14.7.11

A Pobra: o Museo Valle-Inclán recibe visitas dende Medina del Campo e Alcalá de Henares

A Pobra, 14 de xullo de 2011. En continuidade coa recepción de visitas concertadas no Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal, este xoves día 14 pola mañán, achegáronse ás instalacións museísticas dous grupos de 35 persoas cada un, procedentes da zona de Madrid (Medina del Campo e Alcalá de Henares) que, en dous turnos consecutivos, foron guiados a través distintas salas do edificio pola técnica do museo Begoña Olveira.

Chegados ata a Pobra a través dunha mesma axencia, continuaron o seu paseo para coñecer a vila coa subida ó miradoiro da Curota, desde donde admiraron a plenitude da ría de Arousa.

Pode que tamén lle interese:


I Festival Amigos da Música: este venres 15 de xullo


Nova banda de música: tras máis de 80 anos sen ela


Pintura: a brasileira Di Carvalho expón na Casa Mariñeira


Exposición: "Mulleres no obxectivo", ata o 27 de xullo na casa de cultura


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o venres 22 e o sábado 23 de xullo, "Mételle un gol a Feijóo"

Media_httpfarm3static_fojeo

Noia, 14 de xullo de 2011. Baixo o lema "Mételle un gol a Feijóo", a MNG (membro das xuventudes do BNG) celebra os días 22-23 de xullo na comarca de Muros-Noia unha
actividade a prol da oficialidade dás seleccións galegas.

O venres 22 e o sábado 23, ambos días pola tarde, será o quenda do Fútbol Sala.

Ás 10:00 do sábado 23 celebraráse o torneo de baloncesto 3x3. Ás 12:00 haberá parón para o torneo feminino.

Tamén o sábado, ás 21:45, vaise celebrar a Festa da Patria, na parte dianteira do polideportivo con petiscos, música e bebidas para os participantes.

A entrega de premios -é unha competición- será ás 22:00 horas e nela estarán presentes integrantes dunha delegación nacional de +Galiza e da MNG.

Para inscribirse hai que chamar ao 616538589 ou ao 692969303. Os prezos de inscripción son populares (ou sexa, económicos, non do PP, que todo hai que aclarar nestes tempos).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: as festas de Cabo de Cruz, este venres 15 e sábado 16, na honra da Virxe do Carme

Festas_cabo_da_cruz

Para seguir as actividades, o mellor é consultar a páxina de Facebook destas festas, aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: este domingo 17 de xullo, en Boiro, Volta ao Barbanza de ciclismo

Media_httpfarm5static_jvlxe

Boiro, 14 de xullo de 2011. Este domingo 17 dispútase en Boiro a Volta ao Barbanza (puntuable para a Copa de España del Porvenir, en categoría Sub23). O perfil da proba é o que segue:
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: tivo lugar en Lestrobe un foro sobre o compromiso das empresas co galego

Foro_peinador_en_dodro

  • Anxo Lorenzo foi un dos participantes nos encontros do foro Enrique Peinador
  • A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora con esta entidade na extensión do uso do idioma no ámbito socioeconómico
  • Acordouse establecer o Día da Empresa en Galego e conmemorar os 20 anos do acordo do Consello Galego de Relacións Laborais para favorecer a utilización do idioma

Dodro, 14 de xullo de 2011.- O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou onte no encontro Empresa e Identidade, que busca poñer en valor o compromiso das empresas coa lingua galega. O departamento da Xunta de Galicia colabora co Foro Enrique Peinador nesta iniciativa que se vén realizando periodicamente e na que se dan cita representantes de numerosas empresas que entenden o galego como un valor económico engadido e que están a incorporar o idioma á súa actividade.
Media_httpfarm4static_hivzc

Durante o encontro, que tivo lugar no Pazo de Lestrobe, acordáronse diversas iniciativas para favorecer a extensión do uso do galego no ámbito socioconómico. Por unha banda, está previsto que se estableza o Día da Empresa en Galego, no marco do cal se recoñecerá a excelencia empresarial e a investigación con aplicación na industria. Por outra banda, acordouse conmemorar o aniversario do acordo do Consello Galego de Relacións Laborais que instaba a empresarios e traballadores a utilizar a lingua galega e do que se cumpren agora 20 anos.

Ademais, acordouse cos reitores das tres universidades galegas, que tamén participaron no encontro, poñer en marcha actividades de formación sobre economía, identidade e lingua galega dirixidas a directivos e profesionais das empresas que operan en Galicia. Finalmente, aprobouse a incorporación de novas empresas ao Foro Enrique Peinador que xa amosaran o seu interese en contribuír cos obxectivos desta entidade.

Empresas comprometidas co galego

Os encontros Empresa e Identidade buscan poñer en valor o esforzo e o compromiso co galego das empresas de Galicia. É o caso de Factorías Vulcano, Celtic Estores, Grupo Academia Postal, Ingapán, Travibús, Fegatur, Progando, Grupo Pousadas de Compostela, Tuconsa, Egatel, Grupo Lantero, Itelsis ou Aceites Abril, que, a través dos seus representantes, veñen participando nos encontros Empresa e Identidade do Foro Enrique Peinador. Tamén asistiron ao encontro de hoxe representantes de Grupo R, de Sargadelos e da Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga), entre outros.

O socioeconómico, un sector prioritario

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora co Foro Enrique Peinador para favorecer a progresiva incorporación da lingua galega no ámbito socioeconómico. Esta colaboración lévase a cabo a través do convenio que subscriben actualmente ambas as entidades e que ten como obxectivo prioritario incentivar o uso do galego no sector empresarial. Con este mesmo obxectivo, o departamento que dirixe Anxo Lorenzo vén colaborando con outras entidades representativas neste campo, como son a Confederación de Empresarios de Galicia, a Federación de Autónomos de Galicia, a Asociación Provincial de Empresarios de Restauración e Hospedaxe de Santiago de Compostelala ou a empresa Vegalsa Eroski.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: peche de curso da Aula GAlega de Saxofón co concerto en Santa Uxía

Ribeira, 14 de xullo de 2011. O último encontro do presente curso da Aula Galega de Saxofón aconteceu a pasada fin de semana e incluíu como colofón un concerto celebrado o sábado pola tarde na igrexa parroquial de Santa Uxía. 

Entre o numeroso público que asistiu ao concerto, atopábase a nova  titular da Concellería de Educación, Mª Carmen Vizcaya, quen se mostrou "encantada coa actuación destas xoves promesas da música". 

Por último, o domingo e o luns foron dedicados polos 16 alumnos que integran esta iniciativa, e que procede de distintos centros formativos musicais da comunidade galega,  ás últimas actividades lectivas antes do período vacacional. 

A Aula Galega de Saxofón ten previsto comezar o curso 2011/2012 no mes de outubro cunha renovación parcial do alumnado, xa que dous alumnos acadaron praza para proseguir os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música Amaniel de Madrid e outros tres acadaron praza no Conservatorio Superior das Illas Baleares:  un deles, ademais, alumno do conservatorio ribeirense.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical