- Lage Tuñas alerta da actitude "temeraria" da Xunta ao manter sen iluminación o treito final deste vial, así como a rotonda de Orro e a Ponte de Ceilán
- Urxe a que se subsanen estas deficiencias "antes de que teñamos que lamentar vítimas"
Noia, 28 de xuño de 2012. O deputado e portavoz da Área Institucional e Administración Pública do Grupo Parlamentario dos Socialista de Galicia, José Manuel Lage presentou no rexistro do Parlamento galego unha Proposición Non de Lei “para que o goberno galego proceda a iluminar o tramo final do corredor de Noia, xa que deixaron a rotonda de Orro e a ponte de Ceilán sen ningún tipo de iluminación e esto supón un grave risco para a seguridade viaria”.
Lage Tuñas recorda que “existe un informe emitido pola Policía Local de Noia o pasado 13 de setembro de 2011 e remitido á Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio en relación á ausencia de iluminación artificial na rotonda na que conflúen o corredor Brión-Noia e a estrada autonómica AC-550 ao efecto de que a Xunta tomara as medidas oportunas para evitar posibles accidentes”
O deputado do PSdeG explica que “a confluencia do citado corredor coa estrada mencionada prodúcese á altura da ponte de Ceilán que une os concellos de Noia e Outes e que ten un sistema de iluminación implantado na lexislatura 2005-2009 pola administracción autonómica pero que dende a chegada do actual executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo está inoperativa incrementando o risco de accidentes na citada estrada AC-550.”
José Manuel Lage entende que “o feito de que a iluminación da ponte de Ceilán está fóra de servizo por decisión da Xunta vese agravado pola ausencia tamén de iluminación ao final do corredor Brión-Noia e na rotonda onde conflúe a citada vía de alta capacidade coa estrada comarcal, ámbalas dúas de titularidade da Xunta de Galicia.”
O deputado do PSdeG-PSOE considera que “é fundamental que o goberno galego resolva de inmediato esta anómala situación, e por iso pedimos que se actúe con urxencia diante dun problema de seguridade viaria. Máis vale previr que despois ter que lamentar”.
“Os socialistas galegos manifestamos a nosa firme decisión de defender unha correcta iluminación artificial da citada zona co obxectivo de evitar accidentes indesexables e pedímoslle á Xunta que rectifique e faga unha actuación urxente de mellora da seguridade viaria dotando de iluminación artificial á confluencia do corredor Brión-Noia coa estrada AC5-550 no lugar de Orro (Noia) e poñendo en funcionamento o sistema de iluminación xa existente na ponte de Ceilán que une os concellos de Noia con Outes a través da estrada de titularidade autonómica AC-550".
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario