igrexa, de tal xeito que deixaría a estes núcleos prácticamente sen posibilidades de desenrolo urbanístico. Neste senso, o Partido Popular quere recordar que no pleno do 17 de outubro de 2008, tal e como está recollido na acta, xa apuntou a necesidade de que o novo PXOM estivera consensuado coa Xunta de Galicia no que ó Plan do Litoral se refería, de forma que a afectación deste Plan non fora superior á afectación marcada polo deslinde de Costas.  Pero unha vez máis o PSOE-BNG fixeron oídos xordos con conseguinte prexuízo para os veciños. Visto o resultado,  é evidente que en ningún momento o equipo de goberno se preocupou de conquerir un consenso que evitase unha maior afectación de terrenos e propiedades impedindo a edificación de vivendas nos mesmos.

      Novamente, o equipo de goberno PSOE-BNG está a actuar de costas ós intereses dos veciños de Dodro. Resulta sorprendente que despois de dous anos que se iniciou o Plan do Litoral tanto o sr. Díaz, alcalde de Dodro, como o tenente-alcalde do BNG, sr. Franco non amosasen o máis mínimo interés pola afectación do Plan do Litoral ó Concello de Dodro, máis aínda cando este Plan foi realizado co goberno bipartito PSOE-BNG na Xunta de Galicia. De non ter perdido tanto tempo na modificación do PXOM que agora se pretende aprobar, a afectación do Plan do Litoral prácticamente sería nula, pero tendo en conta que o PXOM aínda non está aprobado definitivamente, a influencia do Plan do Litoral podería dar ó traste cos obxectivos de desenrolo urbanístico de Dodro.

      As posibles consecuencias non serían outras que modificar novamente o PXOM, co retraso que eso implicaría, e a imposibilidade de crecemento de núcleos importantes de Dodro. Unha vez máis ponse de manifesto que as consecuencias de non querer escoitar ó Partido Popular páganas os veciños.

Novos contedores

      Por outra banda, representantes da Delegación de Coruña da Xunta de Galicia poideron confirmar definitivamente o Partido Popular de Dodro, tras a reunión mantida en días pasados, que ó Concello de Dodro se lle asignarán 15 novos contedores de basura, o que supón un incremento notable sobre o inicialmente previsto e que foi obxecto da última reunión mantida na Delegación da Xunta de Galicia.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o sábado 27 de marzo no auditorio, Festival Folclórico Galego organizado polo Ballet folclórico boirense

Noia: un vídeo de hai 25 anos para "amigos de la nave del misterio" sobre a igrexa de Santa María A Nova

Non temos máis información que o visionado no vídeo. O audio córtase. Misteriosamente? (alguén lle taparía a boca a alguén, como pasa dende que o mundo é mundo, non?)

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Lousame: a banda de música abre canle en YouTube para ofrecer os seus concertos

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical