17.3.11

Mar: réplica da conselleira de Mar aos conflictos abertos polas gaiolas de salmón e a paga das mariscadoras a pé

Rosa_quintana

Rosa Quintana: “O proxecto experimental das gaiolas de salmón pode crear máis de 300 postos de traballo na zona de Muros-Noia”.  A conselleira asegurou ás mariscadoras da Ría de Muros-Noia que disporán de análises cada dous meses sobre o impacto deste proxecto experimental.

Noia, 17 de marzo de 2011.- A conselleira do Mar, Rosa Quintana, asegurou que o proxecto experimental que se vai desenvolver en Muros-Noia é unha oportunidade para xerar emprego na zona. “ Se o proxecto sae adiante permitirá crear máis de 300 postos de traballo na comarca” dixo e reiterou que esta actividade non supón ningún problema para a compatibilización da actividade acuícola coa pesqueira e marisqueira.

A conselleira incidiu en que a Xunta persegue unha explotación da acuicultura responsable co medio ambiente tendo en conta que Galicia “necesita seguir sendo líder en acuicultura”, tal e como o recomenda a propia UE. A titular de Mar puxo como exemplo a Noruega e a Escocia, dous dos lugares máis importantes en materia de acuicultura e con características xeográficas e marítimas similares a Galicia e sostivo que “desenvolven estes lugares a súa actividade pesqueira convivindo con total normalidade”.

A conselleira reuniu hoxe a unhas 80 representantes do marisqueo a pé de Galicia para explicarlles de primeira man os motivos do traslado destas gaiolas dende a Ría de Arousa ao polígono de Muros-C, un polígono dedicado á acuicultura. Así, incidiu en que na ría arousana están ubicadas 2.500 bateas (o 68% de toda Galicia) “o que supón que está ao límite da súa capacidade de carga”. A conselleira tamén quixo deixar constancia de que o seu departamento actuou con absoluta transparencia con reunións co sector e coa elaboración de diversos estudos. Explicou que, tras manter contactos coas confrarías e as asociacións bateeiras da ría, a Xunta recabou informes externos do Clúster de Acuicultura e da Universidade de Vigo, “que avalan que o traslado non entraña ningún problema”. Non obstante, unha comisión de seguimento da que participará o sector analizará o impacto deste proxecto bimensualmente, que lle serán trasladados ao sector.
 

Paga extra
Outro dos asuntos que se abordou nesta reunión foi a supresión da paga extra das mariscadoras que se xubilaron sen ter cotizado o período mínimo que esixe a lei para cobrar unha pensión, unha axuda que cualificou de “inxusta” nun momento de paro desmesurado. Cabe lembrar que hai un grupo de mariscadoras que decidiron non cotizar, puidendo facelo, “e están a beneficiarse duns ingresos de 11.000 euros anuais co diñeiro de todos os galegos”. A Consellería entende que o sobresoldo que se viña pagando ata o de agora é un acto de discriminación positiva para este colectivo, xa que “os que cumpriron escrupulosamente a lei” teñen, na actualidade, uns ingresos medios de 7.700 euros.

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: os comuneiros de Xuño organizan a III Xornada de Divulgación do Monte Veciñal este sábado 19 de marzo

Porto do Son, 17 de marzo de 2011. En colaboración coa A.N.P.A do Colexio de Xuño vaise celebrar unha xornada cos nenos, co seguinte programa:

1.- Xuntanza no Adro da Iglesia (15:30 horas do sábado 19 de marzo de 2011)

2.- Plantación de castiñeiros e carballos no lugar de Guiandón, con presencia do garda forestal.

3.- Demostración do funcionamento da motobomba e a cuadrilla contraincendios.

4.- Visualización de documental e videos das anteriores xornadas.

5.- Merenda no Centro de interpretación das Lagoas de Xuño e Sampedro.


Necesario un sacho ou legón


Os comuneiros de Xuño agradecen a asistencia de todos os rapaces acampañados dos seus pais. Traian sacho que hai que plantar os carballos e castiñeiros.

Vía

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: xa se poden consultar os Anuarios de Barbantia na Rede

anuario_barbantia_2010.pdf Download this file

Colgamos o de 2010, para que o vexan en pantalla ou o descarguen. Non perdan de vista interesantísimos artigos, como o da represión educativa e cultural dende Padrón a Muros (con fotos antigas, de Carreira, ou na que sae o pai de Castelao) e outras publicacións que reflicten o que foi a historia destas bisbarras de Barbanza e Noia.

Poden consultalos todos aquí

Web de referencia
http://www.barbantia.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Museo Valle-Inclán continúa co seu programa de visitas didácticas

Dscf5440

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. Seguindo coa tempada de visitas de tipo didáctico iniciada neste 2011 a comenzos do mes de febreiro, o Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibiu o xoves día 17 de marzo a un novo grupo disposto a coñecer as terras do xenial escritor en castelán.
Este grupo tivo ocasión de pasear polos lugares máis emblemáticos da vila relacionados co recoñecido escritor, entre as que, por suposto, ademais de incluir o ascenso ao monte Curota para admirar a ría que tanta fonte de inspiración supuxo para Valle, non podía fallar a visita ás instalacións do Museo que leva o seu nome, onde a técnica Begoña Olveira Sanisidro, acompañou a mestres e alumnos durante o percorrido a través das distintas dependencias.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: inaugurada a sede da Policía Local, que tamén acubillará o Arquivo Municipal do Concello

Na nova sede foron invertidos un millón de euros, dos que máis de 350.000 foron aportados pola Xunta de Galicia e o resto polo Estado. O concello de Ribeira é un dos máis nutridos de Galicia en canto a policía, cunha plantilla de 25 axentes

Ribeira, 17 de marzo de 2011.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza, Alfonso Rueda fixo hoxe una visita institucional ao concello de Ribeira, onde acompañado polo seu rexedor, José Luis Torres Colomer inaugurou a nova sede da Policía Local da cidade.

Segundo palabras do conselleiro, a nova sede da Policía Local é unha sede moderna, funcional e adaptada, que se facía necesaria para un corpo como a Policía Local de Ribeira, que con 25 axentes é un dos máis importantes de Galicia. O novo edificio ten seis plantas, que albergarán ademais das dependencias policiais, o arquivo municipal.

Na nova sede foron invertidos un millón de euros, dos que máis de 350.000 foron aportados polas arcas da Xunta de Galicia. Rueda destacou que o investimento realizado no novo edificio non só vai permitir un mellor entorno de traballo e mellora das instalacións que repercute directamente nos axentes que alí traballan, senón que tamén vai beneficiar a todos os cidadáns no servizo que reciben diariamente..

Rueda lembrou que na nosa comunidade hai traballando máis de 2.600 axentes de policía local, "que moitas veces son o primeiro chanzo ao que acceden os cidadáns cando procuran seguridade. Os habitantes dos 130 concellos galegos que contan con Policía Local, coñecen de primeira man a importancia da labor destes axentes, que levan a cabo cada día relevantes actuacións que fan máis seguras as vidas dos cidadáns".

O ano pasado, grazas ao Fondo de Compensación Ambiental o concello de Ribeira recibiu dúas motos para o corpo da Policía Local. Ademais, no día de onte saíu publicado no Diario Oficial de Galicia a orde de axudas para convocar auxiliares de Policía Local no verán.

Rueda recalcou que dende a Xunta estase a apoiar ás Policías Locais xa que son un piar fundamental do noso estado de benestar. A Xunta está a manifestar o seu compromiso con feitos, xa que investir en Policía Local reverte directamente no beneficio dos cidadáns.

Relacionada:

Media_httpfarm5static_hliud

Promoción 2010 da Policía Infantil

Noutros blogs:

Louvan o sistema de policía infantil de Ribeira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o alcalde recibiu a alumnos estranxeiros do programa Comenius que pasaron uns días na vila

Boiro, 17 de marzo de 2011. Esta mañá tivo lugar unha recepción ofrecida polo Concello de Boiro a unha delegación de alumnos e profesores extranxeiros (italianos, portugueses, chipriotas, polacos), así como docentes e estudiantes do IES Praia Barraña, que participan no proxecto Comenius e que estiveron estes días de intercambio no municipio boirense. Tralos discursos, houbo unha entrega de agasallos institucionais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o venres 15 de abril, xornada sobre o cánabo, con información e debate


A xornada terá lugar na casa da cultura "Avilés de Taramancos". Ata 90 persoas
   
Noia, 17 de marzo de 2011. A concellería de Saúde de Noia organiza para o vindeiro mes de abril, o venres 15, unha xornada de reflexión e debate sobre o consumo de cánabo. Promove o Plan Comarcal de Prevención de Drogodendencias e colaboran os
concellos de Noia, Outes, Porto do Son, Lousame e Muros.

O programa desta xornada é o que segue:

9:00 – 9:30 Recollida de documentación.
9:30 – 10:00 Inauguración oficial.

Ponencias:

10:00 – 10:30. Situación actual do consumo de cánabo. Implicacións xurídicas. A cargo dun xuíz ou fiscal.


Flickr de prensa420

10:30 – 11:00 Visión dos consumidores de cánabo. Propietarios de Grow-Shop. Educador da Asociación Lazos Pro-Solidariedade.

11:00 – 11:15 Debate.

11:15 – 11:30 Descanso.

11:30 – 12:00 Repercusión do miudeo de cánabo no narcotráfico. Representante da Garda Civil.

12:00 – 12:30 Repercusións do consumo de cánabo a nivel individual e familiar.
Juan Luis González. Psicólogo. UAD Concello de Pontevedra.

12:30 – 13:00 Visión do consumo de cánabo desde punto de vista escolar. Orientadoras escolaresou  representantes de centros escolares.

13:30 – 14:00 Debate.

14:00 – 16:00 Descanso.

16:00 – 16:30 Como abordar o consumo dende a comunidade. Representante da Fundación Galega contra o Narcotráfico.

16:30 – 18:00 Grupos de traballo para a elaboración do documento: “Recomendacións ante o consumo de cánabo”.

18:00 – 18:15 Descanso.

18:15 – 19:00 Posta en común do documento e debate. Conclusións.
David Saavedra Pino. Técnico de Prevención de Drogodependencias Noia-Muros.
Fin da xornada.


Información e inscricións:

Plan Comarcal de Prevención de Drogodependencias Noia-Muros.
Tlf.: 609.82.31.34
infodrogas@gmail.com

Máis información:
http://prevenciondrogodependencias.blogspot.com/
http://www.facebook.com/pages/Sa%C3%BAde-Noia/136351633085066

Solicitado reconocimiento de interese sanitario pola Consellería de Sanidade.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: este venres 18, concerto de Desalojo, o último en Galicia por un tempo

<iframe src="http://player.vimeo.com/video/21014768" width="600" height="338" frameborder="0"></iframe>

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. Este venres 18, a banda de rock Desalojo, da Pobra, dará un concerto na sala Gran Vía. A entrada custa 4 euros en venta anticipada e cinco en taquilla. Os puntos de venta están en Olimpo e Carpe Diem. O concerto escomeza ás 22:30 e o grupo prevé presentar temas do seu primeiro disco. Aseguran que será o último concerto en Galicia durante unha tempada.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o PP deu unha charla coa súa versión sobre a nova Lei de Augas

Dscn8479

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. Este martes, día 15, nun auditorio do ISM totalmente abarrotado de xente, tivo lugar, por parte do Presidente de Augas de Galicia, Francisco Menéndez, a aclaración ás dúbidas que a Lei de Augas de Galicia suscitara en parte da poboación "e que os grupos políticos como o PSOE ou o BNG alentaran en diversos foros públicos", informan dende a alcaldía, do PP, da Pobra.

     Entre as afirmacións feitas polo Presidente de Augas de Galicia salientan as seguintes:

         1. A Lei de Augas non crea novos tributos, o que fai é cambiar de nome ao actual canon de saneamento que pasará a chamarse canon da auga.
         2. Os pozos particulares non pagarán canon da auga.
         3. Tamén quedan exentos do pagamento do canon os usos agrarios, gandeiros e forestais.
         4. As comunidades de usuarios terán un 90% de bonificación.
         5. A lei non obriga á instalación de contadores. Quen non dispoña deles poderá acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva.

     Posteriormente abriuse unha quenda de preguntas na cal "quedou claro que a Lei de Augas de Galicia non obrigará á instalación de contadores nin ao pago do canon por parte dos propietarios de pozos", reiteran dende o Partido Popular pobrense, que se une así á ofensiva mediática e publicitaria da Xunta de Galicia sobre esta controvertida lexislación.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: Xuventudes Socialistas da Pobra declárase antinuclear

Media_httpfarm5static_gfvkq

Flickr de alvaro tapia hidalgo

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011. O responsable da área de Medio Ambiente de Xuventudes Socialistas da Pobra, Manuel Gude, explicou hoxe en nota de prensa a posición desta formación sobre o actual debate sobre a enerxía nuclear, logo do que está a acontecer no Xapón.

Como é habitual en Certo, reproducimos íntegra a nota:

"Se por algo se caracteriza o ser humano é por aprender dos fallos e catástofres acontecidas. O desastre nuclear de Xapón debe servir de estímulo para cambiar un debate que leva moito tempo en discusión, entre defensores e detractores da enerxía nuclear.

Os defensores da enerxía nuclear quédanse sen argumentos para defender esta enerxía, aínda que non dubido en que estes non se van a agochar pese a que Merkel, a máxima defensora das nucleares en Europa, xunto con Francia, xa estea dando marcha atrás. Dicían que o risco dunha fusión no reactor nuclear era “cero”, xa que eran seguras. Unha vez máis a nai terra demostrou o contrario: que nunca hai risco cero.

Cando foi da catástrofe de Chernobil aprendeuse que unha central nuclear necesita dunha protección específica para evitar incidentes. Pensouse que esa coraza era indestrutible, pero esquecéronse que a natureza é a única que ten a última palabra.

Outro dos argumentos que poñían enriba da mesa era que coas nucleares non teríamos que depender doutros. Eu sempre me preguntei: onde temos nós minas de Uranio enriquecido?

 O problema de fondo desta catástrofe non son os millóns perdidos nunha infraestrutura carísima: son os danos as persoas e natureza. Íso é o máis importante de todo e parece que algunha vez esquecémonos  desto.

Para os defensores da nuclear que me poidan dicir que coas renovables non se pode vivir, eu dígolles que é mentira,  aínda que unicamente con renovables non poderíamos vivir co mesmo nível de vida hoxe en día debido o gasto enorme de electricidade na actualidade e debido tamén que aínda non hai tanta potencia instalada.

Apretar o cinto e aprender dos erros

Aquí entramos a xuventude, que nisto temos moito que dicir. Os próximos anos serán duros, xa que a realidade é que cada vez hai menos petróleo e este cada vez está máis caro. O que nos toca a todos é apretar o cinto no que se refire a aforro enerxético, aprender dos erros cometidos e non defender unha causa que trae consecuencias terribles  para a Humanidade". 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: a Consellería de Mar convoca dez permisos para mariscadoras a pé na confraría

Media_httpfarm5static_nrsvr

A Pobra do Caramiñal, 17 de marzo de 2011.- A Consellería do Mar outorgará 10 permisos de explotación para os mariscadores a pé da Confraría da Pobra do Caramiñal. Estes novos permisos súmanse aos 127 pérmex para mariscadores a pé vixentes nesta confraría. Cabe lembrar que a día de hoxe existen 9 vacantes e a Confraría poderá solicitar a súa cobertura ao longo deste ano.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos no Decreto 425/1993, do 17 de decembro, modificado polo Decreto 114/2007, de 31 de maio e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende hoxe. As solicitudes presentaranse no rexistro do Departamento Territorial da Consellería do Mar na Coruña ou en calquera rexistro público que teña convenio coa Xunta. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración.

Con estes 10 novos pérmex, o departamento que dirixe Rosa Quintana pón de manifesto a súa aposta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova, especialmente no contexto de crise económica actual. Cabe lembrar que, con estes 10 pérmex, no que levamos de ano a Consellería do Mar convocou 68 novos permisos de explotación para mariscadores e percebeiros a pé na provincia da Coruña. Todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socieconómicos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical