336 alumnos de 11 centros escolares do concello de Ribeira participaron na plantación de 24 árbores e levaron para plantar na casa outras 800 autóctonas
Ribeira, 17 de marzo de 2010.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, participou esta mañá na celebración do Día Forestal Mundial, que se conmemora o vindeiro domingo 21 de marzo. O acto, celebrado no Parque de Corrubedo, enmárcase dentro das actividades programadas na provincia pola Consellería de Medio Rural na denominada Semana Forestal de Galicia. A plantación incluiu 24 árbores, 20 castiñeiros e 4 frondosas autóctonas, no Parque Natural. A xornada, na que participaron 336 alumnos e 27 profesores de 11 centros escolares do concello, comezou cunha charla no salón de actos do Centro de Recepción de Visitantes do Parque. Alí entregouse material divulgativo do Parque Natural entre o profesorado así como outros regalos para os nenos, cadernos de notas, marcadores de lectura en papel reciclado, lapis de cores e un cómic relativo ao día da árbore. O obxectivo desta iniciativa e promover a concienciación social sobre a importancia ambiental e económica do sector forestal en Galicia, “ademais de festexar este día queremos que os máis pequenos coñezan os beneficios que ten para o home a conservación das árbores”, explicou Calvo. A xornada continuou con distintas actividades e xogos de educación ambiental ademais dun xantar no que tamén participaron 5 asociacións da Terceira Idade de Ribeira. Ao final deste día de concienciación ambiental cada un dos asistentes recibiu unha planta. En total repartíronse preto de 900 árbores pequenas (frondosas e castiñeiros) No acto o responsable do Goberno galego na provincia estivo acompañado polo alcalde de Ribeira, José Luis Torres Colomer, e o xefe territorial de Medio Rural, Enrique SalvadorUnha nova que lles adiantamos aquí, coa historia da Festa da Árbore, que ten tamén raigames galegas:
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario