Javier Ferreirós na charla que deu sobre Bob Dylan no Ateneo Valle Inclán de Ribeira
. Vía Plaza Ribeira, 6 de maio de 2010. Acaba de fallarse o certame A Coruña Son 2010, que xa vai pola terceira edición, e un dos gañadores é o especialista en Bob Dylan da comarca, o ribeirense Javier Ferreirós. Presentou dous temas a este certame, "O que ten o verán" e "Pandora", que poden escoitar a continuación:
Prodúcese a casualidade de que Javier Ferreirós tamén é letrista doutro dos grupos que gañaron, Duplo Son. Unha das presentadas, Casa do Río, ten un comentario do propio Ferreirós que o di todo: "Temaso. Letrasa". Aquí o teñen:
O resto dos grupos gañadores son:
-Avante
-Esdrúxulas
-Batital
-Os John Deeres
-FucoXabier
-Qronopios
-Esquíos
Estes grupos e solistas representan os diferentes estilos que están a desenvolverse hoxe en día no ámbito da canción galega, desde o pop ao Heavy, pasando pola canción de autor.
Cal é o premio de A Coruña Son?
O galardón consiste na asistencia entre o 10 e o 15 de maio a un obradoiro de composición, produción e autoedición impartido por Gastón Rodríguez, Andrés Teijeiro, Bieito Romero, Xabier Díaz, Carmen Rey e Sergio Lago. O obradoiro concluirá o sábado 15 de maio cun gran concerto de todos os grupos gañadores na sala Túnel (nos baixos do Coliseum da Coruña) ás 21:00. A entrada é libre até completar aforo.
As persoas interesadas en asistir como oíntes ao obradoiro poden inscribirse enviando un correo a
acorunason10@gmail.com.
Onde escoitar a todos os grupos gañadores?
Na páxina web do certame, en
http://acorunason.eu Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia