18.5.10

A Pobra: "sempre falín jallejo", unha pobrense orjullosa do dialecto barbansón

http://eufalo.tv/main/templates/v1/flash/flowplayer.pseudostreaming-3.1.3.swf","queryString":"%3Fstart%3D%24%7Bstart%7D"},"controls":{"url":"http://eufalo.tv/main/templates/v1/flash/flowplayer.controls-3.1.5.swf","backgroundColor":"#14354b","width":"90pct","height":30,"fullscreen":true,"border":"3px solid #14354b","bottom":15,"borderRadius":15,"backgroundGradient":"none","autoHide":"always","volume":false,"mute":false,"sliderColor":"#666666","bufferColor":"#bbd131","progressColor":"#4E7182","buttonColor":"#4E7182","timeColor":"#ffffff","timeBgColor":"#4E7182","buttonOverColor":"#bbd131","tooltips":{"buttons":true,"fullscreen":"Ver a pantalla completa","play":"Reproducir","pause":"Pausa"}}},"play":{"replayLabel":"Ver de novo"},"playlist":[{"url":"http://eufalo.tv/media/capturas/xornalismo.jpg","scaling":"scale","autoPlay":true},{"url":"http://eufalo.tv/media/videos/xornalismo.mp4","provider":"pseudo","scaling":"fit","autoPlay":false}]}" />

Chámase Marta Noal e estuda Ciencias da Comunicación en Santiago. Vídeo de Eufalo.tv que atopamos en Dinamiza Caramiñal

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: os amantes dos polbos non se poden perder este documental

Rodado en parte na Casa dos Peixes da Coruña, vai ser estreado nos museos científicos coruñeses a primeiros de xuño. Haberá que botarlle unha ollada e ver que demo fai ese becho que comemos á feira sen remordementos!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Cinema: dous noieses no agroglamouroso Festival de Cans. Ricardo de Barreiro e Luís Avilés

O venres 21 de maio, no Baixo do Moncho en Cans (O Porriño, Pontevedra, nada que ver co de Porto do Son), Luís Avilés presenta a súa última longametraxe, titulada "Retornos" (no programa da web do festival está trabucado e pon Retratos, pero logo de contrastar información cun dos primeiros guionistas do filme, sabemos seguro que é Retornos, de Vaca Films). Estará dentro da sección "Fillos de Cans", unha especie de escolla de cineastas que se viron influídos dalgún xeito por este festival, que xa vai pola sétima edición.
De que vai "Retornos"? O propio Avilés explicouno nunha das localizacións, en Ponte Nafonso:



Ricardo de Barreiro fará de presentador, unha faceta na que xa se está "encasillando" (tamén estivo non hai moito na Festival de Curtas "Vila de Noia"). Presentará o concurso de videoclips do xoves 20 de maio, no bar Tubulart de O Porriño, ás once e media da noite.
Toda a información en http://festivaldecans.com

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Fotografía: un loitador polos dereitos humanos ou un bufón?

Segundo a facción que fale, Bono é enxalzado como activista polos dereitos humanos e contribuínte a erradicar algunha lacra do mundo (véxase sida ou pobreza) ou como un simple bufón que lle ri as grazas e fai rir aos gobernantes do mundo. Esta foto préstase máis á segunda interpretación...
Flickr da Casa Blanca de USA.

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical