O delegado territorial da Xunta na Coruña visitou o novo aulario de infantil no que a Xunta investiu máis de 200 mil euros
Boiro, 17 de marzo de 2010.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, visitou esta mañá o CEIP Cespón, no que a Xunta investiu máis de 200 mil euros nas obras de construción de 3 aulas de infantil. Ao acto tamén asistiron o alcalde de Boiro, Xosé Deira, así como outros membros da corporación local, e a xefa territorial de Educación, Teresa Villaverde. Onte efectuouse o traslado dos alumnos e profesores das tres escolas unitarias nas que estaban repartidos. Así, son 33 os alumnos de educación infantil que xa poden utilizar as novas instalacións. (4 alumnos da Escola de Vilariño, 23 da unitaria Sar-Campo Roque e 6 da Escola de Ferreiros). En setembro está prevista a incorporación ao CEIP Cespón doutros 13 alumnos de Ferreiros, co que xa quedaría completada a unificación das tres escolas unitarias no colexio. Calvo recordou “a necesidade que existía neste concello de acondicionar un espazo para dar resposta as necesidades dos máis pequenos e que estes poidan desenvolver as súas actividades nas mellores condicións”. Así a Xunta acondicionou a planta semisoto e parte da superficie que ata o de agora se utilizaba como patio cuberto. Ademais das tres aulas perfectamente acondicionadas, habilitouse unha sala de profesores e construíronse novos aseos. Toda a nova zona da ao patio exterior no que tamén se fixo un soportal cuberto e unha zona de xogos para este novos alumnos de educación infantil.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario