SENTENZA CONTRA DANIEL ANIDO E RODOLFO IRAGO, COLEXIADO DO CPXG
O Colexio de Xornalistas expresa a súa fonda preocupación pola sentencia contra periodistas da SER e solidarízase cos afectados
[23/12/2009] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) expresa a súa fonda preocupación polos argumentos empregados polo titular do xulgado do penal nº 16 de Madrid para condear ó director da SER, Daniel Anido, e ó director de informativos, Rodolfo Irago, por "revelación de segredos".
Esta Xunta de Goberno chama a atención sobre o feito de que o xuíz sinale na súa sentencia que "la protección constitucional al derecho a la información se refiere a los medios de comunicación social (televisión, radio o prensa escrita), pero debe matizarse, que Internet, no es un medio de comunicación social en sentido estricto, sino universal".Para este colexio profesional, Internet convertiuse nun medio de comunicación máis no que tamén debe prevalecer o dereito dos cidadáns a recibiren información veraz e plural, tal e como establece a Constitución, especialmente ao tratarse, neste caso, da páxina web dun medio de comunicación. O CPXG tampouco atopa explicación a esa diferenciación entre medio de comunicación social e medio de comunicación universal. Aínda que a houbese, descoñecemos por que o segundo non debería estar protexido do mesmo xeito có primeiro.
A Xunta de Goberno do CPXG defende abertamente o dereito dos dous xornalistas a non revelaren as súas fontes. A súa negativa a facelo non implica necesariamente que a información fose obtida por mecanismos ilexítimos. Aínda que así fose, habería que demostralo.
Por último, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia expresa a súa solidariedade cos galegos Daniel Anido e Rodolfo Irago, quen tamén é colexiado do CPXG, e ponse á súa disposición para facer valer os seus dereitos, que son os do conxunto da profesión xornalística.
Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de GaliciaDocumentos
- Comunicado do CPXG en castelán (pdf, 49,55 kb)
Outras novas
[23/12/2009] No período comprendido entre o 28 de decembro ata o 8 de xaneiro, ambos os dous...-->A CE critica que maioría de países, incluído España, non adopten aínda novas normas para servizos audiovisuais [22/12/2009] [22/12/2009] A Comisión Europea reprendeu hoxe á maior parte de Estados membros, entre eles...-->Presentada ante a autoridade laboral o acta de acordo no ERE de GPS [22/12/2009] [22/12/2009] A dirección da empresa GPS presentou hoxe ante a Dirección Xeral de Traballo e Muller...-->Google Books: a favor ou en contra? [15/09/2009] [15/09/2009] A polémica sobre o xigante de Internet chega á UE, cuxa Comisión...-->Xornalistas testemuñas da morte de Couso condenan o arquivo do caso [27/07/2009] [27/07/2009] Vinte e dous xornalistas de varios países, sobre todo españois, que estaban no Hotel...-->
Ante os ataques do executivo á liberdade en Internet no último mes, que agora o faga o poder xudicial a algúns xa non nos colle de sorpresa... Cousas veredes, amigo Sancho.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia