Mostrando entradas con la etiqueta torneo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta torneo. Mostrar todas las entradas

7.1.13

Ribeira: o rianxeiro Marcos Saborido, o padronés Jesús Bustelo e o ribeirense Pablo Chouza gañaron os torneos de tenis de Nadal

Ribeira, 7 de xaneiro de 2013.- Na tarde do día de onte disputáronse no pavillón de Santa Uxía (Coroso) as finais dos Torneos de Tenis de Nadal de Riveira, organizados polo Concello coa colaboración da Asociación As Miñoteiras e o club Punta Salera.

Ás 16 horas comezou a primeira das finais, pertencente á categoría xúnior masculina, na que Marcos Saborido, de Rianxo, derrotou por 9 xogos a 5 ao boirense Adrián Cespón.

A continuación, o padronés Jesús  Bustelo venceu ao ribeirense Aitor Muñiz por idéntico resultado na final senior masculina.

Gustavo López e Jorge Oujo derrotaron a Jesús Bustelo e Javier Camino na final de dobres por 9-6.

E no último encontro da xornada, o ribeirense Pablo Chouza venceu ao seu compañeiro de club, o vigués Hugo Santorio, por 6-2 e 7-5 na final do Máster Social.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

13.12.12

Ribeira: programación deportiva e de aventura de Nadal

Interésalle tamén:

 

Ribeira,13 de decembro de 2012.- Logo de que fora presentada publicamente a programación que para este Nadal organizou o Concello de Ribeira a través das Concellerías de Cultura e Comercio, chega a ocasión de expoñer o calendario de eventos postos en marcha dende as áreas de Xuventude e Deportes, e que están a orientados a un público basicamente de carácter xuvenil e infantil.

Media_httpfarm9static_ieapb

Os edís Aroa Fernández e Juan Luis Martínez foron os encargados de debullar estas actividades, que están divididas en dúas clases, segundo teñan carácter competitivo ou ben sexan de índole máis participativa.

Torneos

  • Trofeo Unicef de Fútbol Sala: Terá lugar os días 27 e 28 de decembro no polideportivo de A Fieiteira en horario de tarde, nas categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

 

  • 3x3 de Baloncesto: Celebrarase o día 29 de novembro no polideportivo de Santa Uxía (Coroso) entre as 17 e as 21 horas. Destinado ás categorías infantil, cadete e xuvenil.

 

  • Torneo de Fútbol 11 Residencial Mirador de Padín: Desenvolverase nos días 29 e 30 de decembro no campo de herba sintético de A Fieiteira, a partir das 9.30 horas. Dirixido ás modalidades cadete e xuvenil.

 

  • Torneo de Xadrez de Reis: Acontecerá o 4 de xaneiro na Casa da Xuventude, de 10 a 13 horas. Orientado ás categorías prebenxamín, benxamín, alevín e infantil.

 

  • Trofeos de Tenis: Que xa se iniciou e se prolongará ata o 4 de febreiro, coas finais que se disputarán no polideportivo de A Fieiteira. No torneo de dobres están inscritas doce parellas e no individual, 39 tenistas. Categoría absoluta.

 

  • Carreira Popular de Nadal: Carreira pedestre destinada ás categorías base que se celebrará o día 5 de xaneiro, con saída e chegada nas inmediacións do poliderportivo de Santa Uxía (Coroso).

Actividades deportivas ou de aventura

  • Minicampus de Baloncesto: Destinado a nenos e nenas de 6 a 12 anos que queiran iniciarse no mundo do baloncesto. Terá lugar o día 22 de decembro, no polideportivo de Santa Uxía, de 16.30 a 20.30 horas.
  • Campamento Deportivo: Actividades predeportivas e de recreación para ocupar o tempo de lecer dos nenos de 5 a 11 anos durante o tempo de lecer. Terá lugar os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro no Complexo de A Fieiteira, en horario de 10 a 13 horas.
  • Puenting: actividade de aventura que se celebra todos os 31 de decembro en Ponte Ceilán (estrada Noia-Outes). O particular San Silvestre do Concello de Riveira. Dirixida a maiores de idade.
  • Patinaxe sobre xeo e parque de ocio: Viaxe en autobús a Pontevedra a patinar sobre xeo, disfrutar do seu parque de ocio e pasar o día pola cidade. Orientado a rapaces de 8 a 15 anos. Será o 2 de xaneiro con saída pola mañá da estación de autobuses e regreso a última hora da tarde.
  • Partido Deportivo de A Coruña Málaga: Viaxe en autobús o día 6 de xaneiro para presenciar este partido de Primeira División na cidade herculina. Destinado a xóvenes de 10 a 17 anos.

Para máis información e inscricións, cómpre poñerse en contacto coa oficina da Concellería de Deportes en A Fieteira (teléfono 981 873 646; email deportes@riveira.com) ou coa Casa da Xuventude (teléfono 981 835 289; email xuventude@riveira.com).

Dende as concellerías de Xuventude e Deportes quixeron agradecer a colaboración recibida de entidades como Unicef, Club Baloncesto Riveira, Asociación As Miñoteiras, Club Atletismo Santa Uxía ou o Club de Xadrez do Círculo Mercantil.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

11.12.12

Ribeira: Cáritas agradece a contribución de 1.100€ no I Torneo Cáritas Parroquial de Aguiño

Campaña Institucional de Cáritas  

“Vive sinxelamente para que outros, sinxelamente, poidan vivir”

  • Este é o lema da nova campaña de sensibilización de Cáritas que apela ao noso compromiso persoal e social, como membros dunha mesma comunidade global, a familia humana, que non debe permitir que tres cuartas partes vivan na pobreza mentras que a outra parte vive na opulencia.

 

Ribeira, 11 de decembro de 2012. CÁRITAS PARROQUIAL DE AGUIÑO desexa facer público o seu agradecemento ás seguintes entidades colaboradoras co I Torneo Cáritas Parroquial de Aguiño: S.D. Xuventú Aguiño, Concello de Riveira, Deportes Estévez, Podium Sport, Deprtes Carlos Miguel, Frinsa, Aliprox Aguiño, Floristería Mimos, Florería Bonsai, Electrodomésticos Ruiz, Peluquería Ángela, Peluquería Manola e Pescados Ouviña; cunha mención especial para os árbitros que participaron no evento deportivo-benéfico.

Agradecemento que quer facer extensivo a tódalas persoas asistentes ao certame disputado no Campo Municipal da Tasca, durante a xornada do pasado día 6, e a mañá do domingo día 9, e que contribuíron co seu donativo a realizar una recadación de mil cen euros (1.100 €), destinados a atender e paliar as necesidades e realidades de pobreza da parroquia.

Reseñar que o equipo Campión en categoría Prebenxamín foi o Puebla, F.C.; en categoría Benxamín foi o S.D.V. Cabo de Cruz, e en categoría Alevín foi a S.D. Xuventú Aguiño B.

Gracias tamén, como non, aos clubes que participaron:

PORTO DO SON, XUVENTÚ AGUIÑO, ATL. RIVEIRA, CARREIRA C.F., SALVORA C.F., S.D.V. CABO DE CRUZ, PUEBLA F.C., ABANQUEIRO S.D., S.H. PALMEIRA, XUÑO S.D., unha aperta especial para todos eles.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

10.10.12

Cultura: Celia Parra gañou o primeiro torneo do Slam Poético Arousa

Rianxo, 10 de outubro de 2012. O Slam Poético Arousa que organiza a actriz e poeta rianxeira Esther F. Carrodeguas comezou o 5 de outubro no Curral do Marqués en Taragoña e a primeira gañadora foi a poeta ourensá Celia Parra.

Competiron contra ela os vates Silvia Penas e Pedro Campos, ademais de membros da compañía de teatro Airiños, á cal pertence Carrodeguas.

Como finalistas, por votación do público, quedaron Mercedes Pimentel, de Airiños, Hadriana Ordóñez, concelleira de Cultura de Rianxo e Celia Parra, que se ergueu como gañadora na fin da noite poética. Recibirá como premio unha cea mariñeira para dúas persoas, cortesía do Curral do Marqués.

Agora Parra pasa á final autonómica, que será na Illa da Arousa.

Non sabe quen é Celia Parra?

Nesta entrevista en Galicia Confidencial pode facerse unha idea.

E quen é Esther F. Carrodeguas?

Óscar Reboiras entrevistouna no seu interesante blog Fotos de Rianxo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

20.7.12

Ribeira: o mércores 25 de xullo, campionato galego de traíñas en Aguiño

  •  Homenaxearán a Ramón Sánchez, remeiro retirado da parroquia aguiñense, antes de dar inicio á competición

 

Ribeira, 20 de xullo de 2012.- O porto de Aguiño é o escenario elixido este ano para celebrar este 25 de xullo, a partir das 12 do mediodía, o XXIX Campionato Galego de Traíñas. O evento está organizado pola Federación Galega de Remo (FEGAR) e conta coa colaboración do Concello de Ribeira e a Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño.

 

Para falar dos pormenores da proba, da que sairá a representación galega no Campionato de España da Federación Española que terá lugar en Castro Urdiales (Cantabria) o 4 e 5 de agosto,  déronse cita no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; o patrón maior de Aguiño, José Manuel Oujo; e o vicepresidente primeiro da Federación Galega de Remo, José Manuel Seijas.

Dúas tandas

Hai inscritos un total de oito traíñas divididos en dúas tandas. A clasificación xeral establecerase por tempos.

 

Na primeira tanda competirán en principio Cabo de Cruz, Vilaxoan, Mecos e Regatas Perillo (cabe a posibilidade de que este sexa substituído por Pobra). Por outro lado, a tanda de honor inclúe aos grandes favoritos e estará formada por Chapela, Amegrove, Samertolameu de Meira e Tirán, que é o único representante galego na liga ACT.  Polo que respecta á competición veteranos serán, mediranse Cabo de Cruz, Tirán e Samertolameu.

O edil de Deportes de Ribeira, Juan Luis Martínez Queiruga, salientou a importancia de que o campionato se desenvolvese en Aguiño e dixo ser “o primeiro paso para pór en marcha esta actividade a nivel non estacionario e que Ribeira recobre a súa condición de referente neste deporte”.

Ofrenda floral e Salve Mariñeira

Ademais, informou de que antes do comezo do campionato, ás 11.45 horas, a Coral de Ribeira entoará a Salve Mariñeira en honor aos pescadores falecidos e ofrecerase unha coroa que se arroxará ao mar e na cal estará presente o alcalde do Concello. Acto seguido, realizarase unha homenaxe ao remeiro retirado, Ramón Sánchez, natural de Aguiño, que estivo en clubs tan importantes como o de Pobra e o de Cabo de Cruz.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical