8.8.11

Porto do Son: este sábado, 13 de agosto, Festa de Exaltación do Polbo

Ribeira: entregados os premios aos xardíns máis fermosos do municipio

  • O alcalde recibiu no Concello ás Raíñas da Flor esta mañá
Ribeira, 8 de agosto de 2011. – O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, recibiu este mediodía no salón de plenos da Casa Consistorial ás Raíñas da Flor que foron onte coroadas no transcurso das festas de verán para, acto seguido, tomar parte no gran desfile de carrozas que descorreu polas principais rúas da cidade. Así mesmo, o acto serviu tamén para entregar uns obsequios a xardíns de diferentes parroquias que foron considerados merecedores destas distincións pola súa singular beleza e polo especial esmero posto polos seus donos no seu coidado.

No apartado dos mellores xardíns, recibiron sendas placas de pedra conmemorativas os veciños da praza pública de Oleiros da Igrexa (Oleiros) e os veciños da rúa do Barbanza en Santa Uxía.  

Ademais, foron distinguidos os xardíns pertencentes a Josefa Muñiz Castro (Aguiño), Manuel Vilar Vilar (Castiñeiras), Josefa Sampedro García (Carreira), rúa do Medio (Palmeira), Ángeles López Pego (Olveira), Mª Carmen Dios (Artes).

O acto presidido polo alcalde contou tamén coa participación da presidenta das Amas de Casa, Magdalena Bringas, e da concelleira de Medio Ambiente (e responsable da Área de Parques e Xardíns) Elvira Pereira.  

O rexedor tivo palabras de felicitación aos premiados e ás raíñas da flor, así como á Asociación de Amas de Casa e á Comisión de Festas. Ademais, na súa intervención apelou á que o pobo que goberna traballe conxuntamente para recobrar a beleza que tiña este concello hai 60 anos, cando foi declarado municipio máis fermoso de toda España. A este respecto, considerou que iniciativas como a impulsada polas Amas de Casa “recuperan ese espírito de facer as cousas ben” e serven para que as nove parroquias de Ribeira unidas teñan unha identidade propia.

Erros no protocolo do pregón

Por outra parte, o Executivo quixo recoñecer os erros protocolarios acontecidos durante o pregón das festas, ao verse desbordada a organización polas numerosas persoas que, sen estar autorizadas nin contar con invitación, entraron na Casa do Concello durante o desenvolvemento do acto. O Concello tomará as medidas oportunas para que este tipo de sucesos non se volvan repetir en ulteriores acontecementos desta natureza.

Onte, en Certo:


Antes:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Carreira conta cunha delegación comarcal da Sociedade de Ornitoloxía de Compostela

Sociedade_ornitoloxa

Na imaxe, Manuel Somoza é o cuarto comezando pola esquerda e Víctor Reiriz o segundo pola dereita

  • Barbanza ten unha vintena de grandes criadores de aves de diversas especies
  • Canarios e xílgaros, o máis criado

Ribeira, 8 de agosto de 2011. – Esta pasada fin de semana quedou constituída na parroquia de Carreira unha delegación comarcal da Sociedade Compostelá de Ornitoloxía. A sede estará radicada no aviario que ten o ornicultor Manoel Somoza, quen exercerá o cargo de delegado do novo ente. 

Para formalizar oficialmente a creación da delegación acudiu ás instalacións aviarias o concelleiro natural de Carreira Víctor Reiriz Lampón, xa que era requisito imprescindible para o nacemento da mesma que un representante do Goberno Local dese fe do acto. 

Tamén estiveron media ducia de criadores de distintos puntos da comarca, como Boiro ou Rianxo, que quixeron respaldar a Manoel Somoza nesta recén comezada andaina. 

Cabe salientar que a comarca de Barbanza conta cuns 18 grandes criadores de aves de distintas especies, ademais de moitos outros a pequena escala. Polo que respecto a Manoel Somoza, está a criar actualmente medio milleiros de paxaros repartidos en dous aviarios: o mencionado de Carreira, que alberga canarios das especies factor vermello e timbrado español liña descontinua e outro en Boiro no que cría xílgaros, camachuelos siberianos e diamantes de Gould. 

O feito de que haxa unha delegación da sociedade na comarca entrañará diversos beneficios para os criadores asociados da zona, como por exemplo un menor custe nos portes derivados do transporte de aves.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: este mércores 10 de agosto estará exposta a Copa do Mundo de Fútbol

Poderase ver entre as 10:30 e 14:00 horas pola mañá e entre 16:00 e 22:00 horas pola tarde-noite. No salón de plenos do Concello de Noia.

Antes, en Certo:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o domingo 14, presentación do libro "Ángel Baltar Cortés, maestro de cirujanos" no Ateneo Valle-Inclán

Un gran médico cirúrxico pero mal poeta (entre as súas estrofas adicoulle varias a Castelao e á Virxe da Guadalupe). Era de Padrón mais con forte ligazón familiar a Rianxo. Ademais de cirurxián foi inventor de aparatos médicos, como se encarga de explicar o autor do libro que se vai presentar no documento adxunto.

Maestro_cirujanos_ateneo

Baltar Cortés.pdf Download this file

Ngel_baltar_corts

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical