15.1.10

Ribeira: o shoefiti tamén chegou á bisbarra!

Noutra xornada falabamos do shoefiti en Santiago de Compostela (ver http://www.flickr.com/photos/certo/4248007411/in/set-72157622672860401). E chega Txorima hoxe con esta impresionante imaxe a indicarnos que este movemento artístico (que dirán os Hartistas do asunto?) xa o temos por estes lares...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: "Elas sempre están", na casa da cultura

Fotos: Xunta de Galicia

A secretaria xeral da Igualdade, Marta González, inaugurou hoxe na Casa da Cultura do concello de A Pobra do Caramiñal, en A Coruña, a exposición “Elas sempre están”, comisariada por María Serantes, que é unha homenaxe a muller rural.

No acto, a secretaria xeral da Igualdade estivo acompañada polo alcalde do municipio, Ventura Maceiras Riveiro, pola concelleira de Cultura e Turismo, Encarna González, e pola concelleira da Muller, Isabel González, que destacaron a importancia da muller no desenvolvemento do rural galego.

De que vai "Elas sempre están". Xa llo contamos aquí

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: o Concello anima aos cidadáns a axudar ante a catástrofe de Haití

O Concello de Boiro, a través do Departamento de Servizos Sociais, que dirixe a Concelleira Natalia Laíño, informa aos cidadáns de dous números de conta co fin de facer aportacións de fondos destinados a apoiar as labores de emerxencia acaecidas pola catástrofe en Haití.

O 12 de xaneiro, ás 21,53h española produciuse un sismo de  7,3 na escala de Richter. O terremoto afectou gravemente ó país caribeño, o máis pobre de América Latina, sendo unha das peores traxedias acontecidas en Latinoamérica. Aínda que non hai cifras oficiais de vítimas, xa que as comunicacións co país están bloqueadas, as últimas noticias falan de milleiros e de cifras sen determinar de desaparecidos.

Nestes momentos, Solidaridade Internacional en Haití comezou a avaliar os danos causados polos sismos para atender as necesidades básicas da poboación, e habilitou dous números de conta;

-Banco Santander

Titular: Solidaridad Internacional

Conta nº: 0049-0001-54-2210042242

 

-Caja Madrid

Titular: Solidaridade internacional

Conta nº: 2038-1001-37-6000888882


Engadido de Certo:

Varios grupos de apoio xurdiron en Facebook ante esta desoladora desgraza. De EarthQuake Haiti foi de onde tiramos esa foto, dunha nai á que non atoparon aínda. Nese grupo, familiares sobrevivintes van colgando fotos de xente que buscan. Tamén hai imaxes da catástrofe que dan auténtico arrepío, así como xeitos de contribuír a paliar no posible este desastre natural.

Ademais das contas que dá o Concello de Boiro, aconsellamos aos que queiran contribuír no que poidan (1 só euro alí é moito) que contacten coa súa Cruz Vermella local.

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: "arte povera" con refugallos na praia de Aguiño

Lingua galega: Queremos Galego de Barbanza freta un bus para a manifestación do 21

A Plataforma Queremos Galego da Barbanza fretará un autobús gratuíto para facilitar a todos e todas a participación na manifestación do día 21 de xaneiro, ás 11:30 h na Alameda de Santiago, para paralizar o decretazo contra o galego.

O horario de saída é o seguinte:

Ribeira: 9:30 horas da estación de autobuses.

Pobra: 9:40 horas da Praza Maior.

Boiro: 9:50 horas da Praza do Concello.

Rianxo: 10:05 horas da parada da Ribeira.

Reserva a túa praza en:

vazquezcobas@yahoo.es

Ou no teléfono número: 638 070 867

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: es viernes y Susana Moo reaparece en castellano

El tema es bien evidente. Una evidencia de casi 40 semanas!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: senda de muíños abandonados por Pontenafonso

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical