3.7.10

Porto do Son: o club de lectura do instituto organiza contadas para os nenos das escolas sonenses

<p>as palabras máxicas from SonCine on Vimeo.</p>
Outro fermoso traballo de Vinte10, a televisión do instituto de Porto do Son.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

a Pobra: o Psoe denuncia ante a policía local novas verteduras no polígono da Tomada

A Pobra do Caramiñal, 3 de xullo de 2010. A portavoz do Psoe da Pobra denunciou onte ante a policía local novas verteduras procedentes do polígono da Tomada, como se observa na copia da denuncia interposta. A concelleira socialista Teresa García Guillán explica no blog dos socialistas da Pobra que se aprobou "un regulamento municipal de vertidos pero non é máis que papel mollado. É evidente que hai grupos de presión neste pobo que teñen indulxencias, que poden contaminar, que poden prexudicar o medio ambiente e que as consecuencias derivadas das súas accións nin tan sequera teñen sanción económica algunha". 

A socialista lémbralle ao alcalde "que leva mirando para outro lado durante 11 anos, que consinte, tolera e permite todo tipo de vertidos industriais. Que xa vai sendo hora de erradicalos, por conciencia e porque ten as ferramentas na súa man para poder facelo. Xa está ben de compadreo cas empresas, de palabras ocas e de representar ante os medios de comunicación un papel de Alcalde cumpridor que en realidade non cumpre".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o luns 5 inaugúrase en Cabo de Cruz a ruta cicloturística das praias


Boiro, 3 de xullo de 2010. O vindeiro luns, día 5 de xullo, terá lugar no peirao de Cabo de Cruz, ás seis e media da tarde,  a inauguración da ruta cicloturística das praias. Esta ruta é unha das cinco que forman a rede de itinerarios cicloturísticos do Concello de Boiro. O percorrido é circular, con inicio e fin no peirao de Cabo de Cruz, é de 17 km. e ten un tempo estimado de percorrido de unha hora e media. A ruta une as praias de Carragueiros, A Retorta e Mañóns, e ó seu paso circunvala interesantes recursos turísticos. As catro rutas restantes inauguraranse no vindeiro mes de agosto. A rede de itinerarios foi financiada totalmente pola Deputación Provincial.

A ruta comeza e remata no peirao de Cabo de Cruz

Na inauguración estarán o alcalde de Boiro, Xosé Deira; a concelleira de Turismo, Francisca Suárez; o deputado Xan Cabo, da área de Asistencia e cooperación cos concellos; e María Ramos, xerente de Aresta Ingeniería, empresa encargada da execución deste traballo. Os tres últimos farán o percorrido en bicicleta. A eles tamén se unirá a concelleira de Deportes, Dores Torrado. O Concello convida a todos os cidadáns a participar nesta marcha de inauguración da ruta. A marcha está organizada por Ricardo Riveiro, presidente do Club Ciclista Barbanza, e colaboran Coca- Cola e Daniel Ríos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: os socialistas suxiren adelgazar a administración coa supresión de 51 organismos neste mesmo ano 2010

O Viceportavoz do Grupo Socialista no Parlamento, José Manuel Lage Tuñas manifestou esta mañá que "Feijóo segue coa política do disfraz e a publicidade engañosa. O 22 de abril de abril anunciou a desaparición de 48 “chiringuitos” e un aforro de dez millóns de euros, pero a día de hoxe “rien de rien”


Santiago, 3 de xullo de 2010.- O Viceportavoz do Grupo Socialista no parlamento, José manuel Lage Tuñas dou a coñecer esta mañá a proposta rexistrada na cámara autónomica “para racionalizar a administración pública galega” e “proceder ao adelgazamento da administración paralela”.

Os socialistas galegos propoñen que “antes de que finalice o ano 2010 se proceda á disolución das 34 fundacións comarcais” e que o mesmo proceso se siga con outros entes, fundacións ou sociedades dependentes da Xunta recollidos no acordo do 22 de abril do consello da Xunta, entre os que se atopan a Autoestrada Alto de Santo Domingo Ourense S.A (Aceousa); e a Fundación Centro Superior Cinexético e Piscícola, a Fundación Milenio, a Fundación Galicia-Emigración ou a Axencia Humanitaria de Galicia.

O deputado socialista explica a proposta rexistrada e di que “dende o PSdeG tamén buscamos racionalizar a administración galega e por iso propoñemos un órgano máis áxil para a xestión do solo, superando o actual modelo das Xestures provinciais e autonómica, e a creación por fusión dun único organismo máis eficente, con menos gastos de funcionamento e maior axilidade nos seus traballos”.

Esta decisión permitiría extinguir catro vellos organismos da administración paralela e facer “máis eficaz” o traballo na tramitación e xestión de polígonos industriais ou parques de vivenda de promoción pública.” afirma Lage Tuñas. Os socialistas galegos tamén propoñen “integrar no IGAPE as funcións, recursos, persoal e patrimonio do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia, S.A. (BIC Galicia), procedendo a súa disolución.”


“Buscamos con esta proposta impulsar a racionalización da administración pública galega, xa que é necesario mellorar en eficiencia, buscando menores costes e mellor xestión e servizos dende a esfera pública” explica José Manuel Lage.
 
"Feijóo, política de propaganda e nula xestión"
 

O Viceportavoz do Grupo Socialista amósase moi crítico coa falta de iniciativa por parte do goberno galego e afirma que “temos un presidente que considera a Xunta un lugar de paso, porque a súa estación termini está máis alá do Padornelo, e a súa acción política móvese máis no terreo da estética, do anuncio fácil pero cunha ausencia clamorosa de xestión.”

Lage Tuñas considera que “a crise é unha oportunidade para racionalizar a administración pública, facela máis eficaz e prescindir de moitos organismos que non aportan nada á mellor xestión dos intereses públicos". O deputado do PSdeG recordou que “o goberno da Xunta de Galicia anunciou a bombo e platillo fai tres meses un plan para suprimir organismos pero a día de hoxe todo é fume”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cultura: presentación do libro "Antítese nativa", do poeta noiés Manuel Lopes, o venres 9 de xullo

Noia, 3 de xullo de 2010. O próximo venres, 9 de xullo, vai ter lugar a presentación o libro Antítese nativa, do escritor noiés e socio de Terra de Outes, Manuel Lopes Rodrigues. No acto, que terá lugar na casa de cultura do Concello de Outes ás oito e media da tarde, estará acompañado do secretario desta asociación Ramón Blanco e do tamén socio Manolo do Río.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical