18.5.10

Cinema: dous noieses no agroglamouroso Festival de Cans. Ricardo de Barreiro e Luís Avilés

O venres 21 de maio, no Baixo do Moncho en Cans (O Porriño, Pontevedra, nada que ver co de Porto do Son), Luís Avilés presenta a súa última longametraxe, titulada "Retornos" (no programa da web do festival está trabucado e pon Retratos, pero logo de contrastar información cun dos primeiros guionistas do filme, sabemos seguro que é Retornos, de Vaca Films). Estará dentro da sección "Fillos de Cans", unha especie de escolla de cineastas que se viron influídos dalgún xeito por este festival, que xa vai pola sétima edición.
De que vai "Retornos"? O propio Avilés explicouno nunha das localizacións, en Ponte Nafonso:



Ricardo de Barreiro fará de presentador, unha faceta na que xa se está "encasillando" (tamén estivo non hai moito na Festival de Curtas "Vila de Noia"). Presentará o concurso de videoclips do xoves 20 de maio, no bar Tubulart de O Porriño, ás once e media da noite.
Toda a información en http://festivaldecans.com

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical