6.5.11

Noia: Cruz Roja celebra el Día Mundial de Cruz y Media Luna Roja este fin de semana

40242_108248825895839_10000132

La Institución desarrolla proyectos a favor de los colectivos vulnerables, a los que ayuda desde la cercanía y la proximidad y con la colaboración de los más de 4.000 voluntarios de la provincia de A Coruña. En Noia se celebra el I Encuentro Provincial de Socorros y Emergencias con diversas pruebas en las que los equipos participantes demostrarán, entre otros, sus conocimientos de Primeros Auxilios mediante la recreación de situaciones de catástrofe o accidentes   
 
Noia, 6 de maio de 2011. El 8 de mayo es el Día Mundial de la Cruz Roja y de la Media Luna Roja y constituye una conmemoración oficial que recuerda el ideal de solidaridad y ayuda mutua que reúne bajo los dos emblemas a centenares de millones de hombres, mujeres y jóvenes de todo el mundo. La fecha coincide con el día de nacimiento de Jean Henry Dunant, ciudadano suizo que en 1863 fundó el primer Comité Mundial de la Cruz Roja en Ginebra.

Las Asambleas Locales y Comarcales que Cruz Roja tiene en A Coruña celebran el Día Mundial durante estos días y, entre otras acciones, se pondrán carteles conmemorativos en lugares visibles de las sedes y, en algunos casos, también se colocará la bandera de la Institución en un lugar significativo de distintas localidades como pueda ser una plaza principal o un monumento emblemático, por ejemplo. 

Actividades en Noia

En la provincia de A Coruña también se ha organizado un evento conmemorativo, se trata del  I Encuentro Provincial de Socorros y Emergencias que se desarrollará mañana sábado 7 de mayo en Noia. Además de celebrar el Día Mundial de Cruz Roja, el objetivo es fomentar el entrenamiento del voluntariado de este departamento así como la vida asociativa.

Participarán cuatro equipos de voluntarios representando a las Asambleas de Cruz Roja de A Coruña, Betanzos, Boiro y Noia. Las pruebas tendrán lugar el sábado entre las 9:30 y las 14 horas y en algunas de ellas se recrearán situaciones de emergencia con víctimas a las que los participantes tendrán que asistir y ayudar. La competición se desarrollará en un itinerario urbano de Noia que tendrá como puntos estratégicos la Alameda, el Paseo Marítimo, la plaza del Tapal, el Ayuntamiento, la Casa de la Juventud o los institutos y en total habrá 8 pruebas con la siguiente temática: una individual de primeros auxilios, dos pruebas colectivas de primeros auxilios, una de transporte sanitario, una de servicios sociales, una de cooperación internacional, una de medio ambiente y una de formación institucional.

Además de los integrantes de los equipos, habrá otros voluntarios de sus Asambleas así como de las de Santiago, Ferrol y Carballo que desempeñarán diversas funciones: víctimas, jueces, guías de equipos, conductores… En total serán en torno a 150 personas voluntarias las que participen en el I Encuentro y se emplearán un total de 13 vehículos de Cruz Roja entre ambulancias, vehículos de transporte adaptado y de apoyo. Además se dispondrá de un Centro Local de Coordinación desde el que se coordinará toda la movilización de equipos prueba a prueba y se cubrirá cualquier incidencia.

Media_httpfarm3static_dcwfd

Una vez terminada la fase de pruebas, habrá un acto de clausura con entrega de diplomas en el salón de actos del IES Virxe do Mar que presidirá José Manuel García Pérez, presidente provincial de Cruz Roja A Coruña, que estará acompañado por la coordinadora provincial, Anabel Vidal de Azpiazu, el secretario provincial, Marcos Gómez Paz, y el presidente comarcal de Cruz Roja Noia, Emilio Ínsua Pazos. Para la organización de este Encuentro, Cruz Roja ha contado con la colaboración del Ayuntamiento de Noia, la Estación de Vigilancia Área - EVA 10 del Ejército del Aire así como con el apoyo de diversas empresas locales.

“Aquí vive un voluntario”
Media_httpfarm6static_cgfhl


Por otra parte y vinculando la conmemoración del Día Mundial de Cruz Roja con la celebración del Año Europeo del Voluntariado, se ha elaborado una serie de carteles con versiones en femenino y masculino así como en castellano y gallego para que los voluntarios y las voluntarias de Cruz Roja los coloquen en sus casas, en sus coches o en sus trabajos. Algunas de las frases que podrán leerse en los citados carteles son: “Yo soy voluntario” o “ Aquí vive un voluntario”. Actualmente hay más de 16.000 voluntarios repartidos en las cuatro provincias gallegas: 4.189 en A Coruña, 3.941 en Lugo, 3.923 en Ourense y 4.933 en Pontevedra.

El lema de Cruz Roja Española es “Cada vez más cerca de las personas”, mensaje que refuerza la idea de la proximidad de Cruz Roja hacia las personas más vulnerables y la cercanía a sus necesidades. Cruz Roja ayuda a estas personas desde la proximidad y la cercanía, gracias a la labor de los más de 100 millones de voluntarios con los que la Institución cuenta en 186 países.

Cruz Roja desarrolla su trabajo en favor de colectivos vulnerables o en riesgo de exclusión como personas inmigrantes, personas sin hogar, personas con discapacidad, personas mayores, mujeres, niños… Algunas de las áreas en las que se enmarcan sus acciones en la provincia de A Coruña son Intervención social, Empleo, Formación, Cooperación internacional, Socorros y Emergencias, Salud y Medio ambiente.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: presentan "O Patrimonio etnográfico e arqueolóxico do Barbanza e de Porto do Son"

Ribeira: alumnos do obradoiro de emprego Airoas aprendéronlle a escolares do colexio de Aguiño a plantar árbores


Ribeira, 6 de maio de 2011. O obradoiro de emprego de Ribeira, Airoas, realizou unha actividade de colaboración co colexio público de Aguiño este xoves 5 de maio .Nela participaron tres grupos de nenos de Educación Primaria de diferentes idades (6, 9 e  10 anos) e o mestre cos alumnos-traballadores da especialidade de xardinería.

Os escolares puideron aprender a plantar varias especies de árbores (cinco liquidambars, sete camelias e un piñeiro piñoneiro, e tamén viron o semilleiro, onde os alumnos de Aguiño gozaron misturando substrato e sementeira.
 
Ademais disto, o obradoiro de emprego Airoas tamén colabora co Ceip de Aguiño noutras actividades como o desbroce e limpeza dos vexetais do recinto e o axardinamento dunha parte dos seus terreos e a montaxe do regadío da mesma.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o instituto da Cachada celebra a Semana das Letras Galegas do 9 ao 13 de maio

Media_httpfarm6static_abqyc

Boiro, 6 de maio de 2011. O Día das Letras Galegas do IES A Cachada leva aparellada unha semana de actos. Dende o luns 9 de maio ata o venres día 13, haberá no IES da Cachada unha exposición de xoguetes tradicionais elaborados moitos deles polos propios alumnos deste centro. O día 10 de maio, martes, durante a mañá, haberá na Casa da Cultura de Boiro diversos actos que terán como protagonistas aos alumnos do IES A Cachada, e como fío conductor a figura de Lois Pereiro.
Asi mesmo, ás 20:00 horas está prevista unha representación teatral aberta ao público.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sanidade: non haberá polo momento celadores no Hospital da Barbanza

Así o recoñeceu a xerente do Sergas nunha resposta ao Bng. O candidato polo PP á alcaldía de Ribeira queda deste xeito cunha promesa desactivada xa ao inicio de campaña

Ribeira, 6 de maio de 2011. A portavoz de sanidade do BNG, Ana Luísa Bouza constatou, trala intervención da xerente do SERGAS, Rocio Mosquera, e a través dunha pregunta formulada pola nacionalista que, a Consellaría de Sanidade “non cumprirá cos compromisos acadados no Parlamento galego” porque a aprobación “por unanimidade” da resolución  do BNG para a creación da figura de celadores nos hospitais comarcais respondeu a “un acto electoralista” do candidato do Partido popular á alcaldía de Ribeira e daquela, portavoz do PP no Parlamento, Manuel Ruíz Rivas.

A xerente do SERGAS, que estendeu a negativa de incorporar esta  categoría aos hospitais de Cee e  Salnés,  foi duramente criticada pola nacionalista que asegurou estar ante unha nova mostra de utilización das institucións para “intereses  partidarios do Partido Popular”.

Na  Comisión de Sanidade, celebrada onte no Parlamento galego, onde se debateu unha pregunta da deputada do BNG, Ana Luísa Bouza sobre as previsións do Goberno para dar cumprimento á resolución aprobada para  a creación da categoría de celador nos Hospitais do Barbanza, Salnés e Cee, afirmou que “o Bipartito fixo o esforzo para integrar os hospitais comarcais no SERGAS”, á diferenza do Partido popular ao que -dixo- gustaríalle seguir manténdoas como fundacións con traballadores en  precarias condicións laborais.

Trala resposta da  xerente do SERGAS, Bouza asegurou que os Hospitais comarcais teñen dereito a reclamar as mesmas funcións que o resto dos centros hospitalarios do SERGAS  e agora, vostede confirmamos  -dixo- que non se vai crear a figura de celador do Hospital do Barbanza a pesar de ser aprobada esta  medida no Parlamento galego.

A portavoz de sanidade do BNG afirmou que “é unha tomadura de pelo á cidadanía” aprobar unha resolución que, ademais da creación das prazas de celadores  incluía retomar a unidade de saúde mental e un programa específico de loita  contra  as  listas de espera no Hospital do Barbanza para logo -dixo- “non cumprir con este compromiso”, actuación que cualificou de  “deterioro democrático” que o PP quere introducir no Parlamento galego.

Bouza concluíu a súa intervención asegurando que debe ser o goberno o que  explique á cidadanía as verdadeiras razóns polas que impide a creación da figura de celadores nos hospitais do Barbanza, Salnés e Cee contradicindo unha votación “por unanimidade” no Parlamento galego en sentido contrario.

Relacionadas:

Hospital: ampla mobilización contra a privatización da diálise


Hospital: piden celadores e mándanlles policías

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: as Xeiras 2011 do CAB viaxan a Castela-León o 22, 23 e 24 de xullo

Poster informativo Xeiras 2011.pdf Download this file

O prazo para inscribirse remata o 31 deste mes de maio. Hai 55 prazas.

Boiro, 6 de maio de 2011. O Centro Arqueolóxico do Barbanza e a Asociación de Amigos do mesmo, xunto coa colaboración da Deputación da Coruña está programando unha nova edición do programa cultural Xeiras, que nesta ocasión vai ter como destino Castela e León. O programa desenvolverase durante a fin de semana do 22 ao 24 de xullo e durante o mesmo haberá visitas ao recentemente inaugurado Museo das Vilas Romanas e ao xacemento arqueolóxico da vila romana de Almenara-Puras (Valladolid), que constitúe un dos centros de interese turístico máis relevantes de Castela e León no que se refire a complexos museísticos e revalorización do patrimonio arqueolóxico. e

Durante a visita ás instalacións, ademais do centro de exposicións, poderanse visitar as ruínas da vila romana –luxosa casa señorial do século IV e V d.C.-, e haberá o denominado living history, que consistirá nunha recreación dunha luxosa residencia romana que conta con varios espazos tematizados coa ambientación propia da época tardorromana, unha especie de parque temático para culturetas.  

O programa cultural inclúe a visita guiada ao Museo Oriental dos Pais Agostiños, que consta con 18 salas de arte chino, filipino e xaponés, que constitúe a mellor colección de arte oriental existente en España.


Castelo da Mota, moi perto do de Peñafiel, que visitarán nas Xeiras

Asemade, visitarase en pleno corazón da denominación Ribera del Duero, o Castelo de Peñafiel e o Museo do Viño. O castelo de Peñafiel, ademais de ser actualmente  é un dos destinos enolóxicos por excelencia de Castela e León, representa un dos bastións do val do Douro durante a Reconquista, caracterizado entre outras cuestións, pola súa singular arquitectura e por ser un referente na revalorización dunha edificación histórica. Este interesante proxecto foi promovido pola Deputación de Valladolid co fin de dar a coñecer a riqueza enolóxica da provincia, que aglutina ao maior número de denominacións de orixe de España; actualmente cinco, ao incorporarse a D.O. de Tierras de León, que ven a sumarse as xa existentes: Ribera del Duero, Cigales, Toro y Rueda, que é a denominación máis antiga de Castela e León.  

O aloxamento vaise a realizar no casco antigo de Valladolid. Hai 55 prazas. O prazo de inscrición remata o 31 de maio. Pódese solicitar máis información no Centro Arqueolóxico a través dos tfnos: 981843810 ou 647922210, ou ben a través do mail: info@centroarqueoloxicodobarbanza.org.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o municipio convertirase de novo en plató de cinema para "Sinbad", con música dos ribeirenses Javi Maneiro e Casa de Tolos

Media_httpwwwculturag_bxtsa

Ficha da película no portal do Consello da Cultura

Ribeira, 6 de maio de 2011. Corrubedo, Palmeira e distintas zonas de Santiago serán os sets nos que Antón Dobao, director e guionista, recreará "Sinbad", historia baseada na novela de Cunqueiro, “Se o vello Sinbad volvese ás Illas”. Localizacións como Corrubedo e Palmeira e varias zonas e edificios emblemáticos de Santiago de Compostela, son as localizacións fixadas por FICCIÓN PRODUCCIONES para a rodaxe doutra das entregas da serie UN MUNDO DE HISTORIAS –para a TVG, coprodutora da serie-, creada por Antón Dobao, quen dirixe e guioniza estoutra película de Tv, “SINBAD”. O autor baseou a historia na novela de Álvaro Cunqueiro, “Se o vello Sinbad volvese ás Illas”.

Media_httpfarm4static_znhii

A rodaxe dará comezo o vindeiro 9 de maio, e rematará o día 4 de xuño. Serán catro semanas de intenso traballo para o equipo técnico e artístico que integran o elenco implicado na rodaxe e demais procesos habituais, ata chegar ó produto final: a película rematada. As tres primeiras semanas, todo o equipo de Ficción Producciones traballarán en Corrubedo, nas praias deste concello, e Palmeira; no Faro de Corrubedo, no Porto, en distintos lugares do pobo, onde se emprazarán as casas de Sinbad, de Alba, de Vanesa, Aldán, a Taberna de Mansur... e distintas personaxes da película. A derradeira semana de rodaxe será en Santiago, tanto no Seminario Menor como a Residencia de Anciáns, Chaián, O Milladoiro e outras localizacións.

De que vai “Sinbad”

Media_httpfarm5static_tsiqc

Sinbad é, máis que ningunha outra cousa, un extraordinario fabulador, un home que fai participar aos seus interlocutores das experiencias da súas viaxes pasadas, fosen no mundo real, fosen no universo da imaxinación e da fantasía. Comparte os seus coñecementos fantásticos cos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna propiedade de Mansur, un home viúvo que ten ao seu cargo a Sara, a súa filla, de entre dez e trece anos. Sinbad mantén con Sara unha relación moi estreita e afectuosa. Gústalle conversar coa pequena e contarlle historias fantásticas. Acompáñaa ás veces á escola, apréndelle cousas do mar e das estrelas, comparte con ela os seus mapas, etc. Sara é o mellor receptor de todas as historias que narra Sinbad. Cultiva con el unha imaxinación portentosa. Constantemente mostra unha curiosidade e unha perspicacia moi agudas.

Quen compón o equipo técnico

Media_httpfarm6static_lgcns

Marcos Nine foi entrevistado en Certo non hai moito

Antón Dobao é o director do proxecto, así como o guionista; o argumento foi desenvolvido por Marcos Nine e o propio Antón Dobao; a Música, é de Javier Maneiro e Casa de Tolos; Toni Veiga está á fronte da direción de Produción; os produtores executivos son Julio Casal e Mamen Quintas. A dirección de fotografía corre a cargo de Suso Bello; o xefe de son é David Machado; a dirección artística dependerá de Curru Garabal; Eva Camino –recentemente galardoada nos Premios Mestre Mateo 2010 polo Mellor Deseño de Vestiario- será a figurinista. Carol Varela e Iris Bautís serán respectivamente as xefas de Maquillaxe e Perruquería. O xefe dos eléctricos é Roberto Quinteiro. A supervisión dos efectos especiais, dependerá de Iván Mena; o deseño e concepto de integración –e autor do cartaz da película- é David Rubín, e a Montaxe correrá da man de Clara Nieto.

Quenes serán os actores e actrices

Os papeis protagonistas serán realizados por Xosé Olveira ‘Pico’ –Sinbad-, Sara Casasnovas –Vanesa- e Mariña Sampedro –Sara-. Os actores e actrices secundarios serán Luís Castro Zahera, Laura Ponte, Manolo Cortés, César Cambeiro, Antonio Durán ‘Morris’, Mariana Carballal, Camila Bossa e María Tasende.
E hai tamén colaboracións especiais, que son as de Miquel Ínsua e Mela Casal.
Os actores e actrices de reparto son Monti Castiñeiras, Sheila Fariña, Manolo Lourenzo, Tamara Canosa, Xoel Fernández, Miguel Varela, Xúlio Abonjo, Manuel Lozano, Evaristo Calvo e Paulo Rodríguez.
 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical