19.1.10

Barbanza: entre dúas provincias? mande?

O libro, de 311 páxinas e de carácter eminentemente gráfico, presenta o territorio provincial dende unha óptica multisectorial, detallando datos e información exhaustiva sobre diversos aspectos xeográficos, históricos, socioeconómicos, demográficos e administrativos relativos ás diferentes áreas supramunicipais que conforman a provincia coruñesa, e analizando especialmente as dúas grandes áreas que aglutinan a complexidade urbana da provincia: a rexión urbana A Coruña-Ferrol, que conta con máis de 650.000 habitantes, e a área urbana de Santiago, con máis de 180.000 habitantes, ademais de avanzar no estudo doutras áreas como o sistema urbano Barbanza-Ría de Arousa, de singulares características pola súa situación xeográfica entre as dúas provincias galegas de maior dinamismo. 

Presentación dun libro sobre áreas supramunicipais. Deputación da Coruña. Noticia completa en http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=13547

E xa que estamos... Que lle costa á Deputación e ao autor poñelo en Pdf na Rede? Ou irá ao caixón ou ao estante de catro privilexiados de novo, como acontece coa meirande parte dos libros editados COS CARTOS DE TODOS OS GALEGOS por esta entidade?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Véndese cobaia ben bonita en Cabo de Cruz. Con gaiola, penso, palla e sustrato. Urxe

Fotografía: exemplos de tomas a alta velocidade

A Pobra do Caramiñal: unha viaxe de Xensboy pola literatura, a música e a actualidade máis crú de Haití

Pasei pola Pobra para encargar un libro na librería Ler do amable Cipriano Pose e a fermosa Eva. O libro é unha biografía de Tolstoi, Chekhov e outros autores rusos a cargo de Maxim Gorki.

O parque da Pobra estaba algo desolado pola chuvia constante. Había un poboado de gnomos nos cogumelos. Nunha entrañable librería merquei tres rotuladores e un diario.

Despois de coller pan (unha cliente maior parecía creada por Galdós), busquei unha cafetería e entrei na Caramiñas, onde un loro xigante competía cunha pantalla xigante. Gañou a pantalla, amosando de súpeto un interesante primeiro plano do xenio que se foi Antonio Vega e despois outro vídeo no que Andrés Calamaro referencia sen pudor ao seu ídolo Bob Dylan.

Despois vin outro café chamado Locus Amoenus que ten unha biblioteca na segunda planta. Alí había unhas composicións gráficas interesantes, e tamén un libro de cadros dun artista que me impresionou, Xoán Fernández, que fai tamén unha referencia a un ídolo, Johannes Vermeer no seu caso. Por certo que me chamou a atención o seu excelente retrato dunha muller loura elegante e moderna, provista dun toque desafiante na mirada.

Á saída alucinei cos puntos de cor verdes e azuis do respaldo metálico dun banco de pedra.

Dende un posto de revistas asomaba unha bela modelo e, ao fondo, un dos grandes barcos do porto pobrense. Unha ollada de despedida á vila e, para rematar, gravei a emocionante portada do xornal El País na que un rescatador vallisoletano logra sacar da morte a un neno de dous anos que estivo catro días enterrado polo terrorífico terremoto que asolou á pobre Haití.

Xensboy é o alias de Ramón Torrado, rianxeiro vídeoartista, escritor e profesor de inglés- Colabora con artigos de opinión en Certo. Podes lelo en http://certo.es/index.php?page=Ramon_Torrado

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: creadores de Noia e Barbanza, a mandar curtametraxes ao Festival de Cans!

Toda a información en http://www.festivaldecans.com
O prazo abriu hoxe e tes ata o 15 de marzo. Non te demores!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: do 12 ao 17 de febreiro, o mellor Entroido da bisbarra!

Faranji: o capítulo nove titúlase "París la nuit"

"En media hora estaba alí a Garda civil, o alcalde, vellos coa escopeta de caza preparada, o crego Don Constantino. En dúas horas chegaban de León, cagando virutas, os especialistas en explosivos e un comando especial armado até o dentes. Vellas que levaban sen saír de casa unha morea de tempo eran desaloxadas a pasos forzados; víanse skijamas surrealistas pola estrada; a circulación cortada; o gobernador civil que estaba a piques de chegar"...
De que diaño fala Xurxo Ayán desta volta? Léano en http://certo.es/index.php?page=paris_la_nuit

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: datas para arranxar os problemas e dúbidas derivados da parcelaria de Cures e outras parroquias


A parcelaria cambiará, cando remate, a paisaxe de aldeas como as de Comoxo ou Cures


Ten vostede problemas coa parcelaria que están acometendo funcionarios e técnicos da Consellería de Medio Rural en diversos lugares de Boiro? Acuda ás reunións, ou corre o risco de que pase calquera cousa. Entre as desfeitas que lle poden pasar están:

1.- Que a súa leira non estea ben catalogada (que non é o mesmo unha silveira que unha viña ou unha finca produtora de kiwis). Lamentamos comunicarlle que o Catastro deste país no que nos tocou vivir non está tan actualizado coma os mapas de Google Earth (aínda que nestes siga a poñer Rianjo ou aínda exista a malfadada VRG 1.1 ou vía rápida do Barbanza). E o Rexistro da Propiedade, ídem de lienzo, pois o noso dereito hereditario é moi complexo e o minifundismo trae aparellado non poucos crebadeiros de cachola.

2.- Que estes técnicos queiran arranxar algo que no plano queda moi bonito pero na realidade é unha atrocidade (xa nos falaron de canais para desaugar que van paralelos a ríos e regatos, co que nas invernadas e avenidas que son habituais nos vales do Coroño aquelo ía ser o Amazonas pero sen pirañas). Aínda que se leven mal entre os veciños, procuren atopar as solucións máis axeitadas. Non pensen só en vostedes, que van morrer como morreremos todos: hai fillos e netos, e a terra só a temos prestada por unha vida.

3.- En Certo informamos cada pouco sobre pedras milenarias danadas ou desaparecidas: se ten patrimonio digno de conservarse nalgunha propiedade súa, avise, ou as retroescavadoras levarano como se nunca existise!

Hai máis razóns para que acuda ás reunións e se informe ben, pero non lle queremos roubar máis tempo. Ao achegarse alí vainas descubrir, de seguro.

ALGÚNS DATOS


.- Estanse a parcelar unhas 500 hectáreas de terreo.

.- Esta parcelaria leva xa uns dez anos xestándose.

.- Hai máis de mil propietarios nestes terreos a parcelar.

.- Son case 9.000 leiras as que se están a rexuntar.

.- Ficarán reducidas a 1.500

.- Nestes momentos estanse abrindo os viais principais.

.- Teñen un mes para pedir as fincas que máis lles conveñan.

.- A resolución definitiva podería tardar ata dous anos.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: crónica de voleibol del 16 de enero de 2010

Crónica de María Cortés Ayaso
FIN DE SEMANA 16/01/2010

Este fin de semana sólo hubo partidos de 1ª y 2ª división masculina, con un 50% para nuestro club, 1 victoria vs 1 derrota. Las chicas descansaron y están aún pendientes de la decisión del comité de Competición sobre el resultado de los partidos de la semana pasada contra el Narón.

1ª DIVISIÓN MASCULINA
HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL - C.D. CONXO 3-1

Este fin de semana nuestros chicos del Hipescar consiguieron su 5ª victoria frente al equipo de la capital gallega, el C.D. Conxo, por 3-1 (25-21/20-25/27-25/25-21).
Fue un partido muy igualado, con un Conxo más solido que en el partido de ida y que nos puso las cosas más difíciles, con una defensa dura. En cuanto a parciales, fue un juego muy parejo e igualado, sin grandes diferencias y sin grandes errores por parte de ninguno de los 2 equipos. Pero el Hipescar demostró que es un equipo fuerte y con jugadores y juego de calidad, con un buen juego en defensa, ataque y creando un verdadero muro al ataque contrario con sus bloqueos, consiguiendo la victoria.
Jugaron por el Hipescar: Eiras, Frigu, Iago, Gustabo, Felipe, Kabeco y chicho. También estuvieron Andrés, Miguel, Felipe, Víctor y Dani.

Otros resultados del fin de semana: Ourense - Universidad de Valladolid 1-3 (25-20/20-25/19-25/15-25); Club Vigo Voleibol - Zalaeta 3-0 (25-21/28-26/25-22); Herrera Voley Turismo Llanes - Doble Imagen Oleiros 3-0 (25-17/25-13/25-22).

Este fin de semana nuestros chicos viajan a Coruña para enfrentarse al Zalaeta el sábado a las 18:00 en el Pabellón Sagrada Familia. Otros partidos del fin de semana serán: Doble Imagen Oleiros - Club Vigo Voleibol (20:00 Pabellón Municipal Perillo); C.D. Conxo - San Sadurniño (17:00 O Restollal); C.V. Arqo Rianxo - Ourense (19:00 Pabellón Municipal); Universidad Valladolid - AULE (18:30 Pabelón Fuente La Mora).





2ª DIVISIÓN MASCULINA
 REDESYL BOIRO VOLEIBOL - C.V. VAGALUME 1-3

Por su parte, los chicos de Redesyl sufrieron una derrota frente al Vagalume por 1-3 19-25/25-20/18-25/21-25. Pero pese a la derrota, nuestros chicos no se lo pusieron nada fácil al Vagalume, demostrando un buen juego que le complicó al contrario, cometiendo únicamente errores en saque y ataque.
Jugaron por el Redesyl: Mechas, Alén, Pivot, Marcos, Antón, Diego y Lois (líbero); también estuvieron: Doc, Román, Fran y Juan

El próximo fin de semana el Redesyl descansa.

2º DIVISIÓN FEMENINA
OJEA BOIRO VOLEIBOL descansa

Este fin de semana nuestras chicas viajan a la capital gallega para enfrentarse al Conxo.


LIGA GALLEGA JUVENIL FEMENINA
OJEA BOIRO VOLEIBOL descansa
 
Este fin de semana nuestras juveniles viajan a Lugo para enfrentarse al Emeve.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical