O prazo para inscribirse remata o 31 deste mes de maio. Hai 55 prazas.
Boiro, 6 de maio de 2011. O Centro Arqueolóxico do Barbanza e a Asociación de Amigos do mesmo, xunto coa colaboración da Deputación da Coruña está programando unha nova edición do programa cultural Xeiras, que nesta ocasión vai ter como destino Castela e León. O programa desenvolverase durante a fin de semana do 22 ao 24 de xullo e durante o mesmo haberá visitas ao recentemente inaugurado Museo das Vilas Romanas e ao xacemento arqueolóxico da vila romana de Almenara-Puras (Valladolid), que constitúe un dos centros de interese turístico máis relevantes de Castela e León no que se refire a complexos museísticos e revalorización do patrimonio arqueolóxico. e
Durante a visita ás instalacións, ademais do centro de exposicións, poderanse visitar as ruínas da vila romana –luxosa casa señorial do século IV e V d.C.-, e haberá o denominado living history, que consistirá nunha recreación dunha luxosa residencia romana que conta con varios espazos tematizados coa ambientación propia da época tardorromana, unha especie de parque temático para culturetas.
O programa cultural inclúe a visita guiada ao Museo Oriental dos Pais Agostiños, que consta con 18 salas de arte chino, filipino e xaponés, que constitúe a mellor colección de arte oriental existente en España.
Castelo da Mota, moi perto do de Peñafiel, que visitarán nas Xeiras
Asemade, visitarase en pleno corazón da denominación Ribera del Duero, o Castelo de Peñafiel e o Museo do Viño. O castelo de Peñafiel, ademais de ser actualmente é un dos destinos enolóxicos por excelencia de Castela e León, representa un dos bastións do val do Douro durante a Reconquista, caracterizado entre outras cuestións, pola súa singular arquitectura e por ser un referente na revalorización dunha edificación histórica. Este interesante proxecto foi promovido pola Deputación de Valladolid co fin de dar a coñecer a riqueza enolóxica da provincia, que aglutina ao maior número de denominacións de orixe de España; actualmente cinco, ao incorporarse a D.O. de Tierras de León, que ven a sumarse as xa existentes: Ribera del Duero, Cigales, Toro y Rueda, que é a denominación máis antiga de Castela e León.
O aloxamento vaise a realizar no casco antigo de Valladolid. Hai 55 prazas. O prazo de inscrición remata o 31 de maio. Pódese solicitar máis información no Centro Arqueolóxico a través dos tfnos: 981843810 ou 647922210, ou ben a través do mail: info@centroarqueoloxicodobarbanza.org.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario