Ribeira, 22 de xuño de 2011. Un total de 41 usuari@s do Centro Ocupacional e Centro de Día de AMBAR tiveron unha esgotadora semana no albergue de Gandarío, onde estiveron do 13 ó 17 de xuño acompañados de monitores e voluntarios.
O campamento ten como finalidade potenciar a autonomía persoal dos participantes nun entorno distinto do habitual, favorecendo a inclusión social e o empoderamento das persoas con diversidade funcional e fomentando valores como a solidariedade, cooperación e responsabilidade individual e grupal.
Durante a estadía, organizáronse obradoiros e actividades de ocio, culturais e deportivas. As visitas e actividades que espertaron maior interese entre os participantes foron a visita ó Acuarium da Coruña, o parque acuático de Cerceda, ó centro comercial Marineda City, á vila de Betanzos, e o desprazamento ata unha boleira para xogar ós bolos, así como as festas nocturnas organizadas no albergue de Gandarío e na movida de locais de ocio de Sada.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario