15.1.11

A Pobra do Caramiñal: reelexida Teresa García Guillán como alcaldable polo Psoe para as eleccións do 22 de maio

A Pobra do Caramiñal, 15 de xaneiro de 2011. O Psoe pobrense reuniuse hoxe en asemblea para aprobar a candidatura que van presentar ás vindeiras eleccións municipais de maio. Cun 93,8 % saíu apoiada a candidatura encabezada por María Teresa García Guillán. As seguintes persoas na lista son, por orde:
Borja Paz Santos
Berta Davila Vilasó
Martín Giménez Calviño
Jose Antonio Ouviña Millán
Jesús M Huerta Sánchez
Marcos Santos
Maria Antonia Paz Iglesias
Encarna Pose Paz
Vanesa Martínez Noal
Alicia Quintáns Lago
Xesús Laiño.

Protesta pola páxina web municipal

Os socialistas xa protestaron hoxe no seu Facebook pola nova web municipal, presentada onte oficialmente. O grupo socialista faise a seguinte pregunta:
"¿¿Unha páxina web para respostar aso grupos da oposición??". E deixa caer de seguido a resposta: "Que falta de DECENCIA aproveitar unha web institucional para facer ¡¡POLÍTICA PARTIDISTA!! (PP)".

Relacionada:


Internet: O Concello da Pobra do Caramiñal estrea web oficial e o alcalde, blog

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: Pachi Vázquez apoiou ao candidato do Psoe á alcaldía, Julio Paradela Busto, na presentación para o 22M

Lousame, 15 de xaneiro de 2011. Pachi Vázquez estivo hoxe nun coñecido restaurante de Lousame apoiando a candidatura de Julio Paradela Busto para as vindeiras eleccións municipais de maio. O secretario xeral dos socialistas lousamianos postulouse como candidato a encabezala lista das municipais 2011, "unha boa alternativa para o cambio de progreso de Lousame", sinalaron fontes socialistas.
Na presentación estivo, xunto co máximo dirixente dos socialistas de Galicia, o presidente da Deputación da Coruña, Salvador Fernández Moreda, e outros altos cargos do PSdeG.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: as vindeira andainas do ciclo "Ponte a Andar" son os domingos 23 de xaneiro, 20 de febreiro e 20 de marzo

Ribeira, 15 de xaneiro de 2011. As novas andainas do ciclo "Ponte a Andar 2011" xa teñen data: 23 de xaneiro, 20 de febreiro e 20 de marzo. Na web da Cofradía da Dorna (www.cofradiadadorna.com) está toda a información relativa a cada unha delas colocada dentro da sección PONTE A ANDAR (tamén hai un vínculo na páxina principal, premendo sobre o cartel das andainas)

Como xa se fixera en anteriores rutas non é preciso inscribirse, pero si aparecer con tempo abondo no punto de partida (10 minutos antes) xa que se tratará de respectar os horarios ó máximo para non dilatar a actividade. O traslado ata a saída facerase individualmente, cada un no seu coche (por eso se especifica o punto de partida). Recoméndase roupa e calzado cómodo e apto para camiñar polo monte, e tamén un bidonciño con auga. En todo momento se acompañará aos participantes: para iso están os monitores da Cofradía.


Novidades: prohibidas as mascotas e calificación das rutas

Coma sempre resaltar algunhas cousiñas:
- Fíxase un ritmo de camiñata de entre 4 e 5 quilómetros por hora.
- Nenos: sempre acompañados dun adulto responsable deles, e que lles quede claro que os monitores tamén "mandan". E por suposto que sexan capaces de aguantar o ritmo da andaina (a partir dos 7-8 anos non adoitan ter moito problema para acadalo).
- Animais de compañía: non se permitirán. E isto é innegociable: xa se avisou en ocasións anteriores que non se permitían cans e agora van ser inflexibles coa norma.
- CALIFICACIÓN DAS RUTAS: esta é unha novidade importante, xa que a diferencia que ata agora neste ciclo téñenas clasificadas en "dificultade baixa, media, ou alta" tendo sempre en conta as características das realizadas ata agora.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: cincuenta novas prazas de atraque nos dous pantaláns que instalará Portos de Galicia na dársena exterior

A Xunta non concreta datas aínda

Porto do Son, 15 de xaneiro de 2011. O ente público Portos de Galicia está a traballar no deseño dun novo proxecto de ampliación das instalacións portuarias de Porto do Son. A proposta contempla a creación de dous novos pantaláns que permitirán habilitar outras cincuenta prazas de embarque mixtas

A metade das prazas crearanse nun novo pantalán pesqueiro, correspondente á terceira lista, e estarán destinadas aos profesionais do sector, mentres que o resto corresponderán á sétima lista, habilitándose nun pantalán náutico recreativo. Ambos estarán instalados na dársena exterior do porto.

Esta actuación implementará a seguridade do espazo portuario sonense tanto para a frota alí albergada como de cara ao traballo ordinario que esta realiza. A súa tramitación está previsto que dea comezo nos vindeiros meses.

A creación deste medio centenar de novas prazas de embarque atende á petición trasladada ao respecto dende a confraría sonense, que demandaba a intervención de Portos de Galicia neste sentido, e á petición, tamén, da directiva do Clube Náutico de Porto do Son. O presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana reseña en especial o traballo realizado para a consecución desta obra polo presidente do Clube Náutico sonense, Manuel Queiruga, “que amosou unha grande visión, esforzo e cariño con esta entidade deportiva”, asegura a Xunta en nota de prensa.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: os veciños de Bexo, anoxados porque os camiños seguen sen arranxar, protestan con pancartas

Dodro, 15 de xaneiro de 2011. Despois de moito tempo esperando a que a Xunta cumpla o comprometido no Plan Estratéxico de Medio Rural do ano 2009, e que anunciou a través de cartel en febreiro do ano 2010, os camiños continúan a  deteriorarse e a xente de Bexo inicia as accións de protesta. Non se explican porque non se fai esta obra nin onde van parar estes cartos comprometidos con parte dos Fondos Europeos.

Hoxe, 15 de xaneiro, a aldea de Bexo, no día do seu patrono San Amaro, apareceu con pancartas reivindicativas, que os veciños anuncian como a primeira acción de protesta "pero dispostos a seguir se fora preciso e San Amaro non os axuda a interceder ante os responsables da Xunta". Denuncian tamén que o Partido Popular local "é cómplice desta situación".

Antes publicamos:


Bexo, 26 novembro 2010: reclaman de novo que se arranxen os camiños


Bexo: levan ao Parlamento o amaño dos camiños


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical