http://farm3.static.flickr.com/2770/4178818126_7fff8301d6.jpg A concentración será na Praza do Concello, que agora presenta este aspecto
(Nota do Bng ribeirense)
Concentración en solidariedade con Aminetu Haidar e pola autodeterminación do Sahara
Dia: venres, 18 de decembro
Lugar: Ribeira (Praza do Concello)
Hora : 19.00h
Aminatou Haidar, loitadora polos dereitos humanos e a autodeterminación do seu pobo, o Sahara Occidental, segue retida e en folga de fame no aeroporto canario de Lanzarote debido á negativa do goberno de Marrocos, que ocupa ilegalmente o seu país desde 1975, a permitir o seu regreso ao seu domicilio d’El Aaiun, negativa que conta coa colaboración cúmplice do goberno español malia infrinxir o Dereito Internacional que estabelece que ningunha persoa poderá ser privada arbitrariamente do dereito a entrar no seu proprio país. Non é a primeira vez que Aminatou Haidar, que xa estivera até 2006 detida no infame cárcere d’El Aaiun, sofre a represión do réxime marroquino.
A dignidade de Aminatou Haidar lémbranos a todos e todas a urxencia de procurar unha solución democrática á situación do pobo saharaui, solución que pasa polo exercicio do dereito de autodeterminación tal e como ten recoñecido a comunidade internacional, e a responsabilidade histórica do Estado español como antiga potencia colonial que, en 1975, abandonou o pobo saharaui e permitíu a ocupación do seu territorio. Lémbranos tamén que o Estado español debe exixir firmemente do Reino de Marrocos o respecto aos dereitos humanos e da legalidade internacional e, en particular, o fin da ocupación do Sáhara Ocidental e da represión sobre os seus habitantes.
Iniciativa Municipal en todos os concellos da Barbanza
O BNG presentou unha iniciativa municipal para instar á Xunta de Galiza a que demande do Goberno do Estado unha actuación eficaz para lograr o regreso de Aminatou Haidar ao Sáhara Occidental, exixindo de Marrocos o respecto dos dereitos humanos e da legalidade internacional e, en particular, o fin da ocupación do Sáhara Occidental e da represión sobre os seus habitantes así como a recoñecer oficialmente a República Árabe Saharaui e Democrática e ao Frente Polisario como únicos e lexítimos representantes do pobo saharaui.
Iniciativa Municipal:
http://bng-ribeira.org/domi/wp-content/uploads/2009/12/2009-12-17_aminatou_haidar.pdf