14.7.10

Opinión: Bóveda afonda, vala o paradoxo, na superficialidade destes tempos

"Estes libros ornamentais sen nada impreso “contextualizan” o noso presente superficial nesta occidentalidade competitiva, baldeira, de estética non estática, senón frenética, que entra polos ollos e insta ao consumo exacerbado e innecesario. Banalizando nosas conciencias..."
O artigo completo en http://certo.es/index.php?page=atrezzo

Lectura recomendada relativa a este artigo (suxerencia do pedante da redacción de Certo, que non da collido vacacións): "Los bárbaros", de Alessandro Baricco.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: a Volta ao Barbanza de ciclismo percorre Boiro-Boiro, na memoria de Luís Resúa, este sábado 17 de xullo


Con motivo da competición ciclista, a rúa Principal permanecerá pechada de 09.00 a 11.30 e de 14.30 a 15.00 

Boiro, 14 de xullo de 2010. O salón de plenos do Concello de Boiro acolleu onte á tarde a presentación oficial da “XVIII Volta ao Barbanza. 10º Memorial Luís Resúa”, acto que estivo presidido polo Alcalde de Boiro, Xosé Deira Triñanes, e que contou coa presenza da Concelleira de Deportes, Dores Torrado Ares; o presidente do Club Ciclista Barbanza, organizador da proba, Ricardo Riveiro; e o Presidente da Federación Galega de Ciclismo, Sabino Cortizo, ademais de corredores e patrocinadores. 


A Volta ao Barbanza, que se celebrará este sábado, día 17 de xullo, conta coa participación de vinte equipos, seis deles galegos, aproximadamente uns 130 corredores. A proba desenvolverase sobre un trazado de 146 quilómetros e 500 metros, con saída e chegada da rúa Principal de Boiro (fronte á Casa Consistorial), e pasará por Noia, Portosín, Porto do Son, Baroña, Queiruga, Caamaño, Xuño, Mirador da Curota, Oleiros, Ribeira, Palmeira, A Pobra, Escarabote e finalmente rúa Principal de Boiro. 

O Presidente do Club Ciclista Barbanza, Ricardo Riveiro, agradeceu especialmente o esforzo do Concello de Boiro e de tódolos patrocinadores e colaboradores, xa que debido á situación actual o orzamento para efectuar a proba veuse reducido nun 15%. 

Cabe sinalar que, con motivo da competición, a rúa Principal de Boiro permanecerá pechada ao tráfico o sábado de 09.00 a 11.30 horas e de 14.30 a 15.00 horas, polo que os vehículos terán que tomar os desvíos alternativos. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Infraestruturas: aprobado, tras só dúas alegacións, o proxecto do trazado do acceso a Lousame dende a autovía AG-56 (Brión-Noia)

Noia - Lousame, 14 de xullo de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución pola que se aproba o expediente de información pública e o proxecto de trazado da obra do novo vial de conexión da Vía de altas prestacións Brión-Noia coa estrada Santiago-Noia (AC-543), en Sampaio.

Esta actuación viaria consiste en construír a primeira fase do novo acceso a Lousame dende o Corredor Brión-Noia. Este vial proposto arranca na glorieta pertencente ao enlace de Sampaio deste corredor e dende alí ao longo de 550 metros descende en dirección sureste cada a estrada AC-543, cuxo entroque se resolverá cunha glorieta. Durante o período de información pública presentáronse dúas alegacións a este proxecto. Por outra banda, dende a Consellería de Cultura solicitouse que a inclusión dun estudo sobre as afeccións do novo vial sobre o patrimonio cultural, un aspecto que xa se incluíu nas afeccións do novo vial.

En definitiva, acordouse modificar o trazado proposto alonxando a glorieta coa AC-543 a maior distancia da localidade de Boña, para evitar afeccións sobre unha vivenda e no núcleo de Boña. Finalmente, esta glorieta desplazouse un total de 125 metros en dirección a Noia, polo que coa nova ubicación queda a 150 metros da rotonda,fronte aos 35 metros iniciais. Este modificado no proxecto plantexouse ante a necesidade de diminuír a afección sobre o núcleo de Sampaio e as súas terras de labor. Ademais, representa unha mellora na conectividade da zona de Lousame.

O departamento que dirixe Agustín Hernández inviste máis dun millóns de euros e segundo as previsións o inicio destas obras fixase para o cuarto trimestre de 2010.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: confirmados os grupos para o "Rockandorna", que traen dende metal ata música surf

miércoles 14 de julio de 2010

Rockandorna

Xa chega a Festa da Dorna e como todos os anos hai rockandorna, por fin temos todos os grupos confirmados, non é sin tempo!!!


O Xoves 22 de Xullo contaremos coas actuacións de:  Kolapz, Talón de Aquiles, Siberets, Piruflauticos, Krasta, Generazion Perdida, 8 Ferrados+TresU+Mordaz.

O Vernres 23 todos diremos, que ACDC non vai o Xacobeo, é a min que. Na Festa da Dorna

 O sabado 24 pola ruta do grelo chegan á LXII Sinjladura da Festa da Dorna:
nos contaran historias da súa infancia a ritmo de rockanroll.
A continuación a marea dorneira vivirá un maremoto coa chegada de


co seu surf-rock nós farán vibrar e non deixaran a ninguen indiferente.

Referencias videograficas:
Los Coronas-secret agent man
Los Coronas-Maremoto
Los Coronas-Rumbaleros
Los riffraff
kastomä-infancia

O vintecatro de xullo
Chejou a chea a ribeira
Enchendo ruas e prazas
Sube a marea dorneira

Bota o risón compañeiro ....

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Pentafonía" actúa o sábado 17 no auditorio dentro do Festival Via Stellae

Neste concerto estrean a nivel mundial "H2O", do rianxeiro Antón Alcalde

Ribeira, 14 de xullo de 2010. O Auditorio Municipal de Ribeira acolle o sábado 17 de xullo un concerto do quinteto de ventos Pentafonía no marco do Festival Via Stellae, que organiza a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia. O concerto, que comeza ás 22:00, conta coa colaboración do Concello da Ribeira. Este concerto está enmarcado na programación deseñada para a Ruta do Mar de Arousa - Río Ulla (que consta de 13 concertos nas localidades de Cambados, A Illa, Vilagarcía, Vilanova, O Grove, Padrón, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Boiro e Rianxo).


Antón Alcalde, multipremiado compositor rianxeiro

“A través do Atlántico: Arxentina e Galicia” é o título do programa que ofrecerá o quinteto Pentafonía. Abren o programa as Catro estacións porteñas de Astor Piazzolla (unha das obras máis celebres inspiradas nas estacións do ano e sen dúbida moi influidas polo tango ao que dedicou a súa vida musical este compositor arxentino). A continuación, o protagonismo recae en catro compositores galegos: Antón Alcalde, Simón Couceiro, José Javier Ces e, o moi coñecido compositor lucense, Juan Montes (do autor de Negra sombra interpretarase nesta ocasión Balada galega). Durante este concerto terá lugar a estrea mundial de dúas obras: H2O do rianxeiro Antón Alcalde e os Cantos galaicos de Simón Couceiro. 

O quinteto de ventos Pentafonía está  formado por proferoses de distintas bandas profesionais galegas, ten un repertorio moi amplo que abrangue dende o Renacemento ata a música dos compoitores máis actuais e ten unha vocación de difusión da música entre os nenos para os que teñen preparado concertos e espectáculos didácticos. Compoñen o quinteto o frautista David Martinez, o oboista José Manuel Abal, o clarinetista Martín Baleirón, o trompista Samuel Pérez Llobell e o fagotista José Alejandro Valcárcel. 

Como en todos os concertos do Festival Via Stellae nas diferentes localidades dos Camiños de Santiago a entrada é libre ata completar o aforo do local. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o verán cultural aposta pola música como principal activo

Rianxo: o 25 de xullo, XVIII Exaltación da Xouba

Rianxo, 14 de xullo de 2010. O domingo 25 de xullo terá lugar a Exaltación da Xouba, unha festa gastronómica que chega á súa décimo oitava edición. Os lugares para a festa son a praza de Castelao e o Campo de Arriba e a degustación comezará a partires das doce do mediodía.

Antes, para ir animando o día, haberá pasarrúas co grupo de gaitas Río de Anxo. Logo da apertura das cociñas poderase degustar a xouba acompañada con pementos ou cachelos, e tamén en empanada. Non faltarán os mexillóns ao vapor e, para regar todas estas viandas, albariño e mencía.

Ás seis da tarde abrirán de novo as cociñas para esgotar as xoubas que queden. Ás seis e media da tarde, certame de pratos de xouba, cuxa entrega de premios terá lugar unha hora máis tarde. Pechará esta Exaltación da Xouba a actuación do grupo de baile Aleivosía.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical