18.5.09

Cando medremos, veremos

Se tiveramos os cartos do The New York Times, e tamén o gusto, e a súa historia, e catro informáticos ben pagados, e dez reporteiros gráficos aínda mellor remunerados: non seríamos nós. Así que, polo momento neniños, teremos que soñar con que un día poderemos facer algo así:

Facendo neopetróglifos

Os nosos antergos apañaban unhas pedras ao xeito e, con outras, facían uns debuxiños que hoxendía non damos interpretado. Agora, nós, modernos de merda, cos nosos vehículos, subimos polas rochas e imos deixando pegadas que supoñemos en vindeiros milenios saberán interpretar ben...

O xeito de inspirarse dunha pintora

Coas algas da Ría de Noia... Coas bateas xa se inspirara Xosé Vilaboy na súa curta experimental, que recomendamos ver en Flocos: http://flocos.tv/curta/batea

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical