28.6.12

A Pobra: este venres 29, "Cuentos revueltos" e "Vaia maraña", no Teatro Elma

Teatro_2012

A Pobra, 28 de xuño de 2012. Mañá, venres 29, no Teatro Elma, ás 20,30 horas, terá lugar a II Mostra de Teatro Infantil "Liceo Pueblense". Baixo a direción de Segundo Durán "Chiki", o grupo infantil de teatro do Liceo porá en escea "Cuentos revueltos" e a continuación, o grupo infantil de teatro de Ribeira, actuará para representar "Vaia maraña".

Máis info en
ww.liceopueblense.org




Antes, en Certo:




 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: "Falaredes" dinamizará o galego na bisbarra esta fin de semana

Falaredes_boiro

  • O Secretario xeral de Política Lingüística deu a coñecer en Boiro o programa de actividades da Consellería de Cultura e Educación, acompañado polos alcaldes dos catro concellos que conforman a mancomunidade barbancesa

  • A Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte é unha das entidades supramunicipais que integran a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia

Boiro, 28 de xuño de 2012.- A consellería dirixida por Xesús Vázquez Abad presentou hoxe en Boiro o programa de actividades “FalaRedes”, destinado aos concellos da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta (RDL) de Galicia. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, compareceu en rolda de prensa acompañado polo alcalde de Ribeira e presidente da Mancomunidade Ría de Arousa-Zona Norte, Manuel Ruíz Rivas; de Juan José Dieste, alcalde de Boiro; de Isaac V. Maceiras, alcalde da Pobra do Caramiñal e de Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo.

Ao acto, que tivo lugar na Sala de Xuntas da Casa do Concello, tamén asistiron Montserrat Iglesias, xerenta da Mancomunidade e representante técnica desta entidade na RDL, e Xoán Mariño, responsable da empresa xestora da actividade “Galego de cine”, Mr Misto Filmes, que levará a Rianxo e a Ribeira a “caravana da lingua” esta fin de semana.

Durante a presentación, o secretario xeral salientou que “a RDL ve cumprido na aposta desta mancomunidade por sumarse ao proxecto posto en marcha polo Goberno galego un dos obxectivos principais polos que foi creada: o de transpasar os límites fronteirizos e políticos de diferentes administracións para levar a cabo accións de promoción social do idioma de maneira conxunta, coordinada, colaborativa e cooperativa”. “A RDL conta xa con máis de 120 entidades adheridas, entre concellos, deputacións, mancomunidades, consorcios, fundacións, escolas profesionais e outras. Desde ela encetamos unha nova etapa centrada nun proxecto global e planificado dirixido a estender a dinamización do galego por todo o territorio”.

Na reunión previa á comparecencia, o secretario xeral tivo ocasión de compartir cos catro alcaldes as diferentes accións dinamizadoras que se están a desenvolver en cadanseu concello, así como as iniciativas impulsadas conxuntamente desde a mancomunidade para fomentar o uso da lingua desde o ámbito turístico.

‘FalaRedes’ chega á Barbanza esta fin de semana
García Gómez tamén anunciou que o programa de actividades da Consellería de Cultura e Educación para a RDL, coordinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, chegará a Rianxo este sábado, no marco da participación da mancomunidade barbancesa na Rede, e tamén a Ribeira, que pertence dobremente a ela, tanto a través da súa participación na Mancomunidade como de maneira independente. Tal é o caso de Boiro, que é, canda Ribeira, membro fundador do proxecto.

En palabras do secretario xeral “a cativada rianxeira e ribeirense será estes días a anfitrioa e poderá gozar dunha sesión de cinema na sala itinerante de “FalaRedes” e ata coñecer as técnicas cinematográficas para crear unha historia conxunta que despois estará accesible na rede”.

A lingua galega viaxa en caravana
“Galego de Cine” é a actividade que “FalaRedes” destina ao público infantil, e coa que o departamento dirixido por Vázquez Abad pretende achegarlle o cinema en galego aos máis novos. A novidade: a sala de proxeccións, que non é outra que unha pequena caravana remodelada para acoller a unha vintena de cativos.

Dende o comezo, os participantes poderán escoller a orde de visionado dos filmes nunha carteleira con máis dunha ducia de películas. Despois de ver boa parte delas, os pequenos farán unha serie de dinámicas de comprensión da linguaxe audiovisual co “revisor das palabras”, e rematarán dando o salto á grande pantalla participando nun videomatón. Cada un dos cativos deberá ir pasando por diante dunha cámara de vídeo improvisando unha frase, da que finalmente sairá un conto. Para fomentar o uso das novas tecnoloxías en galego, as curtas creadas polos rapaces colgaranse na web www.galegodecine.org . En decembro, ao remate do programa, farase reconto dos votos de cada un deles e os compoñentes do grupo gañador recibirán como agasallo o libro e DVD do Soldadiño de Chumbo.

Así, a “caravana da lingua” aparcará o sábado pola mañá na avenida do malecón, en Ribeira, a partir das 11:00 horas, e en Rianxo, na Praza de Castelao, en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Dende que botou a andar o programa ‘FalaRedes’ no mes de marzo, outra das actividades de “FalaRedes” –“Titerehop””- xa fixo parada en Boiro e en Ribeira. Os adolescentes barbanzáns terán de novo ocasión de compoñer as súas propias cancións de hip hop e de confeccionar monicreques instruídos polo rapeiro de Dios ke te Crew García MC e os titiriteiros lalinenses de Viravolta ao remate do verán. “ O Señor das dunas” chegará tamén a estes concellos na segunda etapa de desenvolvemento do programa.

Rede de Dinamización Lingüística
‘FalaRedes’ constitúe a primeira programación anual de actividades de promoción do idioma para as entidades locais adheridas RDL, unha iniciativa da Xunta de Galicia que busca a asociación voluntaria de entidades con competencia na promoción do uso da lingua galega no ámbito local para efectivizar as iniciativas de difusión do galego. Os seus principais obxectivos son os de promover a coordinación, a colaboración e a cooperación das actuacións en materia de dinamización lingüística e optimizar os recursos dispoñibles.

Ademais da Mancomunidade Arousa-Zona Norte e a Xunta de Galicia, na actualidade forman parte da RDL máis dun terzo dos concellos de Galicia. Canda eles, e participan o Consello da Cultura Galega; as deputacións de Ourense, Pontevedra e A Coruña; as mancomunidades de Terras de Celanova, Fisterra e a Mariña Lucense; o Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela; o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra e a fundación pontecesá Eduardo Pondal.

Ata decembro desenvolveranse un total de 250 accións dinamizadoras. Toda a información sobre “FalaRedes” e o seu calendario de actividades por concellos están dispoñibles no web institucional da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega/falaredes e tamén nas redes sociais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros: quendas dos cursos de vela no Concello

Muros_vela

Muros, 28 de xuño de 2012. O Concello de Muros organiza todos os veráns un curso de vela. As quendas deste ano vense con detalle no cartel. As inscricións ábrense o vindeiro xoves 5 de xullo.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Concello segue coa súa política de opacidade coa oposición


Isaac Maceiras (PP) estase a caracterizar no seu goberno polo nepotismo, a falta de transparencia e a prepotencia, segundo denuncia continuamente a oposición.

A Pobra, 28 de xuño de 2012. "Ante a falta de transparencia, prepotencia e a opacidade do goberno local, que pese a reclamarlle información, por esta cuestión ou calquera outra, incumprindo as leis e esquecéndose de que os concelleiros da oposición representan a veciños deste concello, os socialistas da Pobra vímonos na obriga de solicitar información sobre a construción dunha glorieta na AC-305 ao Parlamento de Galicia a través de Pablo López Vidal, responsable de Infraestruturas", explica en nota de prensa a voceira socialista da Pobra, Teresa Guillán.


Posiblemente relacionadas:


Política: piden pleno extraordinario por non anularse o que cadrou coa folga xeral


Lingua: levan ao Parlamento o desprezo polo galego


Preguntas: que foi da vella escavadora e a máquina limpapraias?


Centraliña: insultos graves a veciños dende ela


Lingua: o Concello, con Galicia Bilingüe a prol do castelán


Incumprimentos: oito anos prometendo a mesma gardería


Desfachatez electoralista: non podemos pasar sen as comidas dos vellos?





copia proxecto AC-305.pdf Download this file

AC-305.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: intentan implicar ao empresariado no novo ciclo de FP de elaboración de produtos alimentarios

 

Ribeira, 28 de xuño de 2012- A Casa Consistorial acolleu o pasado 26 de xuño a última hora da mañá unha reunión explicativa do novo ciclo de FP de elaboración de produtos alimentarias que está previsto celebrarse no CIFP Coroso e respecto do cal está aberto o prazo de inscrición.

Na xuntanza, convocada polo Concello, estiveron presentes unha selección de entidades ligadas ao sector alimentario, como son Frinsa, Congalsa, Conservas Lou e Pescaldía, ademais da propia Asociación de Empresarios de Riveira e de Amicos. Tamén estiveron o alcalde e a concelleira de Educación no nome do Concello, así como o director e o secretario do CIFP Coroso.

Adáptase aos procesos produtivos

As empresas convocadas amosaron o seu interese por este novo ciclo de FP e indicaron que os contidos que se van impartir se adaptan aos seus procesos produtivos. Así mesmo, manifestaron a idoneidade da formación que van recibir os alumnos ao responder ás  necesidades do perfil de posibles contratados.

Hai que salientar que o Ciclo de Elaboración de Produtos Alimentarios ten como obxectivo aprender a elaborar produtos alimentarios de acordo cos plans de produción e calidade, así como efectuar o mantemento de primeiro nivel dos equipamentos, aplicando a lexislación de hixiene e seguridade alimentaria, de protección ambiental e de prevención de riscos laborais.

As persoas con este perfil profesional exercen a súa actividade en pequenas, medianas ou grandes empresas. Son traballadores por conta allea que se integran nun equipo de traballo con persoas dun mesmo nivel de cualificación, ou inferior, onde desenvolven tarefas individuais e en grupo nas áreas funcionais de recepción de materias primas e materias, preparación e manexo de equipamentos de produción, control de operacións de elaboración, envasamento e embalaxe, apoio ao control de calidade, almacenamento e expedición de produtos acabados

Os módulos que comprenden este ciclo son:

En primeiro curso:

       Formación e orientación laboral                                                                      107 horas

       Materias primas na industria alimentaria                                          267 horas

       Operacións de acondicionamento de materias primas              213 horas

       Operacións e control de almacén na industria alimentaria              80 horas

       Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos                            53 horas

       Tratamentos de transformación e conservación                            240 horas

E en segundo curso:

       Empresa e iniciativa emprendedora                                                        53 horas

       Formación en centros de traballo                                                                      410 horas

       Principios de mantemento electromecánico                                          105 horas

       Procesamento de produtos alimentarios                                          175 horas

       Procesos tecnolóxicos na industria alimentaria                                          227 horas

       Venda e comercialización de produtos alimentarios                            70 horas




Ata 29 de xuño: "Educando á infancia en valores". Teatro para nenos


Venres 29 e sábado 30 no Ateneo: Toponimia e Antigo Exipto. Non o perdan!


Venres 29 de xuño: preséntase libro madridista de Manuel Jabois


Traslatio: sae o 7 de xullo do peirao de Ribeira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Outes: do 19 ao 22 de xullo, curso de verán sobre o poeta Francisco Añón no seu bicentenario


Añón naceu en 1812

Outes, 28 de xuño de 2012. O curso, organizado polo Concello de Outes, terá lugar do 19 ao 22 de xullo e está dirixido a ensinantes e estudantes universitarios. A súa meta é profundar na vida do poeta Francisco Añón e a súa obra literaria así como dar a coñecer o patimonio histórico, cultural e natural de Outes e a ría de Muros-Noia.

Todos os actos terán lugar na Casa da Cultura de A Serra, agás a viaxe en barco pola ría, que partirá do Porto do Freixo, informa Xoán X. Mariño, coordinador do curso.



Curso_aon

programa curso.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: do 4 ao 7 de xullo, "La depresión: qué es y cómo tratarla", curso da UIMP

 


Ribeira, 27 de xuño de 2012.- A cidade vai albergar a vindeira semana un curso da Universidad Internacional Menéndez-Pelayo que se titula “La Depresión: qué es y cómo tratarla”.  Dirixido polo ribeirense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual e profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Granada, este encontro terá lugar no Auditorio entre o mércores 4 e o venres 7 de xullo.

 

O obxectivo deste curso reside en dar a coñecer os avances actuais no coñecemento sobre a natureza da depresión, os modelos explicativos e os distintos procedementos, tanto na avaliación e diagnose como nos distintos enfoques de tratamento (psicolóxico e psiquiátrico).

 

A depresión é o trastorno psicolóxico máis frecuente no século XXI, tanto no ámbito da psicoloxía clínica como da psiquiatría. O curso está dirixido a estudantes de psicoloxía e medicina e a todos aqueles profesionais que desexen actualizar os seus coñecementos sobre este trastorno.



 

AVANCE DE PROGRAMA:

 

Mércores, 04 Xullo 2012

 

10:00 h.

Inauguración:

 

Raúl Quevedo Blasco

PDI Facultad de Psicología. Univ.de Granada

 

Gualberto Buela Casal

Presidente de la Asociación Española de Psicología Conductual.

Catedrático de Psicología Univ. de Granada

 

Xosé Luis Barreiro Rivas

Director de la UIMP en Galicia

 

10:15 h.

¿Cómo identificar la depresión?

Gualberto Buela Casal

 

12:00 h.

La naturaleza y modelos explicativos de la depresión

Wenceslao Peñate Castro

Catedrático de Psicología Clínica. Univ. de la Laguna

 

17:00 h.

¿Somos o estamos depresivos?

Gualberto Buela Casal

 

18:30 h.

¿Somos o estamos ansiosos?

Raúl Quevedo Blasco

 

Xoves, 05 Xullo 2012

 

10:00 h.

El deterioro cognitivo y la depresión de ancianos

Raúl Quevedo Blasco

 

12:00 h.

Qué pueden hacer los psicólogos clínicos con la depresión: un modelo empírico de tratamiento

Francisco José Santolaya Ochando

Presidente del Consejo General de Colegios de Psicólogos de España

 

17:00 h.

La reexperimentación emocional para el tratamiento de la depresión

Wenceslao Peñate Castro

 

18:30 h.

MESA REDONDA: La Depresión: ¿una consecuencia de la sociedad actual?

 

Gualberto Buela Casal

Wenceslao Peñate Castro

Raúl Quevedo Blasco

 

Viernes, 06 Xullo 2012

 

10:00 h.

Casos clínicos en depresión

Francisco José Santolaya Ochando

 

12:00 h.

Cambios en el estado de ánimo de los niños y adolescentes:Cómo identificarlos y cómo tratarlos

Mª Jesús-Natividad Álava Reyes

Directora de APERTIA CONSULTING

 

17:00 h.

Cómo puede ayudar la familia en el tratamiento de la depresión

Mª Jesús-Natividad Álava Reyes

 

18:30 h.

Clausura y entrega de diplomas

Gualberto Buela Casal

Raúl Quevedo Blasco

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Infraestruturas: piden mellor seguridade na fin do treito do corredor Brión-Noia

84028-PNP Mellora seguridade viaria Noia-Outes.pdf Download this file

  • Lage Tuñas alerta da actitude "temeraria" da Xunta ao manter sen iluminación o treito final deste vial, así como a rotonda de Orro e a Ponte de Ceilán
  • Urxe a que se subsanen estas deficiencias "antes de que teñamos que lamentar vítimas"

Noia, 28 de xuño de 2012. O deputado e portavoz da Área Institucional e Administración Pública do Grupo Parlamentario dos Socialista de Galicia, José Manuel Lage presentou no rexistro do Parlamento galego unha Proposición Non de Lei “para que o goberno galego proceda a iluminar o tramo final do corredor de Noia, xa que deixaron a rotonda de Orro e a ponte de Ceilán sen ningún tipo de iluminación e esto supón un grave risco para a seguridade viaria”.


Lage Tuñas recorda que “existe un informe emitido pola Policía Local de Noia o pasado 13 de setembro de 2011 e remitido á Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio en relación á ausencia de iluminación artificial na rotonda na que conflúen o corredor Brión-Noia e a estrada autonómica AC-550 ao efecto de que a Xunta tomara as medidas oportunas para evitar posibles accidentes”

O deputado do PSdeG explica que “a confluencia do citado corredor coa estrada mencionada prodúcese á altura da ponte de Ceilán que une os concellos de Noia e Outes e que ten un sistema de iluminación implantado na lexislatura 2005-2009 pola administracción autonómica pero que dende a chegada do actual executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo está inoperativa incrementando o risco de accidentes na citada estrada AC-550.”


José Manuel Lage entende que “o feito de que a iluminación da ponte de Ceilán está fóra de servizo por decisión da Xunta vese agravado pola ausencia tamén de iluminación ao final do corredor Brión-Noia e na rotonda onde conflúe a citada vía de alta capacidade coa estrada comarcal, ámbalas dúas de titularidade da Xunta de Galicia.”


O deputado do PSdeG-PSOE considera que “é fundamental que o goberno galego resolva de inmediato esta anómala situación, e por iso pedimos que se actúe con urxencia diante dun problema de seguridade viaria. Máis vale previr que despois ter que lamentar”.


“Os socialistas galegos manifestamos a nosa firme decisión de defender unha correcta iluminación artificial da citada zona co obxectivo de evitar accidentes indesexables e pedímoslle á Xunta que rectifique e faga unha actuación urxente de mellora da seguridade viaria dotando de iluminación artificial á confluencia do corredor Brión-Noia coa estrada AC5-550 no lugar de Orro (Noia) e poñendo en funcionamento o sistema de iluminación xa existente na ponte de Ceilán que une os concellos de Noia con Outes a través da estrada de titularidade autonómica AC-550".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: estas son as actividades deportivas para este verán

Lousame: a banda de música organiza o domingo 1 de xullo o seu festival de fin de curso

  • Tamén presentará o VI Certame Galego de Bandas de Música, no que van participar de novo en novembro en Santiago

Lousame, 28 de xuño de 2012. O próximo domingo día 1 de xullo terá lugar na Casa da Cultura de Portobravo en Lousame o Festival de Fin de Curso 2011/2012 da Banda de Música municipal. O acto comenzará ás 6 da tarde e porá fin a un completo e exitoso curso onde se multiplicaron por dous case as matrículas con respecto ó ano anterior e se incrementou a calidade da ensinanza recibida polos alumnos como se poderá comprobar neste festival.

Actuarán practicamente tódolos alumnos das diversas especialidades instrumentais, así como a Banda Infantil e Xuvenil. Para clausurar o acto actuará tamén a Banda Municipal de Música de Lousame que aproveitará para presentar a súa participación no VI Certame Galego de Bandas de Música, que se celebrará no Auditorio de Galicia no mes de novembro.

Web

Tamén lembramos que se puxo en funcionamento a nova web da Banda de Música de Lousame en www.actiweb.es/bandadelousame na que poderán atopar información de tódalas actividades desta traballadoriña formación instrumentista.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: o carballés Manuel Facal colga no Museo do Gravado de Artes dende mañá

  •  Asiste á inauguración o conselleiro de Educación e Cultura

Ribeira, 28 de xuño de 2012.- O Museo do Gravado de Artes vai acoller dende mañá venres unha exposición do artista galego Manuel Facal.

O acto inaugural terá lugar ás 20 horas e contará coa presenza e participación do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta, Xesús Vázquez; de Manuel Ruiz, alcalde e presidente da Fundación do Gravado de Artes; Javier Expósito, vicepresidente desta institución; e o propio artista, quen será introducido polo editor e escritor ribeirense Antonio Piñeiro.

Traxectoria

Manuel Facal naceu en Carballo en 1943. A súa dedicación ao gravado empeza durante a súa estancia en Londres, nos anos setenta, onde aprende a técnica de man da arxentina Carmen García. Viaxa por Grecia, Turquía e Italia e cultiva un cinetismo emparentable con Vasarely e Eusebio Sempere.

Coñece Nova York, onde profundiza en novos modos de expresión, e vai ao norte de Europa para ensaiar representacións abstractas de animais. O seu dominio das técnicas do gravado lévano a realizar obras para artistas como Miró; tamén ensaia a pintura de gran materia, afastada da representación formal, e os seus cartafoles de gravados sobre Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e outros escritores galegos.

 

O movemento aglutinado por Atlántica nos anos oitenta proxecta a súa visión da arte, que deriva cara a modos "pobres" do cartón e a colaxe.

 

Ten realizado exposicións en todo o mundo: Nova York, Londres, Porto Rico, Noruega, Galiza e Sudamérica e con presenza en importantes colectivas de pintura e sobre todo, gravado. Está representado en museos de Galicia, Centro e Sudamérica, Estados Unidos, España, países escandinavos e Portugal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo organiza campamentos de verán para rapaces entre 5 e 14 anos en xullo

Carteles-acampada

Noia, 27 de xuño de 2012. A Sociedade Liceo de Noia, en colaboración con Brétema Animación organiza un campamento de verán para os máis pequenos da casa organizado da seguinte maneira:

  • Para nen@s de 5 a 7 anos: na semana do 17 ao 21 de xullo (ambos incluidos), con actividades variadas, coma xogos, obradoiros de pulseras, de títeres, viaxe ao parque acuático de Cerceda, actividades e noite de acampada na área recreativa da Sociedade...
  • Para nen@s de 8 a 14 anos:  na semana do 23 ao 28 de xullo (ambos incluidos, o día 25 de xullo non haberá actividades por ser festivo) ), con actividades variadas, coma xogos, piragüismo, tiro con arco,Olimpiadas Liceo 2012, viaxe ao parque acuático de Cerceda, actividades e noite de acampada na área recreativa da Sociedade...
(esta é unha programación tipo que adaptará ás necesidades individuais dos participantes así coma posibles cambios polas condicións atmosféricas)

A inscrición relizaráse na conserxería da Sociedade antes do 10 de xullo (incluido), e os participantes deberán de abonar 40€ no momento de facer dita inscrición.

Tamén, en Noia:


Venres 29 de xuño: preséntase Compromiso x Galicia


Sábado 30 de xuño: Romaría de San Xoán do Liceo



Noia: o domingo 1 de xullo vai haber roupa tendida no Cantón


Cursos de baile: Danzón programa varios en verán


Lecer: actividades de verán para nenas e nenos


Seminario: o 5 de xullo, para deixar de fumar


Certame de fotos: sobre o peor da globalización. Ata 15 de outubro


Parroquias: inglés lúdico para nenos. Anótate!


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical