7.2.11

Ribeira: convocan nova asemblea para pedir celadores no Hospital da Barbanza


Imaxe da concentración de maio de 2010

Ribeira, 7 de febreiro de 2011. O próximo xoves, día 10 de febreiro, o Comité de Empresa do Hospital da Barbanza invita a todos os traballadores a unha asamblea informativa, para falar sobre os celadores.
O Hospital da Barbanza, logo do lío das fundacións do PP, leva máis de dous anos integrados na rede do Sergas (Servizo Galego de Saúde) e teñen persoal estatutario "pero aquí non chegan os celadores, o resto do personal está a facer dobre función, as súas propias e as que noutros centros fan os celadores", explican dende o comité.

Desta volta o comité consultará aos traballadores do centro para ver se están dispostos a que se lles escoite, que ideas proporían ou farían para chamar a atención e reclamalos. "Como sabedes, o comité e os sindicatos necesitamos do apoio e a forza dos traballores. Unídevos e non faltedes: será o próximo xoves 10 ás 14 horas na aula de docencia do centro", conclúe.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: a limpeza dos petróglifos de Bouza-Abadín continúa o sábado 12 de febreiro e agárdanse novas sorpresas

Dez voluntarios participaron na xornada do sábado pasado, que se viron gratificados coa descuberta de gravuras non inventariadas aínda. Os arqueólogos responsables agardan novas sorpresas conforme se remate totalmente a limpeza desta área de petróglifos. Podes anotarte a limpalos ata o venres 11 de febreiro ás dúas da tarde.

Dodro, 7 de febreiro de 2011. O pasado sábado 5 de febreiro deron comezo os traballos de limpeza e acondicionamento do petróglifo de Bouza Abadín (ubicados en Imo, San Xoán de Laíño). Xa nos días previos, a mancomunidade de montes Cruz do Avelán, propietaria do terreos, procedeu á tala dos piñeiros do entorno do xacemento, baixo o preceptivo control arqueolóxico.

O sábado pasado fíxose, por unha banda, o rozado do monte baixo que se estendía polo afloramento rochoso onde se insiren as gravuras prehistóricas asi como no seu entorno inmediato; e, doutra banda, o da limpeza das propias rochas, coa eliminación do solo orgánico formado sobre elas e a capa de musgo que as cubría, sendo esta parte do traballo executada co máximo respecto ás superficies rochosas co fin de evitar sobre elas calquera abrasión indebida.

Participaron no traballos un total de dez voluntarios e voluntarias, tanto do propio concello de Dodro como tamén de concellos próximos (Rianxo, A Estrada), e de diferentes idades. O equipo, que amosou en todo momento un grande entusismo e interese na actuación, traballou baixo a correspondente dirección e supervisión técnica arqueolóxica.

Os resultados desta primeira actuación foron moi alentadores, segundo informou o Concello de Dodro, "ao saír á luz gravados rupestres que non estaban incluídos no croquis recollido no Inventario Xeral de Xacementos Arqueolóxicos da Xunta de Galicia. Espéranse aínda máis sorpresas a medida que sigan avanzando os traballos de limpeza".

As gravuras que se están a pór ao descuberto son de grande interese histórico-arqueolóxico e vense nelas complexas figuras de círculos concéntricos e coviñas, cérvidos e cruces que son motivos característicos da Idade do Bronce, hai 4000 anos, período prehistórico no que se encadra a orixe deste achado.

A actuación terá continuidade o vindeiro sábado 12 de febreiro, seguindo os mesmos parámetros que na actuación anterior, é dicir, convocarase de novo a voluntarios para a realización dos traballos. Os interesados deberán chamar ao teléfono da Casa da Cultura de Dodro (981 802472) ou presentarse nas oficinas en horario de mañá (Tallós nº 28, 15981, Dodro), para poñerse en contacto coa persoa respondable, Beatriz Pereiras. O prazo final para apuntarse será o venres 11 de febreiro ás 14:00 horas. Continuarase coa limpeza do afloramento rochoso (retirada da terra e do musgo que tapan as rochas) e a retirada da vexetación do entorno inmediato ao afloramento. O horario de traballo será de 10:00 a 18:30, con parada ao mediodía para xantar. As persoas voluntarias deberán presentarse no mesmo lugar do xacemento da Bouza Badín o sábado 12 de febreiro ás 10:00 da mañá.

As persoas que vaian participar neste proxecto deberán vir equipados, na medida do posible, co seguinte material: luvas de traballo, roupa e calzado adecuado de campo, roupa de augas, sachos ou legoñas ou algo similar para cavar e tamén axudan as tesoiras de podar.

Vía

Antes anunciamos:

petróglifo Bouza-Abadín en Imo Dodro
Limpeza de petróglifo: o sábado 5 de febreiro en Imo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: o Psoe acusa a Feijóo de "esquecer e ningunear" o convenio para preservar o litoral galego

A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira afirma que este documento tiña especial relevancia porque tentaba de coordinar e buscar solucións aos problemas inherentes á aplicación da Lei de Costas nas instalacións acuícolas e conserveiras instaladas o pé de costa con concesión a piques de vencer

Marisol Soneira no flickr do PSdeG

Barbanza-Noia, 7 de febreiro de 2011. A portavoz de Pesca do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha interpelación na Cámara Autonómica na que reclama explicacións ao Goberno de Feijóo sobre a deixadez da Xunta entorno ao Convenio asinado entre o MARM e a Consellería do Mar para a xestión integral e sostible do litoral.

A deputada socialista lembra, na iniciativa rexistrada, que o BOE publicou o Convenio de colaboración o pasado 24 de novembro de 2006. Advirte que tiña por convenio establecer un marco estable de coordinación e colaboración entre as dúas administracións, coa finalidade de levar a cabo unha xestión integrada das zonas consteiras galegas, conforme á lexislación en materia de costas, urbanismo, ordenación territorial e do litoral, e da conservación da natureza.

Soneira afirma que este documento tiña especial relevancia porque tentaba de coordinar e buscar solucións aos problemas inherentes á aplicación da Lei de Costas nas instalacións acuícolas e conserveiras instaladas o pé de costa con concesión a piques de vencer.

Ademais subliña que establecía a constitución dunha Comisión Mixta de Seguimento para coordinar os plans de actuación de cada administración, estudar a incidencia de cada actuación no ámbito das respectivas competencias, determinar as accións e proxectos a desenvolver polas partes, coordinar as achegas económicas, etc..

Así as cousas denuncia que a Xunta non tomou ningunha iniciativa para desenvolver este convenio nin tampouco convocou a citada Comisión Mixta.

Por iso quere coñecer, entre outros asuntos, que accións levou a cabo a Consellería para dar cumprimento a este Convenio? En que situación se atopan as distintas concesións situadas no dominio publico maritimo-terrestre? E tamén cantas instalacións acuícolas, conserveiras, ou doutra natureza, están próximas a ver vencida a súa concesión e necesitan, perentoriamente, trasladarse a outro lugar?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lingua galega: "Bocaberta" estará en Pobra do Caramiñal, Porto do Son, Boiro e Muros durante esta fin de semana

"Atrapado na torre" para Porto do Son e A Pobra e "Detrás da canción" en Boiro e Muros

Barbanza-Noia, 7 de febreiro de 2011. O programa de dinamización do uso do galego que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística para os mozos e mozas de 3 a 18 anos, Bocaberta, volta a estas bisbarras na fin de semana. Desta volta recalará na Pobra do Caramiñal, o sábado 12, con  Atrapado na torre, no Teatro Elma; a mesma función en Porto do Son ese mesmo día na casa de cultura; e tamén o sábado 12 estará en Boiro o obradoiro de hip hop e concerto de The Homens que leva o título Detrás da canción.

Xa o domingo, 13 de febreiro, o turno será para Muros, que terá dúas sesións de Detrás da canción, unha no telecentro e outra na casa de cultura.


Que é "Atrapado na Torre"?

Everest e Chrystian Magic suman forzas no proxecto Atrapados na torre, que conta a peripecia deste mago coruñés para chegar a converterse nun auténtico prestidixitador. A través dos trucos e das ilusións, o proxecto pretende vencellar a lingua galega con espazos de diversión abertos á fantasía e, á vez, transmitir valores como os do esforzo, o traballo e a constancia para conseguir os soños de cada un. Recomendado para nenas e nenos de 9 a 12 anos.

Que é "Detrás da canción"?

Un obradoiro para aprender a compoñer pop, aproveitar as novas tecnoloxías para gravar música e compartila co resto do mundo. Integrantes dos grupos galegos Projecto Mourente e The Homens dan a coñecer as claves deste proceso creativo.

Detrás da canción é unha actividade que consiste nun curso de música caseira de pouco menos de dúas horas, con Carlos Valcárcel, Projecto Mourente, e nun concerto acústico do grupo de pop galego The Homens, que desde o ano 2004 editou dous EP e outros tantos LP nos que combina a melodía pop coa furia do punk e os retrousos cantables. As inscricións nos obradoiros poden facerse en www.detrasdacancion.info.Recomendado para mozas e mozos de 12 a 18 anos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o IES Coroso comeza este martes 8 un ciclo de cine en galego con "Trece badaladas"

Suso de Toro, autor da novela na que se basea o filme, estará no coloquio posterior, aberto ao público en xeral

Suso de Toro na Galipedia

Ribeira, 7 de febreiro de 2011. Mañá, martes 8 de febreiro, comeza o ciclo de "Cine en galego" no IES Coroso organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro educativo. A primeira película que se vai proxectar é Trece badaladas, película protagonizada por Luís Tosar e Juan Diego Boto e baseada nunha novela de Suso de Toro. A proxección comeza ás cinco da tarde (17:00 horas) e despois haberá un coloquio no que participará o autor da novela.

Esta actividade está aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, pais e profesores e ao público en xeral.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o alcaldable nacionalista escoitou as inquedanzas de veciños do Araño

O candidato do BNG de Rianxo, Adolfo Muíños, entrevistouse coa directiva da Asociación de Veciños do Araño

Rianxo, 7 de febreiro de 2011. Dentro dos contactos que o candidato nacionalista á Alcaldía de Rianxo está a realizar por todo o concello o venres foi a quenda da xuntanza coa directiva dos veciños do Araño, que tivo lugar na escola de Buía, agora destinada provisionalmente a usos socioculturais da parroquia. Acompañárono membros do grupo municipal do BNG.

Adolfo Muíños amosou a súa confianza en que a Deputación Provincial acometa as obras do novo centro sociocultural na Capela- Araño, para dar servizo aos veciños e veciñas. Un orzamento de 250.000 euros ao 100% financiado pola institución provincial. Destacou tamén que en decembro se resolveron definitivamente os trámites administrativos para trocar as normas subsidiarias rianxeiras que permitirán desenvolver axiña o proxecto.

Agora, manifestou, "tras encamiñarse as obras do recinto, é o momento de comezar a traballar conxuntamente responsábeis municipais e colectivos sociais da parroquia para dar contido a este novo equipamento". Neste senso comprometeu o apoio do BNG para articular unha rede de actividades socioculturais descentralizadas nas parroquias, cun paquete de actividades que reforcen o traballo que desde as asociacións e os centros culturais se realizan, desde espectáculos de pequeno formato: maxia, títeres, teatro, conferencias... até actividades de apoio ao estudo e recreativas. Tamén compre amañar as eivas deste local provisional mentres o outro non está operativo, manifestou Adolfo Muiños ao reparar nas humidades existentes no local de xuntanzas. Fixo súa tamén a demanda dunha pista polideportiva.

Participación veciñal e Orzamentos Participativos

Outro dos puntos principais da xuntanza versou sobre a dotación dun regulamento de participación veciñal que permita escoitar directamente no concello a voz dos veciños, desde os plenos municipais á creación dos consellos veciñais, ambas figuras ausentes da vida pública de Rianxo. "Unha eiva democrática que o BNG resolverá, creando as canles precisas para que as xentes de Rianxo teñan voz directa nos asuntos que lle competen", manifestou Adolfo Muíños. Algo xa previsto nas leis pero que neste concello non se quixo desenvolver.

Para isto, e nisto coincidiu co plantexado coa directiva da asociación, tamén compre mellorar a información que se da dos plenos, das comisións, dos acordos, das ofertas de emprego, das contratacións de obras e demais, "reforzando o papel da web municipal como xanela aberta así como dos bandos informativos para que cheguen a todos os recantos. Sen información aberta, en tempo e veraz, non hai calidade na participación", argumentou Muíños.

Salientou o candidato do BNG que, como elemento importante da participación veciñal "dotaríamonos da figura dos orzamentos participativos, dirixidos a canalizar investimentos directamente surxidos da vontade democrática dos veciños e veciñas expresada nas asembleas parroquiais. Vós escolledes o destino dunha parte dos vosos impostos debatendo sobre prioridades e administrando recursos dispoñíbeis, que mellor democracia que ésta!", expresou. Outro pequeno bloque da xuntanza versou sobre problemas puntuais nas que a a asociación lembrou o cruceiro desmontado para o Rabado, eivas na iluminación e estado das pistas da parroquia, especialmente a do Campelo a Traba e a Taragoña.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Voleibol: los equipos senior del Boiro consiguieron la victoria. Hipescar, primero en 1ª División Nacional Masculina

Crónica de María Cortés Ayaso

Buen fin de semana para nuestros equipos senior, con victoria tanto de nuestras chicas del PROBOIN, que las acerca al primer puesto y las mantiene ahí arriba, y del HIPESCAR, que con su contundente victoria en Valladolid, afianza su 1º puesto de la 1ª División Nacional. Sin embargo, no han corrido la misma suerte nuestros cadetes, que no encontraron la victoria en sus partidos ante el Bertamiráns y el Noia.

1ª DIVISIÓN NACIONAL MASCULINA
UNIVERSIDAD DE VALLADOLID 0-3 HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL (23-25, 22-25, 21-25)
Una contundente victoria ante un rival directo como es el Universidad de Valladolid, que resulta vital para el HIPESCAR, dirigido por Emilio Palacio. Los nuestros llegaban a Valladolid muy concentrados y conocedores de la importancia de este enfrentamiento. El partido empezaba con el HIPESCAR muy concentrado, reflejando directamente esta situación en el marcador en el que siempre estuvieron con 3-4 puntos de ventaja. Las claves de este primer set fueron la continuidad en el cambio y el acierto en el complejo bloqueo-defensa, destacando la aportación en primera línea de Iván Souto "Pas" y Óscar Gómez, que consiguieron un buen puñado de puntos directos de bloqueo. El segundo set empezaba con un HIPESCAR menos intenso y alegre en su juego. Los locales se agarraron a la pista y consiguieron situarse con un 15-10 favorable. Tras un tiempo muerto solicitado por el técnico boirense la imagen cambió. Volvió la habitual fluidez, alegría  ya cierto sobre todo en bloqueo y contraataque. De este modo el HIPESCAR, con un parcial de 1-7, dieron la vuelta al marcador y consiguieron imponerse por 22-25. En el tercer  y definitivo set el HIPESCAR no dio opción a los vallisoletanos. Buena construcción de juego, actitud propia de un equipo con una personalidad muy fuerte y acierto en los momentos importantes llevaron al marcador favorable durante todo el set. 
Por el HIPESCAR BOIRO VOLEIBOL jugaron: Iván Souto "Pas", Narciso Abalo, Cristóbal Álvarez, Manuel Pérez Andrade, Jesús Vázquez "Pivot", Óscar Gómez y Adrián Alves "Chicho" (líbero). Como reservas esperaban su oportunidad Miguel Vázquez, Gustavo Romero, Ignacio Cibeira "Frigu", Antón Pérez y Daniel Eiras. 
Con este triunfo mantienen el liderazgo de la 1ª División Nacional, dejando al Universidad de Valladolid con un triunfo menos.

Equipo
J
G
P
PS
SF
SC
PF
PC
Pts
1
Hipescar Boiro Voleibol
10
8
2
0
28
13
935
838
18
2 Universidad de Valladolid
10
7
3
0
24
18
932
883
17
3Club Vigo Voleibol
9
7
2
0
23
12
794
718
16
4 C.V. Rianxo
10
5
5
0
21
17
861
832
15
5Aule
9
5
4
0
21
17
843
844
14
6 Aldebarán San Sadurniño
10
4
6
0
15
23
818
843
14
7CID Jovellanos
9
3
6
0
15
21
794
801
12
8 Zalaeta
9
3
6
0
12
20
704
737
12
9Auria Vella Voleyourense
10
1
9
0
10
28
723
908
11

2ª DIVISIÓN A GALLEGA MASCULINA
REDESYL BOIRO VOLEIBOL descansa 


Más imágenes y crónica en http://boirovoleibol.blogspot.com

2ª DIVISIÓN AL GALLEGA FEMENINA
AUTOS RICO UDC A  0 - 3  PROBOIN BOIRO VOLEIBOL (23-25, 16-25, 14-25) 
Las chicas del PROBOIN volvieron a la victoria tras el tropiezo de la semana pasada ante el Emeve. Fue un partido dominado desde los comienzos por las de Andrés Martínez, que impusieron su ritmo dificultando los sistemas de las coruñesas en todo momento. Después de las dudas iniciales de las boirenses, que llevaron el primer parcial a un ajustado pero favorable desenlace, las locales bajaron los brazos y sucumbieron ante el orden y efectividad de las de boiro. Un días más el PROBOIN demuestra su saber hacer y su efectividad.
Por el PROBOIN BOIRO VOLEIBOL jugaron: Ángela Triñanes, Luci Paz, María Triñanes, REbeca González, Alicia Novoa, Carolina Cuadros y Carla Castro (líbero). También jugaron Sara Martínez, Anael Gómez y Luisa.
Con este triunfo la clasificación queda de la siguiente manera, manteniendo inctactas nuestras opciones para conseguir ir a la fase de ascenso a 1ª División Nacional:

EQUIPO
PJ
PG PPNP JFJC TFTC PUNTOS1 Voley Arteixo11 92 029 8882 67920 2 Proboin Boiro Voleibol11 92 031 9954 77620 3San Sadurniño 119 20 3011 942769 204 Emeve Lab. Nupel B10 82 025 11815 75718 5Comercial Durán 105 50 1917 798769 156 Calasancias Coruña B10 46 013 22703 78114 7Autos Rico UDC A 113 80 1526 831916 148 XAV Cambados11 38 013 27814 92714 9CD Conxo 113 80 1430 886991 1410 Dompa Gestión10 010 02 30528 78810

LIGA GALLEGA JUVENIL MASCULINA
TRILLIZOS BOIRO VOLEIBOL descansa

LIGA PROVINCIAL JUVENIL FEMENINA
BOIRO VOLEIBOL descansa

LIGA GALLEGA CADETE MASCULINA

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical