22.6.11

Ribeira: o Concello repoboará con 5.000 alevíns de troita o río Arlés ou Sanchanás

Media_httpuploadwikim_oodpb

A troita común (salmo trutta) na Wikipedia
Ribeira, 22 de xuño de 2011. O Concello vai repoboar con troita común o río Arlés (tamén coñecido como Sanchanás): cauce fluvial que descorre dentro do termo municipal polas parroquias de Oleiros, Artes e Olveira.  

Con esta medida, o Equipo de Goberno Local ten como obxectivos, por unha parte, contribuír á biodiversidade da zona e á súa valorización ambiental e, por outra, á sostibilidade do exercicio da pesca fluvial no municipio.  

Precisamente, o río Arlés é o cauce máis importante de cantos existen en Ribeira para o exercicio desta práctica deportiva, bastante habitual na parte baixa do curso do río ao conter unha poboación de troita relativamente cuantiosa, pero non tanto na parte alta, onde a presenza desta especie é escasa. 

A acción de repobación está prevista para o día 1 de xullo pola mañá e, con tal motivo, soltaranse 5.000 alevíns de troita común (salmo trutta) de cinco centímetros de lonxitude en catro puntos situados na parte alta do curso do río: Os Muíños, Sancortes, Lobeiras e Muíño da Correa. 

Para desenvolver esta iniciativa cóntase coa colaboración da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o Concello é un dos tres invitados ao Encontro de Maiores de Baión, o 2 de xullo en Vilagarcía

vilanova.pdf Download this file

Media_httpwwwvilanova_vebpv

Visitarán a casa museo de Valle-Inclán, entre outras numerosas actividades

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o Concello pídelle á veciñanza que manteña a vila guapa de cara ao verán

bandos.pdf Download this file

Media_httpfarm3static_pvrqx

A Pobra do Caramiñal, 22 de xuño de 2011. Os últimos bandos emitidos pola alcaldía buscan que a vila da Pobra ofreza a súa mellor imaxe de cara a estas datas, en que A Pobra é visitada por milleiros de turistas. Faise especial incidencia no dos cans, que hai que levar atados, e tamén se pide que non se colgue roupa durante o día e se manteñan as fincas e solares libres de maleza, sobre todo no entorno do casco urbano.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: os de Ámbar organizaron o seu campamento de verán en Gandarío, na Coruña

Ribeira, 22 de xuño de 2011. Un total de 41 usuari@s do Centro Ocupacional e Centro de Día de AMBAR tiveron unha esgotadora semana no albergue de Gandarío, onde estiveron do 13 ó 17 de xuño acompañados de monitores e voluntarios.

 

O campamento ten como finalidade potenciar a autonomía persoal dos participantes nun entorno distinto do habitual, favorecendo a inclusión social e o empoderamento das persoas con diversidade funcional e fomentando valores como a solidariedade, cooperación e responsabilidade individual e grupal.

 

Durante a estadía, organizáronse obradoiros e actividades de ocio, culturais e deportivas. As visitas e actividades que espertaron maior interese entre os participantes foron a visita  ó Acuarium da Coruña, o parque acuático de Cerceda, ó centro comercial Marineda City, á vila de Betanzos, e o desprazamento ata unha boleira para xogar ós bolos, así como as festas nocturnas organizadas no albergue de Gandarío e  na movida de locais de ocio de Sada.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: loitadores das escolas municipais de A Pobra e Ribeira trouxeron 86 trofeos no Campionato de España de Artes Marciais

Artes_marciais_campionato_de_e

Ribeira, 22 de xuño de 2011. Un total de 38 integrantes das Escolas Deportivas Municipais de Artes Marciais de Ribeira e A Pobra estiveron a participar a pasada fin de semana, a través da Asociación Deportiva Kempo do Barbanza, no Campionato de España de WAMAI 2011, que se disputou na localidade de Castelldefels (Barcelona) o sábado 18 de xuño. 

Os competidores tomaron parte en diferentes modalidades (katas, armas, musicais, combate no-contact, semi-contact e light-contact), acadando nada menos que 86 trofeos, dos cales 29 foron primeiros postos, 28 segundos postos e 29 terceiros postos. Ademais, o club foi seleccionado como mellor Club de España 2011 e mellor Club do Campionato. 

Os mestres Miguel Pérez Paz e Iván Parada Novo recibiron do presidente internacional de WAMAI, Jesús Mª Platón, o Diploma do Salón da Fama polo seu labor e entrega ás Artes Marciais.  

Esta é a relación de trofeos conquistados:

NOMBRE RESULTADOS
  1. Ivan Parada Novo
28 años

( A )

  • Katas manos vacías sin música – 2º
  • Katas con Armas  sin música – 1º
  • Katas Musicales manos vacías – 2º
  • Katas por equipos musicales ( Ivan   y Juan Ramón) – 2º
  • Combate Semi – contact ( - 75 Kg )  - 3º
  1. Miriam Santiago Armental
                   15 años

( A )

  • Katas manos vacías  sin música – 2º
  • Katas con Armas  sin música – 1º
  • Katas Musicales manos vacías – 2º
  • Katas por equipos – 2º
  • Combate No – contact – 2º
  1. Juan ramón Millares Vilar
                   24 años

( B ) 

  • Katas manos vacías  sin música – 3º
  • Katas con Armas  sin música - Nada
  • Katas Musicales con Armas – 1º
  • Katas por Equipos musicales -2º
  • Combate No – contact  (-65 Kg ) – 2º  
  1. Laura Laiño Vidal
  13 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas  sin música -1º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Adrian Gude Gude
  15 años

  ( B )

  • Combate No – contact    - 2º
  • Katas con Armas  sin músic – 2º
  1. Victor Gonzalez Sobrido
15 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas  sin música – 1º
  • Combate No- contact  -3º
  1. Mª del Carmen Gonzalez Sobrido                                   17 años
                               ( B )
  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas sin música – 1º
  • Combate Semi – contact ( - 65 Kg )  - nada
  1. Nohaila Chaeim Filouj
15 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Katas con Armas  sin música – 2º
  • Combate No – contact  -1º
  1. Andrea Santiago Dasilva
10 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 2º
  • Katas con Armas  sin música -2º
  • Combate No – contact  - 2º
 
  1. Victor Martinez Olveira
6 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -3º
  • Combate No – contact  - nada
  1. Andrés Martinez Olveira
8 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 3º
  • Combate No – contact  -3º
  1. Selena Sampedro Olveira
8 años

( B)

  • Katas manos vacías  sin música – 1º
  • Combate No – contact – nada
  1. Ainara Pardal Reboiras
                    7 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música - 1º
  • Combate No – contact – nada
  1. Carlos Fernandez Queiruga
7 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  - 2º
  • Combate No – contact   -3º
  1. Nicolás Patrick Dios Soares
9 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -2º
  • Combate No – contact - nada
  1. Aitor Sampedro Ares
19 años

( B )

  • Combate Semi – contact ( - 65 Kg )  -1º
  • Combate Light-contact ( - 65 Kg )   -1º
  1. Ismael Perez Pego
                   20 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música – 3º
  • Combate Semi – contact ( - 70 Kg ) -1º
  • Combate light-contact ( - 70 Kg ) - nada
  1. Juan Manuel Oliveira Alcalde
28

( B )

  • Combate Semi – contact ( - 80 Kg ) - nada
  • Combate Light-contact  ( - 80 Kg )  -1º
  1. Rubén Novo Ruiz
12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -2º
  • Katas con Armas  sin música -1º
  • Combate No – contact  -2º
  1. Ana Dominguez Figueiroa
12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -2º
  • Katas con Armas  sin música -2º
  • Combate No – contact - 3º
  1. Juan Dominguez Figueiroa
17 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -3º
  • Combate Semi – contact -3º
  1. Alba Fernandez Bustelo
11 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  - 1º
  • Katas con Armas  sin música -1º
  • Combate No – contact  -3º
  1. Cristofer Sampedro Perez
12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -2º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Raul Filgueira Lojo
8 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -3º
  • Combate No – contact  -3º
  1. Sara lijin Fernandez Sanchez
8 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música - 2º
  • Combate No – contact -  nada
  1. Sabela Somoza Prol
( B )12 años
  • Katas manos vacías  sin música  - 3º
  • Combate No – contact - nada
  1. Maria Rebollido Lijó
                    9 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -3º
  • Combate No – contact - 1º
  1. Jose Baz Pena
                   12 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música  -2º
  • Katas con Armas  sin música  - 3º
  • Combate No – contact  - nada
  1. Javier Suarez Lijó
10 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música -3º
  • Ktas con Armas  sin música -2º
  • Combate No – contact -3º
  1. Marina Lijó Moreira
16 años

( B )

  • Katas con Armas  sin música -2º
  1. Alex Perez Fernandez
7 años

( B )

  • Katas manos vacías  sin música-1º
  • Katas con Armas  sin música-1º
  • Combate No – contact  -1º
  1. Maria Villamayor Andrade
9 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música-2º
  • Combate No – contact  - 1º
  1. Daniel Vidal Gonzalez
11 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música  - 1º
  • Katas con Armas  sin música  - 1º
  • Combate No-contact  - 3º
  1. Adrian Piñeiro Sanchez
7 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música  - 1º
  • Katas con Armas  sin música - 3º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Efren Miranda Dominguez
7 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 2º
  • Katas con Armas  sin música - 2º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Yago Perez Olveira
9 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 1º
  • Combate No – contact  - nada
  1. Gabriel Insua Hermo
13 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 1º
  • Combate No – contact  - 3º
  1. Braian Martís Ramallo
13 años

( B )

  • Katas Manos Vacías  sin música - 3º
  • Combate No – contact   -3º

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: comezou o curso de atención sociosanitaria para persoas no fogar

Ribeira, 22 de xuño de 2011. Nas Aulas de Formación da Rúa Cristobal Colón de Santa Uxía deu comezoo esta mañá o Curso de Atención Sociosanitaria a Persoas no Domicilio, organizado polo Concello coa colaboración da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, e ao que están asistindo catorce veciños e veciñas en situación de desemprego do municipio. 

Os novos concelleiros de Fomento do Emprego, Comercio, Turismo e Pemes, Anxo Orellán Fernández, e de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo, Vicente Mariño de Bricio, visitaron as instalacións municipais para darlles a benvida aos participantes nesta acción formativa de 618 horas de duraciós. 

Durante as súas respectivas intervencións, os edís municipais describiron o contido da actividade e fixeron fincapé na ampla saída laboral que está a ter nestes momentos a atención sociosanitaria en domicilios. 

O curso prolongarase ata o 18 de novembro e terá lugar nas aulas de Cristobal Colón todos os días de luns a venres, entre as 8.30 e as 14.30 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: composición do goberno e retribucións por dedicacións e asistencias a plenos

Dodro, 22 de xuño de 2011. O 17 de xuño quedou constituído o novo goberno de Dodro, trala maioría absoluta que acadou o Partido Popular. Como alcalde presidente, Valentín Alfonsín Somoza quen asumirá as áreas de Persoal, Economía, Facenda, Educación e Infraestructuras;  María Soledad Boga Grela, cunha dedicación exclusiva pola que percibirá 28.000 euros brutos ao ano, queda como tenenta de alcalde e Concelleira de Servizos Sociais e Igualdade. Maximino Rodriguez Borrazás é o novo Concelleiro de Obras, María del Carmen Fernández Chaves é concelleira de Xuventude e Familia; José Núñez Rubines, concelleiro de Deportes e, finalmente, María Cristina Codesido Fernández exerce xa como concelleira de Cultura, Voluntariado e Asociacionismo.

Dodro pagos.pdf Download this file

Dodro distribución.pdf Download this file

Dodro pagamentos.pdf Download this file

Dodro pagos plenos.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: remataron os obradoiros de reforzo educativo para maiores en Ribeira, Palmeira e Aguiño

Ribeira, 22 de xuño de 2011. Máis de medio cento de maiores de Ribeira, Palmeira e Aguiño participaron esta mañá no acto de clausura dos Obradoiros de Reforzo Educativo dende o pasado outubro ata o presente mes de xuño estiveron a ter lugar nesas parroquias. 

Organizados polo Departamento de Servizos Sociais, estes obradoiros foron impartidos por integrantes do grupo de voluntariado municipal: concretamente, por Cruz Rivadulla, Maruja Gago e Ana Sampedro, quen causou baixa e foi substituída no seu labor por Ana Schmitt. 

O novo concelleiro de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo de Ribeira, Vicente Mariño de Bricio, estivo presente neste acto de clausura, que se celebrou na aula de formación que teñen os Servizos Sociais na rúa Cristóbal Colón de Santa Uxía. O edil aproveitou para presentarse e poñerse a disposición dos maiores, na procura de que prestarlles un mellor servizo coas actividades que se desenvolven dende a Administración Local e aumentar a súa calidade de vida. 

Durante o evento a aula foi escenario dunha exposición sobre cruceiros e outros elementos etnográficos do municipio, que estivo a ser elaborada polos alumnos dos talleres ao longo do curso.

Pode que lle interese:



 


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a Festa da Dorna recibe a colaboración do Club Baloncesto Riveira, que a promocionará en Asturias

Ribeira, 22 de xuño de 2011. A Asociación Cultural  Real e Ilustre Cofradía da Dorna  recibe a colaboración do Club Baloncesto Riveira. Este club promocionará a Festa da Dorna en Asturias no III Torneo Internacional de Baloncesto Base "Fuentes del Narcea", que se vai celebrar entre os días 23 e 27 de xuño. Os equipos das categorías Infantil  Masculino e Femenino máis Cadete Masculino lucirán unhas camisetas cos logos das dúas entidades e unha publicidade da Festa da Dorna nas costas,  que poderán ver os 40 clubs que participan e que van a Asturias dende lugares tan dispares como Málaga, San Sebastián ou Madrid.

A R. e I. Cofradía da Dorna agradece esta colaboración e o espiritu dorneiro que demostran ao club Baloncesto Riveira e tamén a Jesús Parada Miniño, experto micólogo e autor do deseño da Camiseta. Con este tipo de accións consíguese que se coñeza máis se cabe os nomes da Festa da Dorna e de Ribeira por toda España.

Relacionada:


Dorna: novos xogos e novidades para este ano



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o conselleiro de Industria visitou a conserveira Jealsa-Rianxeira en compaña do empresario conservador Alonso e o seu ex-empregado, o actual alcalde Juan José Dieste

  • Segundo a Xunta, "o concurso eólico incentiva a innovación na industria conserveira de Boiro con investimentos de 10,6 millóns e a xeración de 74 empregos"
  • Presentouse o proxecto para a instalación dunha planta de comida para mascotas
Boiro, 22 de xuño de 2011.- O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, destacou hoxe que o concurso eólico incentivará a innovación na industria conserveira de Boiro con investimentos proxectados de 10,6 millóns e a xeración de 74 empregos, na presentación da Planta de Elaboración "Pet Food" -en galego comida de mascotas- de Jealsa neste concello. Chama a atención que esta visita ten lugar nada máis gañar a alcaldía o ex-empregado de Jealsa, Juan José Dieste, que traballou para o que tamén foi alcalde, Jesús Alonso, e que ameazou no pasado Nadal con levarse a súa fábrica de Boiro se non gañaba a opción conserveira-conservadora.

Guerra sinalou que este proxecto e mais a mellora da Conserveira Jealsa Rianxeira son os dous investimentos industriais asociados á concorrencia de Beltaine Renovables ao concurso eólico galego, e presentouno "como unha mostra mais de que a convocatoria eólica galega segue o seu curso e comeza a ser unha realidade no tecido produtivo de Galicia".

A instalación da planta de comida de mascotas está orientada á posta en valor dos subprodutos resultantes do proceso de elaboración de conservas e outros produtos alimentarios, coa aplicación da robótica industrial máis moderna, para a fabricación de alimentos de animais domésticos, con ingredientes naturais, de forma sustentable e maximizando o rendemento económico de toda a cadea de valor da conserva.

“Trátase dunha alternativa altamente eficiente, desde o punto de vista ambiental, xa que permite aproveitar subprodutos da industria, minimizando os seus residuos”, sinalou o titular de Economia e Industria.

Segundo Guerra, deste xeito “confírmase novamente a eficacia do Concurso Eólico, deseñado pola Consellería de Economía e Industria, como o maior plan de desenvolvemento industrial, de todos os concellos galegos”.

Apoio ao concello de Boiro
Ademais, o conselleiro destacou que “a Xunta confía nas posibilidades de desenvolvemento do Concello de Boiro e do seu potencial económico, que pode ser aproveitado por moitos emprendedores”.

Neste sentido, engadiu que a Xunta traballa para incentivar aos emprendedores que apostan pola creación de emprego e apuntou que, nesta lexislatura, a Consellería de Economía e Industria facilitou a mobilización de investimentos empresariais no concello por valor de preto de 25 millóns de euros e a concesión de préstamos a empresarios de Boiro, superiores aos 26,8 millóns de euros.

Podería interesarlle:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: as festas do verán comezan o domingo 26 de xuño e rematan o mércores 6 de xullo. Programa completo

Boiro: as festas do verán comezan o domingo 26 de xuño e rematan o mércores 6 de xullo. Programa completo

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical