17.3.10

Rianxo: Xosé Comoxo e Xesús Santos únense tamén nun blog para partillar anacos de historia

A historia de Galicia non se podería entender sen a historia de Rianxo. Non coñeciamos este blog de dous rianxeiros que tanto teñen colaborado en libros...
http://rianxeiros.blogspot.com/

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Mar: Gaspar a toda velocidade cos barcos amarreiros de Vigo

Ribeira: o Bng pide melloras e máis actividades culturais na biblioteca municipal

 

Ribeira, 17 de marzo de 2010. O BNG presentou unha iniciativa municipal pola que solicita unha serie de melloras na biblioteca municipal, tales como: a eliminación do depósito de 3 euros no préstamo a domicilio, dotación orzamentaria para o incremento e actualización de fondos, así como, para a dotación de mobiliario.

Tamén demanda que se organicen regularmente actividades culturais de animación, fomento da lectura e promoción do uso das instalacións, así como a elaboración dun Regulamento de funcionamento da Biblioteca "acaído".

A Biblioteca Municipal é un servizo público e de existencia obrigatoria especificada na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, explican os nacionalistas. "É unha institución que ten como finalidade facilitarlle á cidadanía o exercicio do dereito á cultura e á información, polo tanto deben ofrecer posibilidades para a dinamización, potenciación e democratización da cultura. En este sentido son múltiples as actividades que tería que desenvolver para que funcionara como un verdadeiro centro de cultura que fomente non só a lectura e a escritura senón outro tipo de actividades dos diferentes eidos da cultura".

"O principio de democratización da cultura anúlase ó ter que depositar 3 euros para realizar o préstamo á domicilio dun libro: nos tempos de crise que vivimos supón un desembolso importante e innecesario para moitas familias", argúen. Os fondos da Biblioteca aproxímanse ós 15.000 títulos, "cifra pequena para unha biblioteca dun concello como o noso, e agravado pola temporalidade dos mesmos: as distintas seccións non están suficientemente actualizadas procedendo o groso do depósito dos anos 70 e 80". Ademais, aconsellan que a sala de lectura mellore a súa distribución de espazos e que o mobiliario, sobre todo na sección infantil, se adecúe con estantes axeitados e que lle permitan o acceso ás nenas e nenos.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o Liceo Marítimo programa un baile o domingo 21 para celebrar o Día do Pai

Ribeira, 17 de marzo de 2010. O próximo domingo, 21 de marzo, vai ter lugar un baile para celebrar o Día do Pai no Liceo Marítimo de Ribeira, que preside José Gude. Actuará a orquestra Odisea, a partires das nove da noite.


José Gude

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: con freixos, pradairos e carballos repoboaron Os Regueiros

.

Gozoso día para realizar traballos silvícolas en prol da comunidade. Desta volta plantáronse freixos (Fraxinus excelsior) e pradairos (Acer pseudoplatanus) a ambas marxes do río noval no lugar de Os Regueiros, en Basoñas. Ademais, os castiñeiros que non sobreviviron da plantación de 2008, mais os afectados con chancro, repuxéronse con carballos (Quercus robur).

Hai que destacar a escasa participación da veciñanza de Muro. Quizais, facendo autocrítica, non soubemos publicitala actividade axeitadamente… porque magoa pensar que o algúns cremos beneficioso para todos/as, a outros lles resulte indiferente.

E non lles fixo falta que fose o Día Internacional de nada: só amor polo seus montes e cariño pola natureza. Láianse de que foron poucos, pero oxalá houbese moitos poucos así!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o Día da Muller Traballadora celébrase este xoves 18 de marzo

(Vía Portelo) O próximo xoves día 18 de marzo ás 19:00 terá lugar no Auditorio Municipal o acto conmemorativo do Día Internancional da Muller, promovido pola Area de Servizos Sociais do Concello de Rianxo.

19 horas: Presentación oficial da Xornada que incluirá os seguintes actos:

  • Homenaxe a tódalas mulleres a través da lectura do texto por parte da Concelleira.
  • Entrega de premios do Concurso de Cartas "A Muller máis importante da miña vida” e lectura das cartas por parte dos premiados.
  • Acto Musical do cantautor Xoán Curiel.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: 24 árbores plantadas no parque de Corrubedo para festexar o Día da Árbore

336 alumnos de 11 centros escolares do concello de Ribeira participaron na plantación de 24 árbores e levaron para plantar  na casa outras 800 autóctonas


Ribeira, 17 de marzo de 2010.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, participou esta mañá na celebración do Día Forestal Mundial, que se conmemora o vindeiro domingo 21 de marzo. O acto, celebrado no Parque de Corrubedo, enmárcase dentro das actividades programadas na provincia pola Consellería de Medio Rural na denominada Semana Forestal de Galicia.

A plantación incluiu 24 árbores, 20 castiñeiros e 4 frondosas autóctonas, no Parque Natural. A xornada, na que participaron 336 alumnos e 27 profesores de 11 centros escolares do concello, comezou cunha charla no salón de actos do Centro de Recepción de Visitantes do Parque. Alí entregouse material divulgativo do Parque Natural entre o profesorado así como outros regalos para os nenos, cadernos de notas, marcadores de lectura en papel reciclado, lapis de cores e un cómic relativo ao día da árbore.

O obxectivo desta iniciativa e promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal en Galicia, “ademais de festexar este día queremos que os máis pequenos coñezan os beneficios que ten para o home a conservación das árbores”, explicou Calvo.

A xornada continuou con distintas actividades e xogos de educación ambiental ademais dun xantar no que tamén participaron 5 asociacións da Terceira Idade de Ribeira. Ao final deste día de concienciación ambiental cada un dos asistentes recibiu unha planta. En total repartíronse preto de 900 árbores pequenas (frondosas e castiñeiros)

No acto o responsable do Goberno galego na provincia estivo acompañado polo alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, e o xefe territorial de Medio Rural, Enrique Salvador

Unha nova que lles adiantamos aquí, coa historia da Festa da Árbore, que ten tamén raigames galegas:

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: xa lle deron o visto bo ás novas instalacións do colexio de Cespón

O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou o novo aulario de infantil no que a Xunta investiu máis de 200 mil euros


Boiro, 17 de marzo de 2010.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá o CEIP Cespón, no que a Xunta investiu máis de 200 mil euros nas obras de construción de 3 aulas de infantil. Ao acto tamén asistiron o alcalde de Boiro, Xosé Deira, así como outros membros da corporación local, e a xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde.

Onte efectuouse o traslado dos alumnos e profesores das tres escolas unitarias nas que estaban repartidos. Así, son 33 os alumnos de educación infantil que xa poden utilizar as novas instalacións. (4 alumnos da Escola de Vilariño, 23 da unitaria Sar-Campo Roque e 6 da Escola de Ferreiros). En setembro está prevista a incorporación ao CEIP Cespón doutros 13 alumnos de Ferreiros, co que xa quedaría completada a unificación das tres escolas unitarias no colexio.

Calvo recordou “a necesidade que existía neste concello de acondicionar un espazo para dar resposta as necesidades dos máis pequenos e que estes poidan desenvolver as súas actividades nas mellores condicións”.

Así a Xunta acondicionou a planta semisoto e parte da superficie que ata o de agora se utilizaba como patio cuberto. Ademais das tres aulas perfectamente acondicionadas, habilitouse unha sala de profesores e construíronse novos aseos. Toda a nova zona da ao patio exterior no que tamén se fixo un soportal cuberto e unha zona de xogos para este novos alumnos de educación infantil.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Mar: o golfiño Gaspar liouna en Porto do Son

No porto de Porto do Son protagonizou unha complexa situación pois deixou a unha chalana sen remos nunhas pedras xa que os colleu desapercibidos tirándolle os remos ao mar. A cousa non foi a maiores aínda que enterouse toda a xerarquía de Portos de Galicia.


Entre o Cemma e o Gremmar (esta foto é deles, no porto de Ribeira a primeiros deste mes de marzo), non paramos de recibir novas sobre o golfiño máis famoso que fai turismo nas augas de Galicia...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o instituto Coroso celebra do 22 ao 25 de marzo a súa II Semana da Ciencia

II Semana da Ciencia do I.E.S. Coroso


 

Ribeira, 17 de marzo de 2010. O I.E.S. Coroso de Ribeira informa a toda a comunidade educativa e a toda a sociedade do Barbanza da celebración da 2ª Semana da Ciencia. Do 22 ó 25 de marzo realizaranse actividades tanto para E.S.O. e Bacharelato como para Ciclos. Dende a análise dos espazos protexidos do noso litoral, o problema climático e proxección de películas de divulgación sobre a labor científica, ata conferencias sobre superconductividade, o acelerador de partículas e prácticas de aplicación de coñecementos técnicos. Organizadores e alumnado colaborador orientarán a visita de pais e representantes de medios e concello.


 

CONFERENCIANTES:

 

Coa presenza dos conferenciantes Dna Sonia Vázquez Blanco, bióloga e educadora ambiental da Consellería de Medio Ambiente, D. Ramón Cid Manzano, catedrático de física e química e profesor asociado da Universidade de Santiago en Didáctica das Ciencias Experimentais, D. Jesús Mosquera Rey, doutor en Ciencias Físicas e profesor de Física do Estado Sólido na Facultade de Física, e D. Miguel Rodríguez Sanmartín, Licenciado en Física e profesor de Máquinas Frigoríficas, Instalacións Eléctricas e Seguridade nas Instalacións Térmicas.

 

 

PROGRAMACIÓN SEMANAL:

 

O luns 22 abre a semana a conferencia do profesor Miguel Sanmartín sobre cambios de estado físico, seguido dun experimento que se proseguirá día a día co alumnado. Ademáis recibiremos a visita da educadora ambiental Sonia Vázquez Blanco, quen nos informará da riqueza biolóxica dos espazos protexidos do noso litoral.


Acelerador do Cern, na Wikipedia


O martes, o D. Ramón Cid Manzano exporá os experimentos cruciais que se realizan no acelerador de partículas europeo en Laussane, Suiza, para desentranar a natureza da materia. Proxectarase despóis o filme October Sky, baseado no espertar á curiosidade intelectual e primeiros experimentos de Homer Hickam, científico da NASA.



O mércores, o propio alumnado, asesorado e formado por persoal do Proxecto de Educación Ambiental “Climántica da Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible, son os protagonistas ao preparar un taller no que amosarán aos seus compañeiros os efectos do cambio climático. Ás 10.40 dará comezo a conferencia de Jesús Mosquera Rey sobre as propiedades da superconductividade en distintos materiais e a súa aplicación ás novas tecnoloxías.


   O xoves, xunto co remate do experimento de Miguel Rodríguez Sanmartín, pecharanse asimesmo as xornadas coa proxección do capítulo ‘Ceo e Inferno’ da serie de divulgación científica Cosmos, onde o visionario Carl Sagan adiantaba as posibles catástrofes ambientais no planeta.

 

CRONOGRAMA:

 

LUNS 22

 

ACTIVIDADE

 

9.00-9.50

Conferencia Sanmartín

 

ABERTO Á PRENSA

10:00-11:30

“O noso litoral”

ABERTO Á PRENSA

 

 

 

MARTES 23

 

ACTIVIDADE

 

10:40-11:30

Conferencia:LHC, O maior experimento da historia

ABERTO Á PRENSA

 

 

 

MÉRCORES 24

 

ACTIVIDADE

PROFESORADO SEMANA CIENCIA

9.00-9.50

Stand Climántica

 

9.50-10.40

Stand Climántica

ABERTO Á  PRENSA

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: instan á concesionaria da autovía a eliminar ponte e talude fóra de uso no Laxido


O BNG de Rianxo demanda obras no vial do Laxido a Asados por parte da concesionaria da autovía barbanzá

   Rianxo, 17 de marzo de 2010. (Nota íntegra do Bng) Pasado xa máis dun ano da posta en funcionamento da autovía do Barbanza son moitas aínda as actuacións pendentes por parte da concesionaria. É por iso que mediante unha iniciativa plenaria o BNG rianxeiro quere que o executivo esixa a inmediata actuación na zona do Laxido-Barral para eliminar unha ponte fora de uso, o amaño xeral e acondicionamento da zona e a recollida de diferente material plástico de sinalización e de restos de material de obra ciscado polas inmediacións creando unha imaxe de abandono e provisonalidade neste lugar que debe atallarse.

   No que atinxe á ponte inutilizada sinalada, salva un talude que quedou fóra de uso coas obras do novo trazado e hoxe obriga aos veciños a dar un xiro de 90 graos na estrada atravesando dous túneles seguidos, con escasa visibilidade entre eles, nun vial que comunica o Barral con Asados a nova zona deportiva en Vilas e mesmo a capela de San Pedro. Cremos se debe esixir un proxecto que a elimine a ponte e boa parte do talude e repoña os diferentes viais melllorando esta contorna.

    Esta actuación formaría parte dunha obra máis ampla de recuperación ambiental dos tramos que quedaron fora de uso ao variar o trazado da autovía con respecto á antiga vía rápida. Unha tarefa parcialmente iniciada pero que camiña con exasperante lentitude moitas veces a golpe de reclamación veciñal.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arqueoloxía: mámoas en Galicia e tamén en Corea

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical