- O alcalde recibiu no Concello ás Raíñas da Flor esta mañá
No apartado dos mellores xardíns, recibiron sendas placas de pedra conmemorativas os veciños da praza pública de Oleiros da Igrexa (Oleiros) e os veciños da rúa do Barbanza en Santa Uxía.
Ademais, foron distinguidos os xardíns pertencentes a Josefa Muñiz Castro (Aguiño), Manuel Vilar Vilar (Castiñeiras), Josefa Sampedro García (Carreira), rúa do Medio (Palmeira), Ángeles López Pego (Olveira), Mª Carmen Dios (Artes).
O acto presidido polo alcalde contou tamén coa participación da presidenta das Amas de Casa, Magdalena Bringas, e da concelleira de Medio Ambiente (e responsable da Área de Parques e Xardíns) Elvira Pereira.
O rexedor tivo palabras de felicitación aos premiados e ás raíñas da flor, así como á Asociación de Amas de Casa e á Comisión de Festas. Ademais, na súa intervención apelou á que o pobo que goberna traballe conxuntamente para recobrar a beleza que tiña este concello hai 60 anos, cando foi declarado municipio máis fermoso de toda España. A este respecto, considerou que iniciativas como a impulsada polas Amas de Casa “recuperan ese espírito de facer as cousas ben” e serven para que as nove parroquias de Ribeira unidas teñan unha identidade propia.
Erros no protocolo do pregón
Por outra parte, o Executivo quixo recoñecer os erros protocolarios acontecidos durante o pregón das festas, ao verse desbordada a organización polas numerosas persoas que, sen estar autorizadas nin contar con invitación, entraron na Casa do Concello durante o desenvolvemento do acto. O Concello tomará as medidas oportunas para que este tipo de sucesos non se volvan repetir en ulteriores acontecementos desta natureza.
Onte, en Certo:
- Festas do verán: imaxes da procesión marítima
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario