Así o decidiu o xurado do certame en reunión celebrada o pasado venres, que valorou os méritos acadados tanto por María Vilas (campioa de Europa júnior en 800 metros libres, subcampioa de 400 estilos e bronce europeo en 1500 libres) como polo equipo de taekwondo (subcampión de Europa de Clubs e campión de España).
Os do municipio acudirán a unha gala na que tamén serán premiados outras grandes deportistas da Comunidade Autónoma, como as medallistas olímpicas Tamara Echegoyen, Sofía Toro e Begona Fernández ou a xogadora de balonmán Begoña Fernández. Así mesmo, recoñecerase o labor, entre outros, do adestrador da selección galega de rugby Rogelio Sabio ou da xuíza de atletismo internacional Dolores Rojas.
No transcurso da gala, MUDEGA tamén realizará unha mención especial para as xogadoras do club Karbo de fútbol de A Coruña, que lograron cinco campionatos estatais e foron a base da primeira selección galega feminina, campioa de España no primeiro campionato estatal de seleccións territoriais.
Gala de Ribeira, este venres 8
Por outra parte, cabe recordar que tamén o Concello de Riveira está inmerso nos preparativos da súa propia Gala do Deporte, que terá lugar o próximo venres 8 de marzo. Nos próximos días darase conta dos candidatos a recibir as distincións nesta oitava edición.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia