30.11.11

Educación: CIG Ensino denuncia a supresión ás agochadas de departamentos de orientación máis de medio cento de colexios

Colexio_brea_segade_de_rianxo

  • Nestas bisbarras, eliminan tres en Boiro, outros tantos en Porto do Son, un en Rianxo, dous en Muros e outro en Outes


Barbanza-Noia, 30 de novembro de 2011. Segundo informa hoxe o sindicato nacionalista CIG-Ensino, a consellería de Educación non recolle 53 vacantes de departamentos de orientación propostas polas Xefaturas territoriais e informadas favorabelmente pola inspección, na convocatoria de concurso de traslados. Así se constata na convocatoria publicada no DOG do 29 de novembro, do “concurso de traslados específico entre persoal funcionario docente do corpo de mestres para cubrir prazas de xefatura do departamento de Orientación nos colexios públicos de educación infantil e primaria e de educación primaria dependentes da Consellería de Educación”.

Na Mesa Sectorial de 24 de outubro, na que se tratou esta orde de convocatoria, a CIG-Ensino xa reclamara que se fixese pública a rede de orientación e que se desen a coñecer todas as vacantes, esixindo que se convocasen todas as prazas existentes e as resultas que se puidesen producir. A Consellaría, con carácter previo á publicación do concurso, non informou nin negociou as vacantes que se convocarían.

Ao día de hoxe, están sen negociar as vacantes nas Xuntas de Persoal, o que é preceptivo na convocatoria do concurso de traslados. Porén, “temos as propostas das Xefaturas territoriais de Educación, propostas elaboradas de acordo cos informes das inspeccións. Nestas propostas figuran 90 vacantes do Departamento de Orientación, mais a Consellaría soamente recolle no anexo das vacantes que se convocan para o concurso, 47 das 90, eliminando 53 prazas necesarias, que están en funcionamento, e onde hoxe realizan as súas funcións os docentes sen destino definitivo. Todas elas son prazas que atenden 12 ou máis unidades educativas”, afirma a CIG-Ensino.

Este feito, entenden, é unha “conculcación do dereito á negociación das vacantes que nos corresponde como organización sindical e é a supresión encuberta de 53 postos de traballo que están en funcionamento desde hai tempo”.

Por este motivo,  a CIG-Ensino esixiu por escrito que a Consellaría de Educación realice unha corrección de erros que inclúa todas as vacantes presentadas nas Xefaturas territoriais, vacantes que son reais e que foron informadas favorabelmente pola inspección.

Relación de vacantes de Orientación propostas polas Delegacións que non figuran no Anexo II (prazas que se cubrirán no concurso de orientación) nin no anexo III (resultas que se poidan producir):

1.      Baiona 36000247 CPI de Cova Terreña

2.      Bueu 36000375 CEIP da Torre--Cela

3.      Estrada (A) 36002773 CEIP do Foxo

4.      Forcarei 36003111 CEIP Nosa Señora das Dores

5.      Ponteareas 36016942 CEIP de Santiago de Oliveira

6.      Ribadumia 36007813 CPI Julia Becerra Malvar

7.      Rosal (O) 36024173 CRA María Zambrano

8.      Salceda de Caselas 36024318 CRA Raiña Aragonta

9.      Salvaterra de Miño 36014738 CEIP de Leirado

10.  Silleda 36009032 CEIP de Bandeira

11.  Vigo 36010733 CEE Saladino Cortizo

12.  Vigo 36010241 CEIP Illas Cíes

13.  Vigo 36010472 CEIP Ría de Vigo

14.  Vigo 36010009 CEIP Virxe do Rocío

15.  Vila de Cruces 36012183 CEIP Nosa Señora da

16.  CEE Infanta Elena Monforte de Lemos 1 D. Orientación

17.  CEIP Pobra de Brollón Pobra de Broll6n l D. Orientación

18.  CEIP de Quiroga Quiroga l D. Orientaci6n

19.  Ames 15026637 CEIP de Barouta

20.  Boiro 15027149 CEIP de Cespón

21.  Boiro 15001367 CEIP Plurilingüe de Abanqueiro

22.  Boiro 15023341 CEIP Santa María do Castro

23.  Camariñas 15002086 CEIP de Ponte do Porto

24.  Camariñas 15002050 CEIP O Areal

25.  Carballo 15024896 CEIP de Nétoma-Razo

26.  Carballo 15027393 CEIP Xesús San Luís Romero

27.  Carballo 15032251 CRA Ponte da Pedra

28.  Carnota 15002761 CEIP de Carnota

29.  Coruña (A) 15005038 CEIP de Prácticas

30.  Coruña (A) 15020568 CEIP Labaca

31.  Coruña (A) 15004745 CEIP Plurilingüe Anxo da Garda

32.  Coruña (A) 15005361 CEIP Rosalía de Castro

33.  Coruña (A) 15021548 CEIP Sal Lence

34.  Coruña (A) 15021792 CEIP Salgado Torres

35.  Coruña (A) 15005701 CEIP San Pedro de Visma

36.  Ferrol 15026960 CEIP de Ponzos

37.  Fisterra 15007242 CEIP Mar de Fóra

38.  Malpica de Bergantiños CEIP Joaquín Rodríguez Otero

39.  Malpica de Bergantiños CEIP Milladoiro

40.  Melide 15023910 CEIP Martagona

41.  Muros 15024951 CEIP de Louro

42.  Muros 15009810 CEIP Ricardo Tobío

43.  Muxía 15024239 CEIP dos Muíños

44.  Narón 15019499 CEIP de Piñeiros

45.  Outes 15012225 CEIP Emilio Navasqüés

46.  Pontes de Garcí Rodríguez CEIP Santa María

47.  Porto do Son 15025062 CEIP de Portosín

48.  Porto do Son 15013977 CEIP Santa Irene

49.  Porto do Son 15025542 CEIP Xuño

50.  Rianxo 15023430 CEP Xosé María Brea Segade

51.  Rois 15014799 CEIP de Pumar-Urdilde

52.  Teo 15026169 CRA de Teo

53.  Vimianzo 15026789 CEIP Baíñas

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical