17.3.11

Ribeira: inaugurada a sede da Policía Local, que tamén acubillará o Arquivo Municipal do Concello

Na nova sede foron invertidos un millón de euros, dos que máis de 350.000 foron aportados pola Xunta de Galicia e o resto polo Estado. O concello de Ribeira é un dos máis nutridos de Galicia en canto a policía, cunha plantilla de 25 axentes

Ribeira, 17 de marzo de 2011.- O conselleiro de Presidencia, Administracións Pública e Xustiza, Alfonso Rueda fixo hoxe una visita institucional ao concello de Ribeira, onde acompañado polo seu rexedor, José Luis Torres Colomer inaugurou a nova sede da Policía Local da cidade.

Segundo palabras do conselleiro, a nova sede da Policía Local é unha sede moderna, funcional e adaptada, que se facía necesaria para un corpo como a Policía Local de Ribeira, que con 25 axentes é un dos máis importantes de Galicia. O novo edificio ten seis plantas, que albergarán ademais das dependencias policiais, o arquivo municipal.

Na nova sede foron invertidos un millón de euros, dos que máis de 350.000 foron aportados polas arcas da Xunta de Galicia. Rueda destacou que o investimento realizado no novo edificio non só vai permitir un mellor entorno de traballo e mellora das instalacións que repercute directamente nos axentes que alí traballan, senón que tamén vai beneficiar a todos os cidadáns no servizo que reciben diariamente..

Rueda lembrou que na nosa comunidade hai traballando máis de 2.600 axentes de policía local, "que moitas veces son o primeiro chanzo ao que acceden os cidadáns cando procuran seguridade. Os habitantes dos 130 concellos galegos que contan con Policía Local, coñecen de primeira man a importancia da labor destes axentes, que levan a cabo cada día relevantes actuacións que fan máis seguras as vidas dos cidadáns".

O ano pasado, grazas ao Fondo de Compensación Ambiental o concello de Ribeira recibiu dúas motos para o corpo da Policía Local. Ademais, no día de onte saíu publicado no Diario Oficial de Galicia a orde de axudas para convocar auxiliares de Policía Local no verán.

Rueda recalcou que dende a Xunta estase a apoiar ás Policías Locais xa que son un piar fundamental do noso estado de benestar. A Xunta está a manifestar o seu compromiso con feitos, xa que investir en Policía Local reverte directamente no beneficio dos cidadáns.

Relacionada:

Media_httpfarm5static_hliud

Promoción 2010 da Policía Infantil

Noutros blogs:

Louvan o sistema de policía infantil de Ribeira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical