Este sabado ás 17h Cabalgata de Reis en Dodro moourl.com/xb0cz
— Marisol Boga Grela (@marijoaq2) January 2, 2013
Este venres Contacontos e o Carteiro Real ás 18h na Paxareira para todos os nenos/as de Dodro.
— Marisol Boga Grela (@marijoaq2) January 2, 2013
Dodro, 3 de xaneiro de 2013. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro organizou por segundo ano consecutivo a campaña solidaria de Recollida de Xoguetes. A recollida de todo tipo de xoguetes en bo estado e uso rematou o 15 de decembro cunha gran participación dos veciños de Dodro que, en verbas da tenente de alcalde, Marisol Boga, "neste tipo de campañas demostran a súa solidariedade".
Cun grupo de voluntarias/os do Concello, levouse a cabo a selección, limpeza e empaquetado dos xoguetes que se repartirán hoxe á familias do Concello. Un total de 31 nenos/as do concello son os beneficiarios deste programa. "Grazas a el estes nenos/as despertarán a maña de Reis cunha chea de agasallos debaixo da árbore", asegurou a responsable política do PP en Dodro.
Relacionada:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia