9.11.12

Ribeira: este luns, 12 de novembro, charla sobre o xeito de facerse escola asociada da Unesco

  • Na sala multimedia do Paseo do Malecón, ás sete da tarde

Ribeira, 9 de novembro de 2012. A Asociación socio-educativa IMER (Instituto de Mediación Educativa de Ribeira), responsable do Servizo de Mediación Educativa de Ribeira, celebrará o vindeiro luns 12 de novembro, ás 19:00 horas, na Sala Multimedia de Ribeira (Paseo do Malecón nº 22), a conferencia “Como ser unha Escola Asociada Unesco” a cargo de Dª Luísa Márquez Rodríguez, coordinadora autonómica e membro da unidade de coordinación estatal da Rede PEA-UNESCO.

O IMER é unha asociación integrada por profesorado mediador que recentemente fundou esta entidade para, entre outros obxectivos, divulgar a cultura da convivencia e da Paz. Con esta fin, o IMER ten previsto celebrar nos próximos meses varios actos abertos ao público co obxectivo de difundir diversas actividades pedagóxicas novidosas que potencien a cultura da paz e das boas prácticas educativas.

Con este primeiro acto "pretendemos dar a coñecer e potenciar na nosa bisbarra as denominadas Escolas Asociadas UNESCO. Creada en 1953, a rede do Plan de Escolas Asociadas da UNESCO -denominadas comunmente Escolas UNESCO- é unha organización mundial constituída por máis de 9.000 institucións educativas espalladas por 180 países. As entidades que as integran, dende centros de ensino infantil e primaria ata secundaria e formación profesional, traballan en pro da cooperación e comprensión internacional, a paz, os dereitos humanos, o diálogo intercultural e o desenvolvemento sostible, así como a posta en práctica da educación de calidade. A Xunta Directiva do IMER teñen o pracer de invitar a todos os docentes, equipos directivos, ANPAS e toda persoa interesada a asistir a este acto", explican os organizadores en nota de prensa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Cartel_ribeira

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical