2.9.11

Porto do Son: do mércores 7 ao domingo 11 de setembro, Festas Patronais do Son

Porto do Son: o muro máis afeado polos políticos, o da Arnela, xa loce novo aspecto

Certo

Imaxes: Paco do Martelo

O muro antes de que pintaran o fresco actual

Porto do Son, 2 de setembro de 2011. Ignoramos se era unha promesa electoral, se xa daba tanto noxo que alguén se compadeceu dos ollos dos veciños e visitantes que por alí pasabamos, ou se todo é froito da improvisación e a casualidade, como tantas accións humanas, pero por fin o muro de cemento-vista da Arnela xa ten un debuxo sobre o que agardamos non peguen nin pinten nada nunha boa tempada.

Se alguén coñece ao autor ou autora do debuxo, ou ao responsable de executalo (o debuxo, non ao pintor), que nos escriba a redaccion@certo.es

Antes, publicamos:


Porto do Son: o muro da desfeita urbanística, de novo enlixado por todos os políticos

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Medio Ambiente: "Serra do Barbanza" reciclou case o dobre de plástico con Punto Verde que Ecoembes

  •  A mancomunidade de concellos "Serra do Barbanza" leva reciclado no ano 2011 un total de 465,3  Toneladas de plástico film con Punto Verde, fronte ás 240 Toneladas recicladas (aproximadamente) por Ecoembes.
Media_httpfarm6static_nacue

Noia, 2 de setembro de 2011. Ante o incumprimento do convenio por parte de Ecoembes, no cal só se fai cargo dunha parte do film con punto Verde, a mancomunidade "Serra do Barbanza" decidiu pola súa conta proceder a reciclar o plástico film con Punto Verde recuperado na planta de Servia.

O actual presidente da Mancomunidade, o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, considera que ante a negativa de Ecoembes a facerse cargo do film con punto Verde, "non podemos permitir que este film acabe en vertedeiro, que era a opción mais doada para a Mancomunidade. Por iso a concesionaria da Mancomunidade FCC está encargándose de que este film de Punto Verde sexa correctamente reciclado para a súa reutilización".

"Para isto estamos a colaborar con empresas galegas, que reciclan e reutilizan este film con Punto Verde, de tal xeito que a actividade empresarial que conleva este ciclo reverta en Galicia, xa que Ecoembes recíclao fóra de Galicia", aclarou o alcalde socialista noiés.

Garcia Guerrero considera "unha obriga moral da Mancomunidade" garantir que este material con Punto Verde sexa recuperado, reciclado e reutilizado, xa que o consumidor está pagando o custe engadido dos materiais con Punto Verde. "E ante a deixadez de Ecoembes, que é a responsable, a Mancomunidade está xestionando este material para evitar a súa perda", afirmou.

A mellor xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia

A Mancomunidade ten desde a sua creación "un claro compromiso co medio ambiente, dando servizo a preto de 80.000 habitantes e acadando en todos os parámetros os mellores resultados dos distintos sistemas de xestión de RSU en Galicia, chegando en algúns dos parámetros a ser líderes en España como no caso do reciclado de film con Punto Verde. Por iso decidiuse asumir a xestión deste material e non rachar a cadea de vida dos materiais", puntualizou García Guerrero.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: a praza da Boqueira de A Negral, onde están as pistas deportivas de Barraña, desfeitiña polos túzaros que a pintarraxearon

Coidamos que as imaxes -enviadas por un veciño de Boiro- falan por si mesmas.

Miren a praza recén estreadiña e sen esborrallar:

Relacionada:


Fotodenuncia: un burato periogoso en Cariño

Pode que tamén lle interese:


Festas: o San Ramón de Bealo, do 30 de agosto ao 4 de setembro


Festas de Abanqueiro: o Carme, este sábado 3 e domingo 4


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo 4 chegan 22 visitantes de Adeje, municipio tinerfeño irmandado con Ribeira dende 2002

  • Unha estrutura volcánica que o Consello Insular Canario doou a Ribeira en 2003 trasladouse ás Carolinas, onde se instalaron paneis informativos sobre historia, tradicións e patrimonio de Adeje
  • Os visitantes, co alcalde de Adeje á fronte, vanse o martes 6 de setembro

Ribeira, 2 de setembro de 2011.– Unha comitiva institucional procedente da Vila de Adeje, formada por 22 persoas e encabezada polo alcalde Miguel Rodríguez Fraga, recalará pasado mañá, domingo 4 de setembro, en Ribeira para afianzar os lazos que unen aos municipios canario e galego dende que ambos se irmandaron no ano 2002. 

Todo está practicamente a punto para recibir a esta delegación, que arribará ao municipio na mañá do domingo e que ás 14 horas está previsto participe nunha comida no Club Náutico. Xa pola tarde, os integrantes da comitiva serán levados por unha ruta guiada na que terán ocasión de coñecer os lugares turísticos máis emblemáticos do municipio. 

Recepción polo alcalde e visita ás Carolinas

O luns día 5 de setembro serán recibidos oficialmente no Salón de Plenos da Casa Consistorial polo alcalde Manuel Ruiz Rivas e acto seguido levarase a cabo unha visita á explanada situada no tramo final do paseo das Carolinas (xusto antes do comezo do paseo de Coroso): lugar ata onde se acaba de trasladar a escultura volcánica “En reposo”, obra do escultor canario Paco Palomino, agasallo co que se selaron os vínculos entre os dous municipios en xuño de 2003. 

Nese mesmo emprazamento tamén foron situados cinco paneis informativos que serán mostrados o propio luns e nos que se reflicten distintos datos de interese sobre a historia de Adeje, as súas tradicións máis significativas como a Semana Santa, os recursos turísticos e o seu patrimonio monumental e natural, con especial fincapé no seu Convento, a praza de España, a Casa Fuerte, a Igrexa e o Morro Grueso. 

Dacordo co programa previsto, serán levados a continuación ao porto de Aguiño no que se lles agasallará cunha ruta pola ría e xa pola tarde visitarán a Sala Museo Municipal. 

Por fin, o martes 6 de setembro pola mañá despediranse e voltarán ás quentiñas terras de Tenerife Sur, nas Illas Canarias.

Pode que tamén lle interese:


Cursos de danza: abre o prazo ata o 30 de setembro


Sálvora C.F.: este sábado 3 presentan as categorías inferiores


Novo posto para o alcalde: no Consello de Portos de Galicia


Festas de Santa Uxía: o luns 12 de setembro, concurso de baile


 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o certame de caza "San Huberto Cidade de Riveira" congregou a 21 participantes

  • Álvaro Suárez, de Valdoviño, foi o vencedor do certame 
  • Participaron seis cazadores de Ribeira. O mellor posicionado, en quinto lugar, foi Antonio Olveira

Ribeira, 2 de setembro de 2011.– A terceira edición do Campionato de Caza San Huberto ‘Cidade de Riveira’ contou coa participación de 21 concursantes que o pasado 27 de agosto se deron cita en San Amedio (A Curota) co fin de amosar a súa pericia no deporte cinexético. 

Entre estes 21 participantes, seis procedían de Ribeira, entre os cales o que mellor resultado conqueriu foi Antonio Olveira, cun quinto lugar. O gañador do torneo foi Álvaro Súarez, de Valdeviño; seguido de Juan José Canosa, de Fisterra;  Serafín Corrado, de Ferrol; Rubén Boquete, de Trazo; e o citado Antonio Olveira. 

Entre o sexto e o décimo lugar estiveron Carlos Lalín, de Ourense; Jorge Sánchez, de Ferrol; Eliseo Faraldo, de Ferrol; Manuel Rebordelo, de Lugo; e Roberto Dopico, de Ferrol. 

O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez Queiruga, foi encargado de entregar os trofeos aos galardoados na proba, coa que se pretendeu contribuír á difusión do exercicio responsable da caza, por medio da súa práctica no respecto á natureza e un compromiso de eficiencia cinexética.  

A competición consistiu en dar caza un máximo de dúas pezas (perdices) sen utilizar máis de 4 cartuchos, en dous campos previamente definidos polos xuíces. 

Cans de rastro

Por outra parte, no mesmo coto tivo lugar tamén o 27 de agosto a 18ª edición do Campionato de Cans de Rastro Cidade de Riveira organizado polo Clube de Amigos dos Cans de Caza. 

O vencedor foi José  Pais Serrano, de A Baña; seguido de Antonio Lista, de Riveira; Alfonso Rey, de Cambados; Carlos Casas, de A Laracha; e Francisco Abraldes Crujeiras, de Riveira. O mellor can da proba foi Boby Beagle, de José Pais.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Arte: o ribeirense Gonzalo Sarasquete expón en Santiago as súas novas "esculturas denuncia"

  • Baixo o título "O laio pola extinción dos peixes salvaxes
  • Pódense ollar na Galería Metro (rúa Nova de Arriba) ata o luns 12 de setembro

Ribeira, 2 de setembro de 2011. O escultor de Ribeira Gonzalo Sarasquete vén de incorporar a súa obra recente á exposición colectiva de verán que ofrece estes días a Galería Metro de Santiago de Compostela. Trátase dunha serie de esculturas feitas na súa cidade natal, durante os pasados meses, nos que se materializou no artista, en boa medida polo reencontro co mar, a vontade de abordar un novo vieiro de “esculturas denuncia”. Ou, como sinala Gonzalo Sarasquete, de darlle corpo a fosilizacións, a petrificacións dunha realidade máis que inminente: a desaparición dos peixes salvaxes e de toda unha actividade económica vinculada aos mesmos. Isto, engade o artista, fainos pensar nunha reconversión e nunha autoanálise.

As esculturas teñen feitura de caixas de peixe e miden 30x20x10 centímetros. Foron elaboradas na súa totalidade con lousa negra, procedente do Barco de Valdeorras, e con sulfato de cobre. Os seus títulos son O derradeiro pataghullo e Escamas e maghas. Achéganse a un prezo de 300 euros na devandita galería compostelá, emprazada no 24 da Rúa Nova até o 12 de setembro.     

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical