4.3.10

Historia: rescatan nun documental atrocidades do exército español na guerra do Rif (1923-1927)

Boiro: este domingo 7 de marzo preséntase "Memoria de Muller nas aldeas de Boiro" no Centro Social ás sete da tarde


Estaría ben que a presentación fose nas aldeas, e non na vila, pero...


Rescatar imaxes coma esta ten un valor incalculable

A última vez que falamos deste proxecto presentábase a un certame a nivel nacional. Non gañou pero xa só ser nominado supón moito. Vexa

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: novo capítulo sobre a escollera. Resposta Portos de Galicia

E xa só falta que estes nosos políticos creen unha comisión e o asunto quede posposto ou ad aeternam ou sine die (escollan vostedes, sobre todo os de Noia, que teñen escollera)
Todo en http://certo.es/index.php?page=escollera_si_escollera_non

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: balance de Servizos Sociais en 2009. Case 2.000 consultas atendidas

Na comparecencia para ofrecer os resultados estiveron o alcalde, Xosé Deira Triñanes; o Tenente de Alcalde, Juan Jesús Ares; a concelleira de Servizos Sociais, Natalia Laíño, e os técnicos do departamento.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Pedra da Cabra ou Petróglifos de Cubeliños, en Quinteiro, Cespón

Non só hai Pedra da Cabra en Ribeira...
Outra excelente imaxe do patrimonio pétreo barbanzán feita por Lansbricae!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Música: "Song for John", do noiés Sleeping Cat, escollida para "Contempopránea"


http://c2.ac-images.myspacecdn.com/images01/109/m_19f445309b23839073552af90d5...

Vota por este tema ata o 10 de marzo! Só tes que ir a
http://maquetas.canalextremadura.es/maquetas/song-john e picar nas estreliñas.
Quen é Sleeping Cat? O trasunto de Jerry Noia, con quen falamos en Certo doutro dos seus proxectos, SuperSound: http://certo.es/index.php?page=supersound

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Curiosidades: o robot de Bieito XVI está en Boiro

Ou estaba, se non borraron este grafitti!
E a nosa pregunta ten resabios de Philip K. Dick:
Soñan os robots con pastores eléctricos?

Buscamos ao autor deste grafitti: queremos facerlle unha entrevista!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: abren o prazo de inscrición na Copa Sálvora 2010, que se disputará o 15 e 16 de maio en Ribeira

Aberto o prazo de inscrición da Copa Sálvora 2010


Os próximos días 15-16 de Maio celebrarase unha nova edición da Copa Sálvora en Ribeira.

            As instalacións deportivas da Tasca, en Aguiño (Ribeira), acollerán o fin de semana do 15-16 de Maio unha nova edición da Copa Sálvora, unha competición deportiva que se está facendo un oco no conxunto de torneos de fútbol base de Galicia.

           Como novidade destaca a disputa dunha Fase Previa para aqueles clubs que queiran inscribir máis dun equipo por categoría na competición. Un deles pasará directamente á Fase Final mentres que o outro equipo disputará unha Fase Previa a semana antes do torneo.

           As categorías elixidas nesta ocasión son as de Benjamín e Alevín que traerán ata Ribeira máis de 450 rapaces de diferentes puntos da xeografía galega baixo un mesmo lazo de unión:”Fútbol”.Ademais e como preludio ás finais do domingo disputarase un partido de exhibición entre a Escola de Fútbol Sálvora e un combinado invitado para a ocasión.

           Os nenos terán á súa disposición dous campos para xogar os partidos, zona de quecemento, bancos e vestiarios, e ademais recibirán froita e bebida para reporse do esforzo e cargar enerxía. Ao redor de trinta voluntarios velarán polo bo desenvolvemento do campionato.

           A organización da competición correrá a cargo do Sálvora C.F que seguen mantendo os mesmos obxectivos que cando botou a andar a competición fai catro anos: apoiar aos clubs para que os xogadores teñan un foro onde competir e comezar a rodarse como futbolistas, así como fomentar o deporte en idades infantís, o traballo en equipo e os hábitos saudables.

Para máis información consultar a páxina web de evento: www.copasalvora.com

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: "Viñetas descubertas" e "Miña terra galega", mostras de banda deseñada no Centro Social

Na primeira imaxe, cómic do boirense Martín Romero para "Viñetas descubertas", a quen puidemos entrevistar hai tempo, aquí

A segunda páxina de cómic é de Emma Ríos para "Miña terra galega", unha das creadoras galegas de banda deseñada con maior proxección internacional agora mesmo (está a facer cómics para a Marvel, con Head Space como último título para o volume colectivo Girl Comics #1, xa á venda en USA. En abril participará no lanzamento de Irredeemable Special 1, onde debuxa unha das tres historias, con guión de Mark Waid).

Ambas mostras estarán ata o 15 de marzo no Centro Social de Boiro.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Faranji: o que lle debemos a África, no capítulo XIII

Unha excelente serie do noso arqueólogo de cabeceira, Xurxo Ayán, que agora mesmo está en Etiopía traballando:
http://certo.es/index.php?page=lucy_room

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: na rúa Galicia, todos a pé ou no coche de San Fernando

Arte: Nin un só museo de Galicia na "Red Digital de Colecciones de Museos de España"

Será que non temos, ou os que temos non valen para nada?

Fixemos unha busca por "Rianxo" e atopamos no Museo del Traje fotos de carpintería de ribeira. Alguén entende algo?
http://ceres.mcu.es/pages/ResultSearch?txtSimpleSearch=Rianxo&simpleSearch=0&...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical