19.1.10

Barbanza: entre dúas provincias? mande?

O libro, de 311 páxinas e de carácter eminentemente gráfico, presenta o territorio provincial dende unha óptica multisectorial, detallando datos e información exhaustiva sobre diversos aspectos xeográficos, históricos, socioeconómicos, demográficos e administrativos relativos ás diferentes áreas supramunicipais que conforman a provincia coruñesa, e analizando especialmente as dúas grandes áreas que aglutinan a complexidade urbana da provincia: a rexión urbana A Coruña-Ferrol, que conta con máis de 650.000 habitantes, e a área urbana de Santiago, con máis de 180.000 habitantes, ademais de avanzar no estudo doutras áreas como o sistema urbano Barbanza-Ría de Arousa, de singulares características pola súa situación xeográfica entre as dúas provincias galegas de maior dinamismo. 

Presentación dun libro sobre áreas supramunicipais. Deputación da Coruña. Noticia completa en http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?accion=2&ver=19&nid=13547

E xa que estamos... Que lle costa á Deputación e ao autor poñelo en Pdf na Rede? Ou irá ao caixón ou ao estante de catro privilexiados de novo, como acontece coa meirande parte dos libros editados COS CARTOS DE TODOS OS GALEGOS por esta entidade?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical