2.9.11

Arte: o ribeirense Gonzalo Sarasquete expón en Santiago as súas novas "esculturas denuncia"

  • Baixo o título "O laio pola extinción dos peixes salvaxes
  • Pódense ollar na Galería Metro (rúa Nova de Arriba) ata o luns 12 de setembro

Ribeira, 2 de setembro de 2011. O escultor de Ribeira Gonzalo Sarasquete vén de incorporar a súa obra recente á exposición colectiva de verán que ofrece estes días a Galería Metro de Santiago de Compostela. Trátase dunha serie de esculturas feitas na súa cidade natal, durante os pasados meses, nos que se materializou no artista, en boa medida polo reencontro co mar, a vontade de abordar un novo vieiro de “esculturas denuncia”. Ou, como sinala Gonzalo Sarasquete, de darlle corpo a fosilizacións, a petrificacións dunha realidade máis que inminente: a desaparición dos peixes salvaxes e de toda unha actividade económica vinculada aos mesmos. Isto, engade o artista, fainos pensar nunha reconversión e nunha autoanálise.

As esculturas teñen feitura de caixas de peixe e miden 30x20x10 centímetros. Foron elaboradas na súa totalidade con lousa negra, procedente do Barco de Valdeorras, e con sulfato de cobre. Os seus títulos son O derradeiro pataghullo e Escamas e maghas. Achéganse a un prezo de 300 euros na devandita galería compostelá, emprazada no 24 da Rúa Nova até o 12 de setembro.     

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical